Skip to Content

ADORNOS DE NADAL

 

                                                 

 

 Pedimos ás familias de Infantil e 1º curso que colaboraran na creación dun adorno de Nadal con diferentes materiais partindo dun cartón de papel hixiénico.

Velaquí o resultado

6 DE DICIEMBRE. DÍA DE LA CONSTITUCIÓN. MURALES

Os alumnos de 3º e 6º elaboraron diferentes murais para conmemorar esta data. O Día da Constitución

25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O Día 25 de Novembro é o Día Internacional contra a violencia de xénero, un problema ante o que non podemos pechar os ollos e sobre o que debemos traballar para conseguir a sús eliminación. A continuación mostrámosvos o mural que fixemos cos alumnos.

 

 

O OUTONO Á MANEIRA DE ARCIMBOLDO

Os alumnos de 2º Curso traballaron o cadro "O Outono" do artista italiano Giuseppe Arcimboldo.

Arcimboldo foi un artista pouco convencional, pois plasmaba o que vía a través de froitas e hortalizas. Este cadro está no museo do Louvre en Paris.

Se pinchas no enlace chegarás a unha web onde veredes moitas fotos deste artista.

www.giuseppe-arcimboldo.org

Os alumnos recortaron froitas e verduras e construiron os seus propios cadros de outono cubrindo as súas cabezas con elas.

Así foi como quedou:

 



O OUTONO Á MANEIRA DE ARCIMBOLDO

UN OUTONO DIVERTIDO. TRABALLAMOS CON FOLLAS

O outono ofrécenos a posibilidade de facer un montón de actividades creativas con follas de árbores. Nesta ocasión os nenos e nenas de 4º curso xunto coa súa profesora Conchi fixeron unhas composicións preciosas con follas. Sabedes qué representan?

           

POESÍA DE OUTONO

Poetas de 2º Curso

Os alumnos de 2º curso confeccionaron un mural: Poesías de Outono.

Adeus ó verán!, Toc-Toc-Toc, Outono de pingas, Un outono especial... son algunhas das poesías que escribiron. Tamén debuxaron, colorearon e decoraron. O resultado é este:



POESÍA DE OUTONO

O SAMAÍN DE INFANTIL

Cando chegou o SAMAÍN celebrámolo cunha gran festa, as profes disfrazáronse de bruxiñas, das boas, claro!... que casi lles temos medo!!! Pasámolo moi ben!!!

 

Paula trouxo unha cabaza oca por dentro, cunha candea encendida e cantamos e bailamos con ela.

      

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own free slideshow design

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut