Skip to Content

ACTIVIDADES

REINO UNIDO: Actividades de entroido

Este entroido todos os nenos e nenas do colexio aproveitamos para disfrazarnos dalgo relacionado co país sobre o que estamos a traballar.

 

Das tres clases de segundo, cada unha foi caracterizada como unha rexión.

 

E, ademais, entre o profesorado podemos atopar á raíña Isabel II, ao seu fillo o príncipe Carlos de Gales coa súa esposa Camilla, e ao fantástico Mr. Bean.

 

 

 

E así foi como prepararon este evento:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Visita o noso blog REGO DA AUGA para ver esta e máis entradas sobre Galeg@s por Europa

ITALIA: Actividades da clase dos Elefantes

O alumnado de 3 anos está a aprender cousas sobre Italia.

 

En concreto, estas son algunhas imaxes da clase dos Elefantes que amosan o traballo diario, o seu recuncho de Italia, a decoración dos corredores...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E aproveitaron o entroido para ambientarse en Venecia. Velaí os tedes coas súas máscaras venecianas!

 

 

 

 

 

 

Visita o noso blog REGO DA AUGA para ver esta e máis entradas sobre Galeg@s por Europa.

REINO UNIDO: Algunhas Actividades

Nas aulas de segundo estamos a aprender cousas sobre o Reino Unido.

 

 

Escocia, Irlanda, Inglaterra e Gales son as rexións que integran este país.

 

Aprendemos cousas sobre a gastronomía...

 

 

 

 

 

 

 

 

... e tamén sobre os seus monumentos máis importantes.

 

 

Visita o noso blog REGO DA AUGA para ver esta e máis entradas sobre Galeg@s por Europa.

 

GALEG@S POR EUROPA

 

Este curso 2017-2018 o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxo unha actividade globalizada para todo o centro aproveitando que o ano 2018 foi declarado Ano Europeo do Patrimonio Cultural por parte do Parlamento Europeo e o Consello da Unión Europea. Esta actividade que está servindo de eixo vertebrador e motivador para este curso chámase Galeg@s por Europa.

O patrimonio cultural europeo non é só un legado do pasado, dado o seu valor educativo e social é tamén un recurso imprescindible para o noso futuro. Así, tratarase de fomentar o intercambio e a valoración do patrimonio cultural de Europa como un recurso compartido e sensibilizar sobre a historia e os valores comúns. Baixo este marco, todos os niveis educativos do noso centro están traballando sobre variados aspectos de diferentes países europeos, co obxectivo de coñecer mellor distintas características culturais destes países, o que tamén levará a apreciar e valorar a nosa propia cultura galega. 
A cada nivel educativo correspondeulle por sorteo un país europeo, sobre o cal está a traballar durante este curso académico. 
No blog "Rego da Auga" creamos unha serie de pestanas onde podedes ver os países sobre os que estamos a aprender. Pouco a pouco iremos enchendo de contidos cada un deses apartados, para amosarvos as cousas tan estupendas que está a facer o alumnado. 
Esperemos que vos guste este traballo dos galeg@s por Europa!!

 


DÍA DE ROSALÍA 2018

O pasado 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía no noso centro.

Para ver algunhas actividades que fixemos, podes picar AQUÍ e accederás directamente ao blog do EDLG "Rego da Auga".

 

REGO DA AUGA 2017

Clica na imaxe para poder ver a edición deste ano da revista do noso cole.

 

DAMOS A NOTA

RECEITARIO

Que che apetece comer?

 

Mmmmmm... queres que che deamos algunha idea?

 

 Dentro de pouco teremos na biblioteca do noso cole uns libros de receitas saborosísimas que servirán de inspiración a todos os cociñeiros e cociñeiras.

 

 Pero, para facer isto posible, precisamos da vosa colaboración!!

 

 Participade na actividade de o "Receitario" achegando a vosa receita (fala co teu titor/a para pedirlle o modelo de formulario para redactala). Tedes ata o 16 de decembro para poder entregalas.

 

Cando teñamos todas as vosas receitas, xuntarémolas para formar uns libros de cociña excepcionais.

 

  Animádevos a participar!!

 

ACTIVIDADES PARA O CURSO 2016-2017

Xa están en marcha as actividades para este curso 2016-2017.

Podes consultar esta mesma información no noso blogue "Rego da auga".

Animádevos a participar!!

 

 

 

 

Revista Rego da Auga 2016

Xa é unha tradición que, chegando o fin de curso, saia unha nova edición da revista dixital "Rego da auga", que recompila traballos e actividades realizadas polo alumnado do centro durante este curso 2015-2016, axudando desta forma a dinamizar o uso da nosa lingua galega.

Se picades enriba da portada da revista poderedes descargala en formato .pdf

Dende aquí queremos agradecer a colaboración de todos os nenos e nenas que fixeron posible a elaboración desta revista, así como tamén aos seus mestres e mestras, en especial a Alberto Patiño, encargado da montaxe un curso máis... Moitas grazas!!

Distribuir contido


by Dr. Radut