O 16 de maio o alumnado de Educación Infantil participou nun Obradoiro de iniciación ao gravado impartido pola restauradora do Museo Provincial Blanca Besteiro.
Os alumnos utilizando follas, froitas, verduras, esponxas, e diferentes obxectos estamparon en papel continuo as súas pegadas, papel que logo foi convertido en envoltorio de agasallo.
Este obradoiro forma parte da exposición "De Picasso a Kapoor" na que o noso alumnado está participar como PALABREIRXS.
As obras que se inspiran en Miró realizadas polo alumnado de Infantil así como as de Warhol do alumnado de 6º curso están expostas no Museo Provincial ata o 20 de xuño.
Grazas á Rede Museística e á súa xerente Encarna Lago e como non á restauradora Blanca Besteiro