Skip to Content

NOVAS DATAS DE ENTREGA CHEQUES PARA MATERIAL (1º a 6º E.P.) e PARA LIBROS (1º e 2º E.P.)

CALENDARIO PARA A RECOLLIDA DE VALES CURSO 2022-2023

19 DE XULLO

1º  e 2º E.P.

20 DE XULLO

3º  e 4º E.P.

21 DE XULLO

5º  e 6º E.P.

 

O horario para a recollida dos vales será de 9:30 a 13:30 horas para o que non será preciso pedir cita previa.

Deberán acudir as persoas que figuren como solicitantes, de non ser así poderán autorizar a unha persoa que recolla os vales na súa representación. Para iso deberán descargar esta autorización (premer aquí) cuberta e asinada pola persoa solicitante e pola persoa autorizada acompañada da copia do DNI e/ou pasaporte de ambas e entregar todo na secretaría do centro o día da recollida.

As persoas que teñan que recoller cheques con fillos/as matriculados en diferentes cursos poderano facer no mesmo día.

As persoas que non recollan os vales nestas datas poderán facelo no mes de setembro.

Os libros do fondo para 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria serán entregados ao comezo de curso ao alumnado como de costume.

IMPORTANTE: non perder ou deteriorar os vales, posto que unha vez emitidos non poderán ser entregados novamente. 

Non deberá entrar máis dunha persoa á vez en secretaría. 

ATENCIÓN TELEFÓNICA DO 13 AO 15 DE XULLO

Desde o mércores 13 ao venres 15 de xullo a atención telefónica será de 10 a 12 horas.

AVISO: IMPREVISTO ADMINISTRACIÓN

POR MOTIVOS DE SAÚDE A ADMINISTRACIÓN DO CENTRO PERMANECERÁ PECHADA AO PÚBLICO AO LONGO DESTA SEMANA, POLO TANTO, A RECOLLIDA DE CHEQUES, PREVISTA PARA ESTA SEMANA, QUEDA POSPOSTA ATA NOVO AVISO, ASÍ COMO OUTRO TIPO DE TRÁMITE ADMINISTRATIVO TAL COMO RECOLLIDA DE HISTORIAIS ACADÉMICOS.

PERMANEZAN ATENTOS/AS A ESTA WEB PARA NOVOS AVISOS AO RESPECTO.

PODERÁN CONSULTAR AS LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO DE LIBROS, A PARTIR DE MAÑÁ, NO TABOLEIRO INTERIOR DO CENTRO EN HORARIO DE 9:30 A 13:30 HORAS.

LISTAXES DEFINITIVAS FONDOLIBROS

As listaxes definitivas do Fondo de libros 22-23 serán publicadas o vindeiro martes 12 de xullo, no taboleiro do interior do centro.

RECOLLIDA DE VALES DE MATERIAL E/OU LIBROS DE TEXTO CURSO 2022-2023

 

 

CALENDARIO PARA A RECOLLIDA DE VALES CURSO 2022-2023

13 DE XULLO

1º E.P. e 2º E.P.

14 DE XULLO

3º E.P. e 4º E.P.

15 DE XULLO

5º E.P.  e 6º E.P.

 

O horario para a recollida dos vales será de 9:30 a 13:30 horas para o que non será preciso pedir cita previa.

Deberán acudir as persoas que figuren como solicitantes, de non ser así poderán autorizar a unha persoa que recolla os vales na súa representación. Para iso deberán descargar esta autorización (premer aquí) cuberta e asinada pola persoa solicitante e pola persoa autorizada acompañada da copia do DNI e/ou pasaporte de ambas e entregar todo na secretaría do centro o día da recollida.

As persoas que non recollan os vales nestas datas poderán facelo no mes de setembro.

Os libros do fondo para 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria serán entregados ao comezo de curso ao alumnado como de costume.

IMPORTANTE: non perder ou deteriorar os vales, posto que unha vez emitidos non poderán ser entregados novamente. 

Non deberá entrar máis dunha persoa á vez en secretaría. 

CONSULTA LISTAXES FONDOLIBROS

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro: As listaxes provisionais e definitivas publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital.

NON SE FACILITARÁ INFORMACIÓN AO RESPECTO POR VÍA TELEFÓNICA OU CALQUERA OUTRO MEDIO.

AVISO FONDOLIBROS: ERRO SOLVENTADO

Xa poden consultar as listaxes provisionais de Fondolibros. Están expostas no taboleiro interior do centro.

Lembren que teñen dous días para facer reclamacións.

HORARIO ATENCIÓN ADMINISTRACIÓN MES DE XULLO

O horario de atención ao público durante o mes de xullo será:

                               De 9:30 a 13:30 

FELIZ VERÁN!!

A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP DE ARTEIXO

       DESÉXALLES UN FELIZ VERÁN!!

 

 

          VÉMONOS NO CURSO 2022-2023

 

PROPOSTA DE LECTURAS PARA O VERÁN

 

Distribuir contido


by Dr. Radut