Skip to Content

CONCURSO CONCELLO


Familias e alumnos/as do CEIP Campomaior:

Reenviámosvos por esta vía a información referente ao concurso de escritura que o Concello de Ordes realiza nestes días. Nesta imaxe veredes a información necesaria para a participación, que tamén podedes consultar no Facebook da Mancomunidade de Ordes.

 

Tamén vos informamos desta iniciativa da Rede de Bibliotecas de Galicia, chamada A HORA DO CONTO. Trátase da publicación dun conto diariamente ás 17 horas por cada unha das bibliotecas participantes. No mesmo Facebook de o Concello de Ordes, tedes máis información. Polo momento podedes ver en Youtube "A toupiña que quería saber quén lle fixera aquilo na cabeza", e "Por cuatro esquinitas de nada". Pero estade atentos, que haberá máis !

Saúdos, e seguide coidándovos



page | by Dr. Radut