Skip to Content

SECRETARÍA + NOVIDADES + BAIXAR IMPRESOS + HORARIO ATENCIÓN AO PÚBLICO

HORARIO ADMINISTRACIÓN DO 23 AO 30 DE XUÑO

HORARIO ADMINISTRACIÓN DO 23 AO 30 DE XUÑO

O horario de administración desde o  23 ao 30 de xuño será de 9:30 a 14:00 horas.

 

Lembren solicitar cita previa no teléfono 981 64 12 84 para calquera trámite ou entrega de documentación.

MATRÍCULA ALUMNADO NOVA INCORPORACIÓN CURSO 2021-2022

MATRÍCULA ALUMNADO NOVA INCORPORACIÓN CURSO 2021-2022

Fotos gratis : colegio, alumnos, niños, tablero, lápices de color,  mochilas, educación, aprendizaje, conocimiento, school enrolment, comienzo  de la escuela, vistoso, deberes, dibujos animados, art, jugar, ilustración,  recreación, personaje de ficción ...

Destinatarios: alumnado de nova incorporación ao centro. O alumnado xa matriculado no curso actual 2020-2021, non ten que realizar matrícula, ten praza asegurada por defecto.

Período de presentación de matrículas:Do luns 21 de xuño ao mércores 30 de xuño, ambos incluídos.

Onde presentar a documentación? Na secretaría do centro.

Cando? Desde o 21 ao 30 de xuño.

Como? Solicitando cita previa chamando ao teléfono 981 64 12 84 a partir do xoves 17 de xuño (non antes).

Que documentación presentar? Prema aquí.

Os impresos poderán descargarse directamente desde o anterior enlace ou ben pode ser recollidos na secretaría do centro (non antes do 17 de xuño), para o que non é preciso pedir cita previa.

Información sobre os servizos do ANPA Novo Arteixo. Prema aquí.

Para calquera información ou entrega de documentación relacionada coa ANPA dirixirse ao correo electrónico: anpaceiparteixo@gmail.com 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR.

Libros de colores Stock de Foto gratis - Public Domain Pictures

 

Fondo solidario de libros, axudas para a

adquisición de libros e material escolar

 

 

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23

  • Prazo presentación solicitudes: Do 19 de maio ao 22 de xuño, inclusive.
  • Modo presentación das solicitudes:

              - De xeito presencial na secretaría do centro educativo. Cumprimentar e descargar formulario normalizado anexo I e anexo II aquí ou tamén se pode obter na secretaría do centro xunto coa documentación solicitada.

              - De xeito informático: cubrindo o anexo dispoñible na aplicación informática Fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. para o que será preciso calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 

 

  • Destinatarios:    

             - Fondo solidario de libros: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

             - Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65% e alumnado con NEAE.

             - Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en Educación Primaria e Educación Especial.

 

 

Membros computables da unidade familiar:

a) Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

b) Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados. Terán a mesma consideración que os/as fillos/as as persoas en situación de tutela ou acollemento familiar ou preadoptivo legalmente constituído

c) Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

d) Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

e) A persoa proxenitora separada legalmente ou divorciada, cando haxa custodia compartida.

f) A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación de afectividade análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado, agás nos casos de custodia compartida.

Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.

 

Non terá a consideración de membro computable:

a) A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

b) O agresor, nos casos de violencia de xénero, (sempre que formase parte da unidade familiar). 

 

En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2020, agás cando unha sentencia de separación ou divorcio posterior a esta data atribúa a custodia a un dos dous proxenitores e nos caos de violencia de xénero que se aplicará o disposto na súa lexislación específica.

 

 

  • Documentación a presentar:

a) Anexo I e Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno/a e dos demais membros computables da unidade familiar.

c) En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademais, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

Excepcionalmente poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

✓ Certificado ou volante de convivencia no que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

 

d) Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia. (De ser o caso).

e) Violencia de xénero (sempre que o agresor forme parte da unidade familiar): Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. (De ser o caso).

f) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, no caso que corresponda. (De ser o caso).

g) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en tituación de tutela ou garda da Xunta de Galicia. (De ser o caso).

h) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor e titores carezan de DNI e NIE. (De ser o caso).

 

 Comprobación de datos:

As persoas que se opoñan á consulta automática de datos, Anexo II deberán marcalo e presentar:

- DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar.

- Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia. (De ser o caso).

- Percepción da pensión por incapacidade permanente total, absoluto ou gran invalidez, ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou teriro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ao 33%).

- Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na falta desta, o certificado tributario da imputacións no exercicio 2020 da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, de ser o caso.

 

A solicitude será única para todos os fillos /as admitidos no mesmo centro.

 

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2022/23, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2021/22. 

 

  • Para ser beneficiario do banco de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2021/2022. (A data límite para a súa devolución será comunicada por medio das persoas titoras e por ABALAR).

Importante: para a entrega de documentación no centro solicitar cita previa de xeito telefónico: 981 64 12 84

 

DATAS PUBLICACIÓN LISTAXES:

- Listaxes provisionais: 6 de xullo.

- Período de reclamación: dous días contados a partir da data de publicación das listaxes provisionais.

- Listaxes definitivas: 12 de xullo.

DÍA NON LECTIVO

 

File:Logo Atencion Atencion 2013.png - Wikimedia Commons

 

Lembrámoslles que o vindeiro luns 17 de maio o centro permanecerá pechado por ser festivo autonómico. 

PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2021-2022

Publicadas as listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido para o curso 2021-2022

nas que non houbo variacións con respecto ás listaxes provisionais publicadas anteriormente.

 

As listaxes están expostas no taboleiro situado no interior do centro educativo ao lado de secretaría.

 

O período para a formalización de matrícula abranguerá do 21 ao 30 de xuño, ambos inclusive.

A información sobre o procedemento para a formalización da mesma será publicado proximamente a través desta web.

 

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022

Ábrese o prazo para a solicitude de axudas de comedor para o vindeiro curso escolar 2021-2022.

Prazo: Do 10 de maio ao 10 de xuño.

Pode consultar toda a información sobre o procedemento e a documentación a presentar, premendo aquí. 

Descargar modelo normalizado da solicitude premer aquí.

 

Lémbrase tamén que  o prazo de presentación previsto para a Liña 2 (Libros e material didáctico para o 2º ciclo de Educación Infantil ): outubro 2021

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR O CAMBIO DA ÁREA OPTATIVA DE ENSINANZAS RELIXIOSAS PARA O CURSO 2021-2022

Ábrese o prazo para solicitar o cambio da área optativa de ensinanzas relixiosas para o vindeiro curso 2021-2022 do alumnado xa matriculado no centro educativo.

Prazo: Do 10 ao 21 de maio (ambos inclusive).

Modo de presentación das solicitudes:

- A través do correo electrónico: ceip.arteixo@edu.xunta.gal

- De xeito presencial, con cita previa, chamando ao 981 64 12 84

Poden descargar as solicitudes (documento editable) premendo aquí, ou ben recoller impreso na secretaría do centro en horario de 9:45 a 11:45 horas, sen necesidade de cita previa.

 

SOLICITUDE SERVIZO TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2021-2022

SOLICITUDE SERVIZO TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2021-2022

 

Aberto o prazo do 6 ao 20 de maio para solicitar transporte escolar para o curso 2021-2022. 

Para máis información, picar nos enlaces de abaixo.

Os impresos a cubrir son editables.

 

Impresos:

Circular informativa transporte escolar. 

Solicitude transporte escolar curso 2021-2022.

Solicitude baixa servizo transporte escolar.

DÍA NON LECTIVO

 

File:TextoAtencion.png - Wikimedia Commons

 

Lembrámoslles que o vindeiro luns 3 de maio, o centro permanecerá pechado por ser día non lectivo elixido polo centro. 

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022. LISTAXES PROVISIONAIS

Publicadas as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido.

Agás en 6º de Educación Primaria, no que houbo que baremar por non haber vacantes, no resto dos niveis todas as solicitudes presentadas foron admitidas.

Poderán consultar as listaxes no taboleiro situado no interior do centro ao lado de secretaría.

Para formular reclamación contra estas listaxes terán de prazo 5 días hábiles contados a partir de mañá.

Distribuir contido


by Dr. Radut