Skip to Content

Blogues

DÍA DE ROSALÍA 2018

O pasado 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía no noso centro.

Para ver algunhas actividades que fixemos, podes picar AQUÍ e accederás directamente ao blog do EDLG "Rego da Auga".

 

VÍDEO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para ver o vídeo, premede no enlace que aparece a continuación.

VÍDEO DE 6ºB DE INFANTIL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

REGO DA AUGA 2017

Clica na imaxe para poder ver a edición deste ano da revista do noso cole.

 

DÍA DA PAZ 2017

Pica AQUÍ para ver como celebramos o día da paz no noso cole

 

 

 

DAMOS A NOTA

RECEITARIO

Que che apetece comer?

 

Mmmmmm... queres que che deamos algunha idea?

 

 Dentro de pouco teremos na biblioteca do noso cole uns libros de receitas saborosísimas que servirán de inspiración a todos os cociñeiros e cociñeiras.

 

 Pero, para facer isto posible, precisamos da vosa colaboración!!

 

 Participade na actividade de o "Receitario" achegando a vosa receita (fala co teu titor/a para pedirlle o modelo de formulario para redactala). Tedes ata o 16 de decembro para poder entregalas.

 

Cando teñamos todas as vosas receitas, xuntarémolas para formar uns libros de cociña excepcionais.

 

  Animádevos a participar!!

 

ACTIVIDADES PARA O CURSO 2016-2017

Xa están en marcha as actividades para este curso 2016-2017.

Podes consultar esta mesma información no noso blogue "Rego da auga".

Animádevos a participar!!

 

 

 

 

Revista Rego da Auga 2016

Xa é unha tradición que, chegando o fin de curso, saia unha nova edición da revista dixital "Rego da auga", que recompila traballos e actividades realizadas polo alumnado do centro durante este curso 2015-2016, axudando desta forma a dinamizar o uso da nosa lingua galega.

Se picades enriba da portada da revista poderedes descargala en formato .pdf

Dende aquí queremos agradecer a colaboración de todos os nenos e nenas que fixeron posible a elaboración desta revista, así como tamén aos seus mestres e mestras, en especial a Alberto Patiño, encargado da montaxe un curso máis... Moitas grazas!!

Actividade "Quen dis?"

Como xa vos anunciamos, durante este curso propúxose por parte do Equipo de Dinamización Lingüística a actividade "Quen dis?", consistente na elaboración dun cartaz informativo sobre personaxes galegas destacadas no eido da música, literatura, cine, deporte, economía, etc.

 

Aproveitamos para agradecer e felicitar a todos aqueles alumnos e alumnas que se animaron a participar nesta actividade e así axudarnos a difundir o traballo de moitos galegos e galegas destacados no seu ámbito. 

Noraboa a todos/as os participantes!!

Velaquí tedes unha mostra dos seus traballos:

 

 

 

Festa dos maios

A festa dos Maios é unha celebración tradicional galega na que se exalta a beleza da natureza cando chega a primavera. 

As súas orixes remóntanse a épocas prerromanas e, como o seu nome indica, a celebración normalmente coincide no mes de maio.

Durante a festa dos Maios realizábanse representacións e bailes arredor dunhas estructuras que adoptan formas do máis variado, feitas con adornos de flores, follas e froitos.

No concello de Arteixo xa fai anos que se vén celebrando a Festa das Flores na que se organiza un concurso de Maios.

Por primeira vez este ano o noso cole presentouse a este concurso con este Maio en forma de galo, que se realizou de forma colaborativa por parte de toda a comunidade educativa do centro. E... gañamos o concurso!! Moitas felicidades aos demais participantes e que vivan os Maios!!

Distribuir contido


by Dr. Radut