Skip to Content

Blogues

Celebración das Letras Galegas 2016

Como xa sabedes, este ano adicouselle o día das Letras Galegas a Manuel María. 

No colexio tamén quixemos axudar a difundir a vida e obra deste autor e para iso colocamos estes murais nos corredores do centro:

 

 

A celebración das Letras Galegas deste ano foi un tanto especial, xa que os nenos e nenas do cole representaron un "Pasapalabra Galega", gracias ao cal poidemos coñecer máis datos sobre Manuel María ao tempo que nos divertíamos coas ocorrencias dos presentadores/as e concursantes.

Para decorar o pavillón para este acto, todo o alumnado do centro participou na elaboración da recreación a tamaño xigante do cadro de Luís Seoane "Tres soles en Galicia". O resultado foi espectacular!

 

A continuación deixámosvos cunha presentación de imaxes nas que poderedes ver o "como se fixo":

   

LETRAS GALEGAS 2016

Visitade o noso blogue REGO DA AUGA para descubrir cousas sobre o autor ao que se lle adican as Letras Galegas deste ano: Manuel María.

Normas da biblioteca

Semana da Prensa 2016

SEMANA DA PRENSA

Do 7 ao 11 de marzo celebramos no colexio a semana da prensa froito da colaboración entre o Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias e o de Biblioteca. Dispuxemos dunha gran variedade de xornais para traballar nas aulas así como dun espazo específico dentro da biblioteca para profundizar no coñecemento deste tipo de textos.

Todo o profesorado colaborou na cofección dun mural no que se expoñen algúns dos traballos realizados nas aulas.

QUE TE CONTAS?

Día de Rosalía

O 24 de febreiro é o Día de Rosalía de Castro, co gallo da conmemoración do nacemento desta escritora.
 
 
En concreto, este ano celebramos o seu 179 cumpleanos!
 
E para celebralo, deixámosvos cun par de cancións.
 
Para poder escoitalas, visitade o noso bloque "Rego da auga" clicando AQUÍ

SAMAÍN 2015

Un ano máis celebramos a festividade do Samaín no noso centro.
 
Esta é unha tradición de orixe celta moi antiga que nos últimos anos estamos a recuperar.
 
Así foi que no CEIP Arteixo tamén nos sumamos a esta tradición ambientando o noso cole para a ocasión. As clases decoraron as súas portas con motivos terroríficos e, ademais, os rapaces e rapazas achegaron cabazas decoradas para engalanar os corredores.
 
Picade na imaxe de abaixo para visitar o noso blogue "Rego da auga" para poder ver imaxes de como quedou o noso cole para esta celebración. 
 

CURSO 2015-2016

Xa levamos máis dun mes de curso e aínda non vos déramos a benvida... hai que poñer remedio a isto inmediatamente!
 
Dende o equipo de Dinamización lingüística temos unha chea de actividades preparadas para este curso. 
 
A continuación deixámosvos unha serie de cartaces que resumen o que temos preparado. 
 
Esperamos que vos guste!
 
 
E lembrade que podedes visitar o noso blogue "Rego da auga" para seguir actualizad@s!

Rego da auga 2014-2015

Na seguinte link poderedes visionar e descargar a revista Rego da Auga de este curso.

https://www.dropbox.com/s/4e2cp1f2mmnjlta/Rego%20da%20Auga%202015.pdf?dl=0

Os animais

Aquí tedes un link á páxina web creada polo grupo de formación que se desenvolveu este curso no centro e que tivo como eixe de traballo aos animais.

 

https://sites.google.com/a/ceipdearteixo.org/sp-animales/

Distribuir contido


by Dr. Radut