RETO DA SEMANA - TRABALINGUAS

Que vos parece enfrontarvos a un reto semanal distinto das tarefas "escolares" habituais?. Esta semana propoñémosvos que poñades a traballar a lingua e tratedes de recitar o trabalinguas que aparece a continuación, o máis rápido posible. No audio que aparece como ficheiro adxunto tedes  unha mostra que seguro que vós ides mellorar moito!

Podedes practicar antes e, cando xa esteades listos, facedes unha gravación co móbil (e coa axuda dun adulto) e enviádela por mail. Iremos colgándoas aqui para que as poidades escoitar todas. Os adultos tamén podedes participar. E os máis pequeniños podedes ler ou ser axudados por un adulto.

É importante que a gravación que fagades sexa en mp3. Se o móbil co que o facedes non ten este formato, podedes descargar unha app gratuita de gravación de mp3. E non esquezades respirar de vez en cando!

                                        TRABALINGUAS

Teño unha capa tallada, golada, borlada, repicatallada.

Quen ma tallou, golou, borlou e repicatallou

non ma soubo tallar, golar, borlar e repicatallar.

Vou chamar o tallador, golador, borlador e repicatallador

 

que ma veña tallar, golar, borlar e repicatallar mellor.

AnexoTamaño
Trabalinguas.mp3234.82 KB
Trabalinguas Alba.mp3195.17 KB
Trabalinguas Luis.mp3213.55 KB
Trabalinguas Merce.mp3308.77 KB
Trabalinguas DANI.mp3266.25 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer