Skip to Content

INCORPORACIÓN ALUMNADO Á ACTIVIDADE LECTIVA (CASOS POSITIVOS CONFIRMADOS E CONTACTOS ESTREITOS)

 

Partindo das pautas sanitarias establecidas no Protocolo de vixilancia e control epidemiolóxico fronte ao virus SARS-COV-2 no ámbito educativo non universitario de Galicia, a incorporación á actividade lectiva do alumnado do centro determinado como contacto estreito ou caso positivo confirmado, levarase a cabo do seguinte xeito:

 

EDUCACIÓN INFANTIL

             CASO POSITIVO CONFIRMADO

Unha vez pasados os 7 días de corentena, o alumnado de Educación Infantil  incorporarase ao centro ao 11º día, xa que nesta etapa non se poden garantizar as medidas de vixilancia que deberán mantense nos días 8º, 9º e 10º. (Consultar páxina 3 da Guía de Preguntas Frecuentes, publicada na web do centro o pasado venres 28 de xaneiro)

             CONTACTO ESTREITO

No caso de ser determinado contacto estreito e ter que gardar corentena domiciliaria, o alumnado de Educación Infantil incorporarase o 11º día desde a data na que se inicia a corentena.

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

CASO POSITIVO CONFIRMADO

Unha vez pasados os 7 días de corentena, o alumnado de Educación Primaria  poderá incorporarse ao centro  ao 8º día.  Non se poderá facer uso do servizo de comedor e madrugadores ata o 11º día, xa que nos días 8º, 9º e 10º deberán manter as medidas de vixilancia (máscara e distancia mínima, entre outras) non garantizadas no servizo de comedor. (Consultar páxina 3 da Guía de Preguntas Frecuentes, publicada na web do centro o pasado venres 28 de xaneiro)

CONTACTO ESTREITO

No caso de que lle sexa realizada unha PCR entre os días 5º e 7º da corentena, e sempre que o resultado fose negativo, o alumnado de Educación Primaria poderá incorporarse  á actividade lectiva no 8º día desde o inicio da corentena. Non poderán facer uso do servizo de comedor e madrugadores ata o 11º día, xa que nos días 8º, 9º e 10º deberán manter as medidas de vixilancia (máscara e distancia mínima, entre outras), non garantizadas no servizo de comedor.

No caso de que non lle sexa realizada unha PCR entre os días 5º e 7º da corentena, o alumnado incorporarase ao 11º día, tanto á actividade lectiva como ao servizo de comedor e madrugadores (Consultar páxina 3 da Guía de Preguntas Frecuentes, publicada na web do centro o pasado venres 28 de xaneiro).

  

 



page | by Dr. Radut