Skip to Content

Grazas!

Mariola Solidaria: diploma de gratitude

A ONG Mariola Solidaria e Global Humanitaria queren agradecer a toda a comunidade educativa do CEIP de Arteixo a súa participación na campaña de recollida de roupa e calzado usado neste primeiro trimestre de curso.

Contacontos pola igualdade

Mañá, mércores 18 de outubro, o alumnado de 5º e 6º Educación Infantil e todo o alumnado de Primaria asistirá, no centro cívico, a un contacontos sobre igualdade da man da actriz Manuela Varela.

Apertura biblioteca en horario de tardes

 

A partir do vindeiro 1 de outubro, a biblioteca do centro abrirá pola tarde as súas portas ao alumnado de Educación Primaria.

A biblioteca abrirá de martes a venres, en horario de 16:05h a 17:50 h, desde o día 1 de outubro ata o 30 de maio. Neste horario, o alumnado poderá asistir á biblioteca para consultar ou desfrutar do noso catálogo bibliográfico así como realizar tarefas relacionadas cos traballos de aula. É importante destacar que estes traballos e/ou tarefas non estarán supervisados polo profesorado de garda. 

Para solicitar a actividade deberán cumprimentar o seguinte formulario de inscrición, que estará dispoñible ata o 23 de setembro (a partir desta data non se poderán facer máis inscricións).  https://forms.gle/7WbSeTv9JbVd1q2F8

Os listados do alumnado admitido publicaranse no taboleiro de anuncios de administración o día 26 de setembro.

A partir desta data, e ata o 30 de setembro, as familias que precisen autorizar especificamente para esta actividade a  outras persoas para a recollida do alumnado, ou autorizar ao alumnado de 5º e 6º de E. Primaria a marchar só, deberán entregar en administración esta folla de autorización (pincha aquí) ou ben enviala á dirección administracion@ceipdearteixo.org, co asunto: autorizados biblioteca.

NON se entregará ningún/ningunha alumno/a a ningunha persoa que non estea previamente autorizada.

Antes de realizar a inscrición é importante que lean os CRITERIOS DE FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA EN HORARIO DE TARDE (pincha aquí).

 

 

Preparándonos para o Samaín...

TRANSPORTE ESCOLAR: AVISO CAMBIO NOME PARADA

 

  • TRANSPORTE ESCOLAR. CAMBIO DE NOME DA PARADA PONTE DO BA 2 A FOXO

Comunicámoslles que, debido a un cambio realizado por Xefatura Territorial, a parada da liña 4 “PONTE DO BA 2” pasará a denominarse FOXO. Será no mesmo lugar, unicamente cambia o nome da parada.

 

Esta parada é realizada pola liña 3 e pola liña 4. Os usuarios da liña 4 que empregan a parada “PONTE DO BA 2”, seguen a coller o bus no mesmo sito, aínda que agora chamarase FOXO.

 

  • LOCALIZACIÓN DAS PARADAS DO TRANSPORTE ESCOLAR

Informámoslles que poderán coñecer a ubicación exacta de todas as paradas das catro liñas de transporte escolar do centro, consultando o seguinte documento. (Clicar encima para abrir).  Están insertados os hipervínculos para cada unha das paradas coas coordenadas facilitadas pola Consellería.  Deberán clicar nas que sexan do seu interese.

INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE DE LINGUA ÁRABE E CULTURA MARROQUÍ (PLACM): CURSO 2023-2024

Desde mañá venres 22 e ata o venres 29 de setembro, queda aberto o prazo para realizar a inscrición na actividade de lingua árabe e cultura marroquí.

Para efectuar a inscrición o alumnado interesado poderá entregarlle a solicitude á súa titora ou titor debidamente cumprimentado.

Os impresos poderán solicitalos en administración ou ben descargalos: Aquí. 

CONVOCATORIA PARA A SOLICITUDE DE BOLSAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO CURSO 23-24

Xa está aberta a convocatoria para a solicitude de axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 23-24. O prazo remata antes do 20 de setembro. É moi importante que sigan as instrucións que se detallan no enlace. Para acceder premer aquí.

CIRCULAR INICIO DE CURSO 2023-2024

 

 

 

 

Clica na imaxe para consultar a información.

 

 

 

REUNIÓNS COAS FAMILIAS E. PRIMARIA

Distribuir contido


by Dr. Radut