ACTIVIDADES PARA SEMANA SANTA

Ola a tod@s!

Antes de nada dicirvos que estamos moi content@s e orgullos@s de vós porque, a pesar da situación que estamos vivindo, fóchedes capaces de adaptarvos e seguir coas actividades escolares online que vos íamos propoñendo, loitando moitas veces contra as dificultades derivadas da escaseza de recursos tecnolóxicos ou dunha conexión a internet deficiente. Neste senso, temos que dar ás grazas tamén ás familias, porque sen o voso compromiso, entrega e paciencia non sería posible.

Parabéns a todo o noso alumnado porque sabemos que estades sendo moi comprensivos e responsables; e que sabedes que quedando na casa estades axudando moitísimo, tratando de mantervos ocupados e activos.

Despois disto queremos recordarvos que a partir de hoxe empezan as "vacacións de Semana Santa" e non ides ter propostas de actividades escolares como tales. Pero como "non imos ir moi lonxe" e debemos manter a mente ocupada, traemos outro tipo de propostas. a ver que vos parece...

Consiste na realización de vídeos curtos, de non máis de 3 minutos, seguindo algunha das seguintes temáticas:

    1.- MOITO CONTO. Trátase de que nos contedes un conto, que teñades na casa, elaborado por vós, que vos contara alguén...

      2.- ARROZ CON CHÍCHAROS. Gravádesvos elaborando e explicándonos unha receita de cociña.

      3.- ARGALLANDO. Facedes un vídeo ensinándonos como elaborar un xoguete ou "argallada" que a vós vos guste.

   4.- ISTO TEN A SÚA CIENCIA. Consiste en que nos expliquedes un experimento ou "teoría científica".

Podedes participar en calquera das catro "modalidades", en dúas, en tres, nas catro, ou... en ningunha. É totalmente voluntario, por suposto. Se participades, enviádelos por mail  a galiciapenpals@gmail.com, indicando a modalidade que sexa e o voso nome (por exemplo: MOITO CONTO NOA ou ARGALLANDO MIGUEL). Recordade facer vídeos curtos, de non máis de 3 minutos, porque se son máis longos é imposible envialos por mail e/ou cargalos na web. Podedes usar calquera ferramenta/app de vídeo que coñezades (algún exemplo: InShot ou VideoMaker).

Animádevos a participar!! É unha maneira de vernos e sentirnos máis cerca. Botámosvos moito de menos! Pronto nos veremos!

A continuación podedes ver un exemplo de MOITO CONTO.

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer