Skip to Content

DOCUMENTOS PARA AS FAMILIAS

CIRCULAR INFORMATIVA INICIO DE CURSO

Achégase Circular Informativa de Inicio de Curso. Acceso aquí.

PERÍODO DE ADAPTACIÓN 4º INFANTIL (3 ANOS)

Haberá dúas quendas:

Xoves 8 e venres 9 de setembro:

1ª quenda: De 10 a 11:30 h.

2ª quenda: De 12:30 a 14 h.

As titoras especificarán o día da reunión a que alumnado lle corresponde cada quenda.

 

Semana do 12 ao 16: unha única quenda de 10 a 13 horas.

 

 

REUNIÓNS FAMILIAS EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 22-23

 

Imágenes de Material Escolar | Vectores, fotos de stock y PSD gratuitos

 

4º E. Infantil: martes 6 de setembro ás 10:30 h.

5º e 6º E. Infantil: mércores 7 de sembro ás 10:30 h.

 

Pregamos, na medida do posible, que asista un só membro de cada familia evitando a asitencia de menores para favorecer o desenvolvemento da reunión.

Entrada pola porta amarela do paseo fluvial (Porta Infantil).

CONVOCATORIA PARA A SOLICITUDE DE BOLSAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO CURSO 22-23

Xa está aberta a convocatoria para a solicitude de axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 22-23. O prazo estará aberto ata o 30 de setembro, inclusive. É moi importante que sigan as instrucións que se detallan no enlace. Para acceder premer aquí.

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA COMEDOR ESCOLAR DO CONCELLO DE ARTEIXO

De preparar comida - foto de stock

 

Destinatarios: Axudas destinadas aos estudantes dos niveis obrigatorio e non obrigatorio matriculados en centros sostidos con fondos públicos que cumpran os requisitos definidos nas Bases.

Prazo de presentación: do 15 de xuño de 2022 ao 15 de xullo de 2022.

Acceso á convocatoria: premer aquí.

Máis información: Concello de Arteixo

OBRADOIRO CON FAMILIAS con Sandra Varela Amado: Alimentación saudable

 

PREMER NA IMAXE PARA VER A MELLOR RESOLUCIÓN.

Desde o CEIP de Arteixo animamos a toda a comunidade educativa a participar no obradoiro.

 

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO: PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS

Poden consultar as listaxes definitivas de admitidos para o curso 2022-2023, presentadas no período ordinario. Están expostas no tablón do interior do edificio ao lado de administración.

O período de matrícula será do 20 ao 30 de xuño. 

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA O ALUMNADO USUARIO DE COMEDOR

Tendo en conta o determinado no punto anterior das DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA (20/04/22), pregamos ás familias do alumnado usuario de comedor, coa casuística do punto anterior, avisen ao servizo de comedor para que poidan tomar as medidas oportunas e dar cumprimento ao determinado neste punto, así como para garantir a seguridade de toda a comunidade educativa. 

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA O ALUMNADO USUARIO DE COMEDOR

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA O ALUMNADO USUARIO DE COMEDOR

Distribuir contido


by Dr. Radut