Skip to Content

O luns 13 de marzo tivemos no Centro un obradoiro pola igualdade a cargo do Concello de Vimianzo, aproveitando o a conmemoración do 8 de marzo.

    

O pasado venres 10 de marzo, fixemos unha excursión a Santiago de Compostela onde visitamos unha exposición na Cidade da Cultura, saltamos nas camas elásticas do MEGA JUMP nas Fontiñas e para rematar o día visitamos o Pórtico da Gloria na Catedral de Santiago.

Pasámolo xenial!!

   

O pasado 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller con un mural conxunto e unha andaina, que por mor do mal tempo quedou pendente de celebrar de cara ao final de curso.

     

O pasado 2 de febreiro, tivemos unha charla do "Pilabot", un interesante programa sobre o funcionamento e a reciclaxe de pilas e baterías.

 Ao remate, fixemos un Kahoot sobre o tema e saíunos moi ben!

 

O venres día 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía facendo un vídeo coa técnica de "Croma". O alumnado recitou varios dos seus poemas e interpretamos dúas cancións do disco de Uxía: "Rosalía pequeniña"

O venres día 17 de febreiro celebramos o Entroido no colexio. Nesa semana seguimos os mandados do "meco" coma todos os anos.

Este curso puxemos como tema común o DEPORTE. Fomos desfilando polas rúas do pobo e logo tivemos festa no colexio, onde nos agardaban uns postres típicos (Filloas, orellas, rosquillas,..) riquísimos e elaborados en colaboración coas familias.

Coma anos atrás foi unha gran festa e pasámolo de maravilla.

 

 

 

 

 

 

 

O 30 de xaneiro de 2023 celebramos o Día da Paz, lanzado un berro forte decindo: NON ÁS GUERRAS!!

Fixemos un vídeo conxunto e cantamos a canción de Roberto Carlos: "El progreso"

 

O Centro, en colaboración co Concello de Vimianzo organizamos unha serie de actividades educativas e lúdicas, para concienciarnos en contra da vilolencia de xénero.

reganizamos obradoiros con cada grupo para elaborar unha cometana que cada alumno/a portase unha letra para unha mensaxe común:

ERGUE AS TÚAS ÁS POLA LIBERDADE !!

O día 25 de novembro, voamos as nosas cometas, e ademáis axudáronos as familias. Moitas grazas a todos!! E en especial a Sergio, do Concello de Vimianzo, que foi o que ideou esta actividade.

TODO UN ËXITO!!

 

    

 

 

 

O pasado 11 de novembro fixemos a primeira saída deste curso. Visitamos o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) en Ponteceso, onde Ricardo, o director do museo ensinounos como xogaban os nosos pais e os nosos avós. 

Despois visitamos o Eco-museo do forno de Buño, no que aprendemos como era o oficio de alfareiro.

Foi moi instructivo e superdivertido!!

 

      

 



by Dr. Radut