Skip to Content

ACTIVIDADES

Actividade "Quen dis?"

Como xa vos anunciamos, durante este curso propúxose por parte do Equipo de Dinamización Lingüística a actividade "Quen dis?", consistente na elaboración dun cartaz informativo sobre personaxes galegas destacadas no eido da música, literatura, cine, deporte, economía, etc.

 

Aproveitamos para agradecer e felicitar a todos aqueles alumnos e alumnas que se animaron a participar nesta actividade e así axudarnos a difundir o traballo de moitos galegos e galegas destacados no seu ámbito. 

Noraboa a todos/as os participantes!!

Velaquí tedes unha mostra dos seus traballos:

 

 

 

Festa dos maios

A festa dos Maios é unha celebración tradicional galega na que se exalta a beleza da natureza cando chega a primavera. 

As súas orixes remóntanse a épocas prerromanas e, como o seu nome indica, a celebración normalmente coincide no mes de maio.

Durante a festa dos Maios realizábanse representacións e bailes arredor dunhas estructuras que adoptan formas do máis variado, feitas con adornos de flores, follas e froitos.

No concello de Arteixo xa fai anos que se vén celebrando a Festa das Flores na que se organiza un concurso de Maios.

Por primeira vez este ano o noso cole presentouse a este concurso con este Maio en forma de galo, que se realizou de forma colaborativa por parte de toda a comunidade educativa do centro. E... gañamos o concurso!! Moitas felicidades aos demais participantes e que vivan os Maios!!

Celebración das Letras Galegas 2016

Como xa sabedes, este ano adicouselle o día das Letras Galegas a Manuel María. 

No colexio tamén quixemos axudar a difundir a vida e obra deste autor e para iso colocamos estes murais nos corredores do centro:

 

 

A celebración das Letras Galegas deste ano foi un tanto especial, xa que os nenos e nenas do cole representaron un "Pasapalabra Galega", gracias ao cal poidemos coñecer máis datos sobre Manuel María ao tempo que nos divertíamos coas ocorrencias dos presentadores/as e concursantes.

Para decorar o pavillón para este acto, todo o alumnado do centro participou na elaboración da recreación a tamaño xigante do cadro de Luís Seoane "Tres soles en Galicia". O resultado foi espectacular!

 

A continuación deixámosvos cunha presentación de imaxes nas que poderedes ver o "como se fixo":

   

LETRAS GALEGAS 2016

Visitade o noso blogue REGO DA AUGA para descubrir cousas sobre o autor ao que se lle adican as Letras Galegas deste ano: Manuel María.

QUE TE CONTAS?

Día de Rosalía

O 24 de febreiro é o Día de Rosalía de Castro, co gallo da conmemoración do nacemento desta escritora.
 
 
En concreto, este ano celebramos o seu 179 cumpleanos!
 
E para celebralo, deixámosvos cun par de cancións.
 
Para poder escoitalas, visitade o noso bloque "Rego da auga" clicando AQUÍ
Distribuir contido


by Dr. Radut