Skip to Content

SECRETARÍA

Novas da Consellería sobre o comezo escolar 2020-2021

 

Novas da Consellería sobre o comezo de curso 2020-2021

Para consultar as novidades pica aquí

SOLICITUDE CAMBIO DE MATERIA RELIXIÓN- ATENCIÓN EDUCATIVA- VALORES CULTURAIS E CÍVICOS

SOLICITUDE CAMBIO DE MATERIA RELIXIÓN- ATENCIÓN EDUCATIVA-VALORES CULTURAIS E CÍVICOS

O prazo para solicitar os cambios de materia optativa de relixión- atención educativa- valores culturais e cívicos será desde o mércores 2 de setembro ata o mércores 9 de setembro. Descargar abaixo documento adxunto.

Para poder entregalo en secretaría deberán pedir cita previa ao teléfono: 981 64 12 84

 

AUTORIZACIÓNS PARA A RECOLLIDA DE VALES DE MATERIAL E/OU LIBROS DE TEXTO

 

 

Autorizacións para a recollida de vales de material e/ou libros de texto

Os vales para material e/ou libros de textos entregaranse o luns 13, martes 14 e mércores 15 por orde alfabética da persoa solicitante (non do alumno/a) tal e como figura no aviso anterior.

Aquelas persoas solicitantes que non poidan acudir ao centro nesas datas teñen dúas opcións:

 

- Autorizar a unha persoa que o recolla no seu nome. Para iso deberá descargar o documento adxunto que figura abaixo, cubrilo cos datos solicitados e entregalo no centro no día da recollida. Deberá adxuntar tamén a fotocopia do D.N.I. da persoa que autoriza e da persoa autorizada.

- Recoller os vales no mes de setembro.

 
 

 

MATRICULA CURSO 2020-21

Comunicamos as familias o comezo do plazo de MATRICULA 2020-21 do 1 ao 10 de Xullo.

Deberán presentar a seguinte documentación debidamente cumprimentada e asinada por pai e nai (ou titores legais) na secretaría do Centro en horario de 9:30 a 12 horas:

1-Anexo de matrícula

2-Autorización de imaxe

3-Acatamento das normas do centro

4-Autorización información académica

5-Impreso de alerxias

6-Solicitude transporte (se lle corresponde o alumno/a)

Ademáis no momento da matrícula hai que aportar :

-2 fotos de carnet do alumno/a

-Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a

-Toda a documentación requerida no proceso de admisión e que non fose aportada no seu momento ;por exemplo: o padrón.

 

O servizo de comedor e madrugadores solicítase a través da ANPA.

 

A continuación adxuntamos os  documentos de interese para este proceso de matrícula.Poden recollelos na secretaría do centro ou  pinchar nos adxuntos para imprimilos.

FONDO LIBROS

A DOCUMENTACIÓN PARA FONDO LIBROS DEBE VIR XUNTO COS ORIXINAIS PARA O SEU COTEXO.

ADMISIÓN ALUMNADO 2020-21

Foi admitido todo o alumnado solicitante de praza nos seguintes cursos debendo formalizar a matrícula nos prazos establecidos (consultar ficheiro adxunto):

4º Educación Infantil
5º Educación Infantil
6º Educación Infantil
1º Educación Primaria
2º Educación Primaria
5º Educación Primaria
 
 
 

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR, E PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2020-2021

 

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR, E PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2020-2021


CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

 ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

-Prazo das solicitudes: 20 de maio ao 19 de xuño

-As  solicitudes poderán presentarse por vía electrónica (preferentemente) empregando a aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.No ficheiro adxunto atoparedes a documentación necesaria e as solicitudes para descargar.

-O horario de Secretaría do centro será de 9:30 a 12horas.O centro estará aberto únicamente para a entrega da documentación relativa as axudas de libros e material escolar.

Normas de acceso ao recinto escolar:

*Respectar as normas de seguridade.

*Acudir unha persoa por familia.

*Traer os ORIXINAIS dos documentos para cotexar.

*Para outras consultas poderán facelo a través do teléfono ou  correo electrónico do centro.

 

 Arteixo a 19 de maio de 2020

 

NOVA INFORMACIÓN SOBRE SOLICITUDES DE MATRÍCULA 2020-2021

INFORMACIÓNS REAPERTURA PROCESO DE ADMISIÓN

*A entrada será  pola porta de secretaría  e na medida do posible,unha única persoa para realizar a xestión.

*Rógase acudir con mascarilla,luvas e manter a distancia de seguridade (2 metros).

*Para axilizar os trámites,a documentación ten que vir debidamente cumprimentada e as fotocopias xunto cos orixinais.No ficheiro adxunto poden descargar a solicitude.

*O centro contará coas medidas de seguridade que se contemplan nos  Novos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. (CECOP do 5 de maio) no ámbito educativo e as recomendacións sanitarias recibidas nos centros.

*O  horario será de 9:30 a 12.00h e exclusivamente para o trámite de admisión de novo alumnado.

Para outras preguntas ou trámites podedes utilizar o correo electrónico ceip.arteixo@edu.xunta.es

 

 

 
 

SOLICITUDES DE ADMISIÓN 2020-2021

Segundo o Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo,polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19:

Quedan suspendidos os prazos administrativos para a tramitación de procedementos das entidades do sector público.O prazo retomarase cando remate a vixencia do Real Decreto, ou no seu caso,as prórrogas da mesma (disposición adicional terceira).

Instrucions Consellería de Educación

ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DÍAS SEN CLASE

Estimadas familias:

Estos días nos que a Xunta suspendeu a actividade docente nos centros, deben consultar a páxina WEB do centro por se o profesorado, lle achega actividades para o alumnado.

Atentamente.

DIRECCIÓN

 
Distribuir contido


by Dr. Radut