Skip to Content

SECRETARÍA + NOVIDADES + BAIXAR IMPRESOS + HORARIO ATENCIÓN AO PÚBLICO

CALENDARIO E SISTEMA DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Do mércores 9 ao venres 11 de decembro o horario de secretaría para recoller as máscaras será:

- De 09:45 a 11:45 horas.

- De 13:00 a 13:20 horas.

Será preciso pedir cita previa no 981 64 12 84.

 

Do luns 14 ao mércores 16 o horario de recollida será o habitual de secretaría: de 09:45 a 11:45 horas, con cita previa, para aquelas persoas que non puidesen acudir nas datas correspondentes.

Importante! Non poderá entrar no espazo de secretaría máis de unha persoa, o resto deberá esperar fóra respectando a distancia de seguridade.

 

As nais, pais ou titores/as legais do alumnado que non poidan acudir ao centro e queiran autorizar a outras que recollan as máscaras no seu nome, deberán cubrir, asinar o documento adxunto de abaixo, engadindo as fotocopias dos DNI de ambas, persoa que autoriza e autorizada.

 

 

 

 

CALENDARIO DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

DÍA

CURSO

Mércores 9 de decembro

1º e 2º de E. Primaria

Xoves 10 de decembro

3º e 4º de E. Primaria

Venres 11 de decembro

5º e 6º de E. Primaria

 

 

 

 

PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

Enlace ao DOG

  • A quen vai destinado?

- Alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial.

  • Quen ten que presentar a solicitude?

- O alumnado de Primaria que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 e que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. (Datos da renda e familiares do ano 2018)

Alumnado matriculado en Educación Especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

  • Que documentación debo presentar?

- Para consultar a documentación a presentar, consulta o arquivo adxunto. ABAIXO.

- Para descargar o Anexo I e Anexo II. PREMA AQUÍ.

 

  • Quen non ten que presentar a solicitude?

- O alumnado de primaria beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021. 

A concesión das máscaras é automática. Informaremos da xestión da entrega das mesmas na web.

 

  • Onde presentar as solicitudes?

- No centro educativo onde estea matriculado o/a alumno/a e de forma presencial (única forma de presentación) e con cita previa en horario de 9:50 a 12:45 horas.

Para solicitar cita previa chamar ao 981 64 12 84.

 

  • Cal é o prazo de entrega de solicitudes?

- Desde o luns 16 de novembro ata o venres 27 de novembro, ambos inclusive.

 

  • Onde e cando consultar a listaxe provisional de resolución?

- Informarase a través desta web para a consulta das mesmas, que será unicamente presencial, posto que non nos está permitido publicalas noutros medios ou espazos dixitais.

DOCUMENTOS COVID DO CENTRO. ACTUALIZACIÓN.

Actualización do Plan de Adaptación e do Plan de Continxencia do CEIP de Arteixo, segundo o Protocolo de Adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021 (versión 16-09-2020).

NOVOS HORARIOS DE ENTRADAS E SAÍDAS

Logo de ter observado, nestes primeiros días de inicio de curso, as entradas e saídas do alumnado, consideramos necesario facer certos reaxustes.

O alumnado usuario de transporte escolar non se verá afectado por este cambio de horario.

Os horarios quedarán como se indica a continuación.

Plans actualizados de inicio do curso 2020-2021

PLANS DE INICIO DO CURSO 2020-2021

Plans de inicio de curso, en base ás Instrucións do 31 de agosto de 2020, polas que se incorpora a declaración das últimas actuacións aprobadas en materia de Saúde Pública e as recomendacións sanitarias do Comité Clínico ao Protocolo de Adaptación ao contexto da COVID-19 para o curso 2020-2021(publicado o 22 de xullo)e ás instrucións da Dirección Xeral en relación ás medidas educativas que se deben adoptar no curso 2020-2021 (publicadas o 30 de xullo).

 

1. Plan de Adaptación á situación COVID-19 no curso 2020-2021 do CEIP de Arteixo.

2. Plan de Continxencia do CEIP de Arteixo.

3. Plan de Acollida do CEIP de Arteixo.

16 de setembro día non lectivo

Día non lectivo 

 

O próximo mércores 16 de setembro é día non lectivo por ser festivo local en Arteixo.

HORARIOS TRANSPORTE ESCOLAR

HORARIO DE RECOLLIDA DOS ALUMNADO TRANSPORTADO

 

LIÑA 1: 9:00h. Agarimo.

LIÑA 2: 9:05 h. Rozas-Groufa

LIÑA 3: 9:00h. Regocheo.

LIÑA 4 : 9:05 h. Igrexario-Loureda. Chegará a Ponte do Ba 1 ás 9:10h aproximadamente.

Estes horarios son aproximados. Os primerios días axudarán a ir axustando os horarios.

Horario escalonado para Educación Infantil

Recordámosvos que hoxe comeza Educación Infantil co horario de inicio escalonado, especificado no aviso publicado o  día 8 de setembro nesta web. 

HORARIOS ENTRADAS E SAÍDAS

HORARIOS ENTRADAS E SAÍDAS

 

BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO 2020/2021

 

Mañá comezamos un novo curso. Un curso atípico e con moitos cambios: profes novos, clases distintas, patios diferentes, frechiñas polos corredores ... novas normas e novas rutinas que van formar parte do día a día do cole. Os profes estamos preparando todo para que poidades desfrutar e aprender no cole igual que o faciades en cursos anteriores.

Este curso vai ser distinto, non sabemos moi ben como se vai desenvolver; o que sí podemos dicirvos é que imos facer todo o posible para que sexa o máis tranquilo e levadeiro posible. Para iso precisamos da vosa axuda, dos/das nenos/as e das familias. Pedímosvos tranquilidade, paciencia e comprensión.  O comezo deste curso está a resultar moi complicado pero estamos seguros/as que ca axuda de todos e todas, ímos conseguir que sexa un poquiño máis doado. Todos e todas temos que poñer da nosa parte.

Agradecemos desde aquí o apoio e o cariño recibido de tantas familias; para nós é moi importante. Tamén agradecemos a axuda do persoal non docente do centro e a colaboración da ANPA na preparación deste dificilísimo inicio de curso. O voso esforzo, sumou.

Vémonos mañá pero antes de despedirnos, aí van uns recordatorios: 

Mañá, xoves 10 de setembro, iniciarán o curso o alumnado de 1º, 3º e 5º de primaria, que xa non volverán ata o luns 14.

Debido a que a porta verde non se poderá empregar ata o luns, o alumnado de terceiro entrará pola porta azul. Os/as alumnos/as de quinto e primeiro  faranno pola porta vermella. 

O venres 11 só virán ao cole o alumnado de 2º,4º de 6º de primaria. O alumnado de 4º tamén entrará, excepcionalmente, pola porta vermella e os/as alumnos/as de segundo e sexto, pola porta azul. Este alumnado non volverá ao cole ata o martes 15.

O alumnado de Educación infantil comezará as clases o luns 14. 

Os horarios de cada día e cada curso  están especificados na proposta de inicio de curso escalonado publicada hai uns días. Consultádea con calma  para que non haxa confusións. Consultade tamén o plano das portas para saber por onde vos corresponde entrar.

O xoves 17 comezarán as clases todo o alumnado do centro, xa que o mércores 16 é festivo local.

 Esperámosvos mañá, cas vosas máscaras, e con moitas ganas de aprender. 

Desexámosvos un bo curso e, sobre todo, moita saúde.

 

Equipo Educativo de Ceip de Arteixo.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut