25N NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO 2020

Bo día.

O vindeiro mércores 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller

É un tema que traballamos nos colexios de forma transversal , desde todas as áreas , e de forma lonxitudinal , ao longo de todo o curso. A maiores, o 25 de novembro facemos máis fincapé no tema elaborando actividades e obradoiros. Por exemplo, coordinado polo equipo de convivencia e o equipo de biblioteca,  o alumnado de 4º,5º e 6º de educación primaria elaborou lemas e debuxos para berrar NON á violencia de xénero e os alumnos e as alumnas de 5º curso de primaria fixeron un obradoiro de deseños de logos en 3D ( serán un agasaio para o alumnado segundo se vaian imprimindo). Tamén hai unha exposición de libros sobre igualdade e , nas horas de ler, vemos vídeos sobre a igualdade nos deportes e na vida diaria e...aínda queda moito traballo por facer!!!

Nesta entrada deixamos unha foto da exposición de libros e os lemas e debuxos que fixo o alumnado de primaria (prema na foto) e non podía faltar un programa especial de Bencho-Radio sobre a igualdade(prema en Bencho-Radio)

Esperamos que vos guste.

Unha aperta.