Skip to Content

Blogues

Samáin no CEIP de Arteixo!

O alumnado de Infantil celebra o Samaín! Premede na imaxe para ver o vídeo.

Vídeo da semana da familia

Rego da Auga 2019

Xa está aquí a edición deste curso da nosa revista Rego da Auga. Picade enriba da imaxe e poderedes descargar o pdf completo. 
Esperamos que vos guste!
 

ARTEIXO INDÍXENA

Dentro do noso proxecto anual, elaboramos dous vídeos coa colaboración do alumnado e profesorado do centro. Foron expostos estos días nas " IV Xornadas de Arteixo Innovación-EducaTIC" que se están desenlvovendo  esta semana en Arteixo. (Premede nas imaxes para acceder).

Proxecto: Cultura e linguas indíxenas

Enmarcado no proxecto de centro denominado a "cultura e as linguas indíxenas". O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria elaborou unha páxina web sobre a cultura e linguas indíxenas de Oceanía. Premede na imaxe para ir á web.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ 2019

BO NADAL!

Revista 2018

Xa está aquí! Xa chegou! A nosa revista "Rego da Auga" na súa edición do ano 2018.

 

Como sabedes, nesta revista recollemos unha recompilación de diferentes traballos e actividades que se realizaron durante o curso que está a piques de rematar.

 

Este ano publicámola en formato impreso para que cada aula do centro poidese contar cun exemplar. Pero, ademais, podédela consultar aquí en formato dixital. Podedes picar sobre a imaxe de aquí abaixo ou, tamén, deixaremos un enlace permanente na columna da dereita do noso blog Rego da Auga

 

Esperamos que a disfrutedes!

 

EuroArteixo

Xa non queda nada para a estrea mundial do CD de "Damos a nota 2018" que, como non podería ser doutra forma, este curso está ambientado na actividade de "Galeg@s por Europa".

 

Estade atentos/as porque pronto coñeceredes EuroArteixo.

 

ITALIA: Máis actividades da clase dos Elefantes

En entradas anteriores xa vos amosamos como os pequenos e pequenas de 3 anos estaban a traballar a gastronomía italiana.

 

Desta volta, na clase dos Elefantes, están estudiando unha fermosa cidade italiana: Venecia. E, como non podía ser doutra maneira, convertéronse en gondoleiros e gondoleiras que van navegando polas súas canles.

 

Aquí tedes unha mostra:

 

 

Gondoleirxs

 

 

Visita o noso blog REGO DA AUGA para ver esta e máis entradas sobre Galeg@s por Europa.

Distribuir contido


by Dr. Radut