Skip to Content

Apertura biblioteca en horario de tardes

 

A partir do vindeiro 2 de novembro, a biblioteca do centro abrirá pola tarde as súas portas ao alumnado de Educación Primaria.

A biblioteca abrirá de martes a venres, en horario de 16:05h a 17:50 h, desde o día 2 de novembro ata o 30 de maio. Neste horario, o alumnado poderá asistir á biblioteca para consultar ou desfrutar do noso catálogo bibliográfico así como realizar tarefas relacionadas cos traballos de aula. É importante destacar que estes traballos e/ou tarefas non estarán supervisados polo profesorado de garda. 

Para solicitar a actividade deberán cumprimentar o seguinte formulario de inscrición, que estará dispoñible ata o 23 de outubro (a partir desta data non se poderán facer máis inscricións).  https://forms.gle/7WbSeTv9JbVd1q2F8

Os listados do alumnado admitido publicaranse no taboleiro de anuncios de administración o día 25 de outubro.

A partir desta data, e ata o 30 de outubro, as familias que precisen autorizar especificamente para esta actividade a  outras persoas para a recollida do alumnado, ou autorizar ao alumnado de 5º e 6º de E. Primaria a marchar só, deberán entregar en administración esta folla de autorización (pincha aquí) ou ben enviala á dirección administracion@ceipdearteixo.org, co asunto: autorizados biblioteca.

NON se entregará ningún/ningunha alumno/a a ningunha persoa que non estea previamente autorizada.

Antes de realizar a inscrición é importante que lean os CRITERIOS DE FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA EN HORARIO DE TARDE (pincha aquí).

 

 



page | by Dr. Radut