CHARLAS PLAN DIRECTOR

Hoxe, venres 1 de decembro , o alumnado de quinto e sexto de primaria disfrutou dunhas interesantes conferencias enmarcadas no Proxecto Plan Director da Garda Civil. Tratáronse temas que preocupan a comunidade educativa como o acoso escolar ou a violencia de xénero.

A rapazallada estivo moi atenta ás explicacións de Vanesa e Javier e moi participativa facendo preguntas moi atraintes.

Deixamos unhas fotiños.

Álbum: CURSO 23-24 -> PLAN DIRECTOR