Skip to Content

DÍA NON LECTIVO

File:Logo Atencion Atencion 2013.png - Wikimedia Commons

O vindeiro luns 7 de decembro é día non lectivo. O próximo día de clase será o mércores 9.

CALENDARIO E SISTEMA DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Do mércores 9 ao venres 11 de decembro o horario de secretaría para recoller as máscaras será:

- De 09:45 a 11:45 horas.

- De 13:00 a 13:20 horas.

Será preciso pedir cita previa no 981 64 12 84.

 

Do luns 14 ao mércores 16 o horario de recollida será o habitual de secretaría: de 09:45 a 11:45 horas, con cita previa, para aquelas persoas que non puidesen acudir nas datas correspondentes.

Importante! Non poderá entrar no espazo de secretaría máis de unha persoa, o resto deberá esperar fóra respectando a distancia de seguridade.

 

As nais, pais ou titores/as legais do alumnado que non poidan acudir ao centro e queiran autorizar a outras que recollan as máscaras no seu nome, deberán cubrir, asinar o documento adxunto de abaixo, engadindo as fotocopias dos DNI de ambas, persoa que autoriza e autorizada.

 

 

 

 

CALENDARIO DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

DÍA

CURSO

Mércores 9 de decembro

1º e 2º de E. Primaria

Xoves 10 de decembro

3º e 4º de E. Primaria

Venres 11 de decembro

5º e 6º de E. Primaria

 

 

 

 

DATAS DE PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS E DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NA PARTICIPACIÓN DE MÁSCARAS

Luns 30 de novembro: publicación provisional das listaxes admitidas e excluídas.

Mércores 2 de decembro: publicación definitiva das listaxes admitidas e excluídas.

 

As listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do centro, tal e como recolle a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras e poderán ser consultadas en horario de secretaría. 

Nos próximos días publicaremos, nesta web, as datas e formas de entrega das máscaras do alumnado admitido.

 

DATAS DE PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS E DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NA PARTICIPACIÓN DE MÁSCARAS

PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

Enlace ao DOG

  • A quen vai destinado?

- Alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial.

  • Quen ten que presentar a solicitude?

- O alumnado de Primaria que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 e que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. (Datos da renda e familiares do ano 2018)

Alumnado matriculado en Educación Especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

  • Que documentación debo presentar?

- Para consultar a documentación a presentar, consulta o arquivo adxunto. ABAIXO.

- Para descargar o Anexo I e Anexo II. PREMA AQUÍ.

 

  • Quen non ten que presentar a solicitude?

- O alumnado de primaria beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021. 

A concesión das máscaras é automática. Informaremos da xestión da entrega das mesmas na web.

 

  • Onde presentar as solicitudes?

- No centro educativo onde estea matriculado o/a alumno/a e de forma presencial (única forma de presentación) e con cita previa en horario de 9:50 a 12:45 horas.

Para solicitar cita previa chamar ao 981 64 12 84.

 

  • Cal é o prazo de entrega de solicitudes?

- Desde o luns 16 de novembro ata o venres 27 de novembro, ambos inclusive.

 

  • Onde e cando consultar a listaxe provisional de resolución?

- Informarase a través desta web para a consulta das mesmas, que será unicamente presencial, posto que non nos está permitido publicalas noutros medios ou espazos dixitais.

VÍDEO DAS ARREPIANTES CABAZAS DE SAMAÍN

PREMEDE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

DECORA A TÚA CABAZA POLO SAMAÍN

DOCUMENTOS COVID DO CENTRO. ACTUALIZACIÓN.

Actualización do Plan de Adaptación e do Plan de Continxencia do CEIP de Arteixo, segundo o Protocolo de Adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021 (versión 16-09-2020).

NOVOS HORARIOS DE ENTRADAS E SAÍDAS

Logo de ter observado, nestes primeiros días de inicio de curso, as entradas e saídas do alumnado, consideramos necesario facer certos reaxustes.

O alumnado usuario de transporte escolar non se verá afectado por este cambio de horario.

Os horarios quedarán como se indica a continuación.

Novos horarios de entradas e saídas Primaria

Novos horarios de entradas e saídas Primaria

Novos horarios de entradas e saídas Infantil

Novos horarios de entradas e saídas Infantil
Distribuir contido


by Dr. Radut