Blogue de admin

SAÍDA A CORUÑA

O Luns día 13 de Marzo realizaremos unha saída á cidade da Coruña. Nunha xornada moi intensa teremos a oportunidade de visitar a Casa das Ciencias, o Planetario, o Domus e o acuario Finisterrae. Moi pronto estarán dispoñibles as imaxes deste emocionante día. 

SAÍDA A VEGADEO

Os nosos alumn@s disfrutaron dunha agradable xornada en Vegadeo, onde visitamos o CFC (Centro de Consumo Responsable)para realizar dous obradoiros moi interesantes e formativos: Sobre a elaboración de Magdalenas no caso de Educación Infantil e sobre o sector textil no caso de Educación Primaria. Para poder ver as imaxes desta saída fai click aquí.

CHEGOU A SEMANA DO MECO!!!

 

Xa comezou a semana do Meco, cada día traeremos ao colexio unha parte dun disfrace de turista, conmemorando o ano internacional do turismo sostible. Si queres ver as imaxes pincha aquí

PATIO EDUCACIÓN INFANTIL

Este é o patio de Educación Infantil nos días de chuvia.

HOXE COMEMOS GALLETAS!

Hoxe degustaremos unhas deliciosas galletas elaboradas polo alumnado de Educación Infantil e de Primaria. Xa son uns expertos pasteleiros!. Se queres ver o resto das imaxes pincha aquí.

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA ESCOLAR

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

O pasado día 30 de Xaneiro celebramos no CEIP de Bretoña o Día da Paz escolar e a non violencia. Foi unha boa ocasión para lembrar os valores que deben rexir o noso día a día. Para ver as imaxes desta conmemoración pincha aquí.

Biblioteca do CEIP de Bretoña

Na nosa biblioteca disfrutamos dos libros pero tamén disfrutamos dunha boa partida de xadrez! 

CEIP de Bretoña

Edificio principal do CEIP de Bretoña

Día da Paz 2017

30 DE XANEIRO DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer