O pasado 21 de decembro celebramos o Nadal no CEIP Baíñas. Para comezar tivemos a visita de Papá Noel, e a continuación fomos a patinar á pista de xeo do Concello. De volta degustamos unha boachocolatada con churros e para rematar cantamos unhas cantigas e panxoliñas para despedir o ano como se merece.
Na semana do 20 ao 24 de novembro colaboramos co concello de Vimianzo e cos demaís Centros do Concellona elaboración dun "Crebacabezas contra a violencia de xénero". Cada curso construiu unha peza con mensaxes en contra do maltrato, e o 25 N construimos o noso "crebacabezas" na praza do Concello. Queremos alzar alta e forte a nosa voz contra a violencia e o maltrato!.
O 30 de novembro de 2023 tivemos a nosa primeira excursión do curso á capital de Galicia, para asistir, no auditorio a unha función a cargo da orquestra sinfónica: "Pucinella"
E a continuación pasámolo fenomenal nas camas elásticas de "Nova Jump". Outro gran día no que disfrutamos un montón!
O pasado martes 31 de outubro celebramos o Samaíncon actividades variadas: Exposicións de lecturas, contos e relatos compartidos, obradoiros de cociña, disfraces, cabazase ambientación a tope do Colexio e da Biblioteca escolar.
Na derradeira semana de outubro, como ven sendo habitual celebramos a semana das bibliotecas escolares visitando a casa da culturacunha actuación de maxia, facendo exposición das novidades da nosa biblioteca,lecturas compartidas e apadriñamentos lectores a cargo do alumnado de sexto curso ao alumnado de Ed. Infantil. Tamén presentamos o noso PDI de biblioteca ás familias e ao alumnado.
O pasado día 16 de outubro de 2023 tivemos co alumnado uns obradoiros para fomentar o consumo responsable e o coidado do medio ambiente a cargo da Escola Galega de Consumo. Unha das actividades que levamos a realizar con frecuencia nestes últimos cursos.
O pasado día 14 de setembro de 2023 comezamos o curso coñecendo un pouco máis sobre o patrimonio da nosa contorna visitando o dolmen de Pedra Cuberta, aprobeitando que estaban a realizar unha nova excavación arqueolóxica debido a que ademais de grabados este dolmen conta con pinturas.
Atendemos as explicacións do encargado da excavación sobre o significado e a historia do dolmen, e tamén nos mostrou algúns dos obxectosque atoparon. Gustounos moito e aprendemos a valorar o noso patrimonio!!