Skip to Content

IMPORTANTE PARA A RECOLLIDA DE VALES

IMPORTANTE PARA A RECOLLIDA DE VALES

É imprescindible que as persoas que pasen a recoller os vales se identifiquen co seu DNI ou pasaporte.

RECOLLIDA DE VALES DE MATERIAL/ LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-2022

RECOLLIDA DE VALES DE MATERIAL/ LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-2022

 

CALENDARIO PARA A RECOLLIDA DE VALES CURSO 2021-2022

13 DE XULLO

 1º E.P. 

14 DE XULLO

2º E.P. 

15 DE XULLO

3º E.P. 

16 DE XULLO

4º E.P. 

19 DE XULLO

5º E.P. 

20 DE XULLO

6º E.P. 

 

O horario para a recollida dos vales será de 9:30 a 13:30 horas para o que non será preciso pedir cita previa.

Deberán acudir as persoas que figuren como solicitantes, de non ser así poderán autorizar a unha persoa que recolla os vales na súa representación. Para iso deberán descargar esta autorización (premer aquí) cuberta e asinada pola persoa solicitante e pola persoa autorizada acompañada da copia do DNI e/ou pasaporte de ambas e entregar todo na secretaría do centro o día da recollida.

As persoas que non recollan os vales nestas datas poderán facelo no mes de setembro.

Os libros do fondo para 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria serán entregados ao comezo de curso ao alumnado como de costume.

IMPORTANTE: non perder ou deteriorar os vales, posto que unha vez emitidos non poderán ser entregados novamente. 

RECLAMACIÓNS ÁS LISTAXES PROVISIONAIS FONDOLIBROS E PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS

RECLAMACIÓNS ÁS LISTAXES PROVISIONAIS FONDOLIBROS E PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS

Lémbraselle ás familias que poden efectuar as reclamacións ás listaxes provisionais do Fondo de Libros nos días 7 e 8 de xullo.

As listaxes definitivas publicaranse o vindeiro luns 12 de xullo.

 

LISTAXES PROVISIONAIS FONDO DE LIBROS 2021-2022

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO FONDO DE LIBROS CURSO 2021-2022

A partir de mañá martes 6 de xullo das 10 horas e até as 13:30 horas, poderán consultar as listaxes provisionais de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros para o curso 2021-2022. De conformidade á lei de protección de datos estas listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar ao lado de secretaría. As persoas que realizasen a solicitude por vía electrónica poderán consultar o estado da súa solicitude a través da chave 365.

Para a consulta das listaxes non é preciso pedir cita previa, pero si respectar as medidas sanitarias de seguridade. Non poderán permanecer no interior do espazo de publicación máis dunha persoa e en caso de ter que esperar fóra, manter a distancia de seguridade.

Lembren da obrigatoriedade de acceder aos espazos pechados con máscara de protección.

 

 

 

Gañadores do proxecto "prato saudable"

O alumnado de 1ºB, 1ºC e 3ºB de primaria participou no proxecto "prato saudable" convocado polos supermercados GADIS. Profundizaron no coñecemento dos alimentos e aprenderon como debe estar configurado un prato para que resulte o máis saudable posible. Resultaron gañadores do mesmo e dun lote de tabletas. Parabéns para todas e todos!!

 

 

 

 

 

HORARIO ADMINISTRACIÓN DO 23 AO 30 DE XUÑO

HORARIO ADMINISTRACIÓN DO 23 AO 30 DE XUÑO

O horario de administración desde o  23 ao 30 de xuño será de 9:30 a 14:00 horas.

 

Lembren solicitar cita previa no teléfono 981 64 12 84 para calquera trámite ou entrega de documentación.

MATRÍCULA ALUMNADO NOVA INCORPORACIÓN CURSO 2021-2022

MATRÍCULA ALUMNADO NOVA INCORPORACIÓN CURSO 2021-2022

Fotos gratis : colegio, alumnos, niños, tablero, lápices de color,  mochilas, educación, aprendizaje, conocimiento, school enrolment, comienzo  de la escuela, vistoso, deberes, dibujos animados, art, jugar, ilustración,  recreación, personaje de ficción ...

Destinatarios: alumnado de nova incorporación ao centro. O alumnado xa matriculado no curso actual 2020-2021, non ten que realizar matrícula, ten praza asegurada por defecto.

Período de presentación de matrículas:Do luns 21 de xuño ao mércores 30 de xuño, ambos incluídos.

Onde presentar a documentación? Na secretaría do centro.

Cando? Desde o 21 ao 30 de xuño.

Como? Solicitando cita previa chamando ao teléfono 981 64 12 84 a partir do xoves 17 de xuño (non antes).

Que documentación presentar? Prema aquí.

Os impresos poderán descargarse directamente desde o anterior enlace ou ben pode ser recollidos na secretaría do centro (non antes do 17 de xuño), para o que non é preciso pedir cita previa.

Información sobre os servizos do ANPA Novo Arteixo. Prema aquí.

Para calquera información ou entrega de documentación relacionada coa ANPA dirixirse ao correo electrónico: anpaceiparteixo@gmail.com 

 

Coñece o CEIP de Arteixo

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR.

Libros de colores Stock de Foto gratis - Public Domain Pictures

 

Fondo solidario de libros, axudas para a

adquisición de libros e material escolar

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2021/22

 

  • Prazo presentación solicitudes: Do 21 de maio ao 22 de xuño, inclusive.
  • Modo presentación das solicitudes:

              - De xeito presencial na secretaría do centro educativo. Cumprimentar e descargar formulario normalizado anexos I aquí ou tamén se pode obter na secretaría do centro.

              - De xeito informático: cubrindo o anexo dispoñible na aplicación informática Fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. para o que será preciso calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 

 

  • Destinatarios:    

             - Fondo solidario de libros: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

             - Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65% e alumnado con NEAE.

             - Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en Educación Primaria e Educación Especial.

 

 

Membros computables da unidade familiar:

a) Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

b) Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados.

c) Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

d) Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

e) A persoa proxenitora separada legalmente ou divorciada, cando haxa custodia compartida.

f) A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación de afectividade análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado, agás nos casos de custodia compartida.

 

Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.

 

Non terá a consideración de membro computable:

a) A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

b) O agresor nos casos de violencia de xénero. En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2019, agás no relativo á violencia de xénero que se aplicará o disposto na lexislación específica. 

 

  • Documentación a presentar:

- Anexo I e Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno/a e dos demais membros computables da unidade familiar.

- En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademais, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

Excepcionalmente poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

✓ Certificado ou volante de convivencia.

✓ Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 

- Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia. (De ser o caso).

- Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. (De ser o caso).

- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, no caso que corresponda. (De ser o caso).

- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en tituación de tutela ou garda da Xunta de Galicia. (De ser o caso).

- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor e titores carezan de DNI e NIE. (De ser o caso).

 

 Comprobación de datos:

As persoas que se opoñan á consulta automática de datos, Anexo II deberán marcalo e presentar:

- DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar.

- Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na falta desta, o certificado tributario da imputacións no exercicio 2019 da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, de ser o caso.

 

A solicitude será única para todos os fillos /as admitidos no mesmo centro.

 

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2021/22, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2020/21. 

 

  • Para ser beneficiario do banco de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2020/2021.

Importante: para a entrega de documentación no centro solicitar cita previa de xeito telefónico: 981 64 12 84

 

DATAS PUBLICACIÓN LISTAXES:

- Listaxes provisionais: 6 de xullo.

- Período de reclamación: dous días contados a partir da data de publicación das listaxes provisionais.

- Listaxes definitivas: 12 de xullo.

DÍA NON LECTIVO

 

File:Logo Atencion Atencion 2013.png - Wikimedia Commons

 

Lembrámoslles que o vindeiro luns 17 de maio o centro permanecerá pechado por ser festivo autonómico. 

Distribuir contido


by Dr. Radut