Skip to Content

CORREOS DE CONTACTO

 

Nos seguintes adxuntos atoparán os correos dos mestres e mestras do Ceip de Arteixo

 

NOVIDADES 2ª AVALIACIÓN

Seguindo as instrucións do 27 de marzo, sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre:

1-Haberá informe de resultados da 2ª Avaliación ,na que ultilizaremos todo o material de seguimento e observación do alumnado ata o 12 de marzo.

2-A publicación das notas  da 2ª Avaliación será a través de Abalar móbil o venres 3 de abril ás 12 horas.Se non tedes a aplicación é moi sinxelo:

*Descargar a aplicación gratuita ABALAR Móbil

*Escribir o nº de teléfono

*Teclear o código recibido

*Introducir un contrasinal

Se tedes algún problema coa descarga,enviade un correo co nome do alumno/a e nº de teléfono a :

ceip.arteixo.cuarentena@ceipdearteixo.org

3-O profesorado continuará enviando e planificando tarefas para o alumnado.

 

Queremos agradecer dende o Ceip de Arteixo ao alumnado,familias e profesorado o esforzo común por manter, na medida do posible, a actividade lectiva nesta situación tan excepcional.

                                 Moito ánimo e saúde para todas e todos.

AVISO Servizos Sociais

AVISO IMPORTANTE COVID 19

Estimadas familias,

Seguindo instrucións das autoridades educativas,pedimos que comuniquedes ao correo electrónico creado para esta situación ceip.arteixo.cuarentena@ceipdearteixo.org os casos de afectados polo COVID 19 da nosa comunidade educativa,a efectos de poder facer o seu seguimento por parte da Secretaria Xeral Técnica,Xefatura Territorial e Inspección Educativa.Por favor,comunicade únicamente os casos POSITIVOS.

Moitas grazas pola colaboración.

Dende o Ceip de Arteixo desexamos que tod@s esteades ben.

Ánimo e ata pronto!

Atención ás familias

Alumnado de PT e AL

 

O alumnado atendido polos especialistas de AL e PT atoparán recursos,informacións e actividades neste blogue:

 

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES

SOLICITUDES DE ADMISIÓN 2020-2021

Segundo o Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo,polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19:

Quedan suspendidos os prazos administrativos para a tramitación de procedementos das entidades do sector público.O prazo retomarase cando remate a vixencia do Real Decreto, ou no seu caso,as prórrogas da mesma (disposición adicional terceira).

Instrucions Consellería de Educación

NOVO VÍDEO DO CONCERTO DE PABLO DÍAZ

DÍA DA PAZ NO CEIP DE ARTEIXO

Distribuir contido


by Dr. Radut