DEBUXO A MIÑA MELLOR CARA
Seguindo e combinando os patróns da imaxe crea novas caras. Imos poñer exemplos das "nosas mellores caras" ante esta "situación" que estamos a vivir. Podedes empregar outros modelos e calquera dos materiais e recursos dos que dispoñades na casa. Unha vez creada a imaxe, enviádela ao correo evaotag@gmail.com, antes do mércores 25 de marzo.
Cando as teñamos todas, faremos un vídeo que colgaremos na web do centro. Deste xeito, tod@s poderedes ver a vosa "cara" e a "cara" dos vosos compañeir@s. Que vos parece?
A continuación tedes unha imaxe dunha guía de patróns e un exemplo do que podedes facer. Seguro que vós o facedes mellor.
Ademais, animámosvos a que elaboredes un "cartel" mostrando unha mensaxe positiva, alentándonos e alentando aos demais, a superar este tempo da mellor maneira posible. Enviades a foto por mail, igual que na actividade anterior, para asi poder expoñelas todas na web.
Un saúdo e ánimo.
Anexo | Tamaño |
---|---|
PLASTICA CARAS.jpg | 182.6 KB |
A MIÑA MELLOR CARA.jpg | 1.36 MB |
CARTEL.jpg | 568.29 KB |