Skip to Content

USO DE MÁSCARAS NO INTERIOR DO CENTRO EDUCATIVO

Segundo o Real Decreto 286/2022 publicado no día de hoxe, o uso de máscaras deixa de ser obrigatorio nos interiores, agás no transporte público e no ámbito sanitario. A Consellería de Sanidade de Galicia, seguindo o “principio de prudencia”, recomenda continuar co seu uso no interior das aulas. Polo tanto, o uso da máscara por parte do alumnado no centro educativo queda a criterio das familias.

DÍAS NON LECTIVOS

Desde o día 11 e ata o día 18 de abril, ambos inclusive, o centro permanecerá pechado por ser días non lectivos. Voveremos ás aulas o martes 19 de abril.

O MANDADIÑO NO CEIP DE ARTEIXO. ENTROIDO 2022

OBRADOIRO CON FAMILIAS con Antonio Rial Boubeta: Tecnoloxía, convivencia e adiccións. Claves para educar.

 Para ver unha pequena sinopse do programa. Premer na imaxe.

PLAN DIRECTOR

Este ano 5º e 6º de Educación Primaria participan no " Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos".

A intervención centrarase no emprego responsable e seguro das novas tecnoloxías e no acoso escolar. Desenvolverase os días 4 e 11 de febreiro.

 

Máis información

CAMPAÑA PILABOT

O CEIP de Arteixo participa na 2ª edición do concurso PILABOT de recollida de pilas e acumuladores. Pódese traer calquera pila, pila botón, acumulador ou batería que estea precintada e que non sexa industrial nin de automóbiles.

Recollida ata o 31 de marzo

 

Máis información

INCORPORACIÓN ALUMNADO Á ACTIVIDADE LECTIVA (CASOS POSITIVOS CONFIRMADOS E CONTACTOS ESTREITOS)

 

Partindo das pautas sanitarias establecidas no Protocolo de vixilancia e control epidemiolóxico fronte ao virus SARS-COV-2 no ámbito educativo non universitario de Galicia, a incorporación á actividade lectiva do alumnado do centro determinado como contacto estreito ou caso positivo confirmado, levarase a cabo do seguinte xeito:

 

EDUCACIÓN INFANTIL

             CASO POSITIVO CONFIRMADO

Unha vez pasados os 7 días de corentena, o alumnado de Educación Infantil  incorporarase ao centro ao 11º día, xa que nesta etapa non se poden garantizar as medidas de vixilancia que deberán mantense nos días 8º, 9º e 10º. (Consultar páxina 3 da Guía de Preguntas Frecuentes, publicada na web do centro o pasado venres 28 de xaneiro)

             CONTACTO ESTREITO

No caso de ser determinado contacto estreito e ter que gardar corentena domiciliaria, o alumnado de Educación Infantil incorporarase o 11º día desde a data na que se inicia a corentena.

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

CASO POSITIVO CONFIRMADO

Unha vez pasados os 7 días de corentena, o alumnado de Educación Primaria  poderá incorporarse ao centro  ao 8º día.  Non se poderá facer uso do servizo de comedor e madrugadores ata o 11º día, xa que nos días 8º, 9º e 10º deberán manter as medidas de vixilancia (máscara e distancia mínima, entre outras) non garantizadas no servizo de comedor. (Consultar páxina 3 da Guía de Preguntas Frecuentes, publicada na web do centro o pasado venres 28 de xaneiro)

CONTACTO ESTREITO

No caso de que lle sexa realizada unha PCR entre os días 5º e 7º da corentena, e sempre que o resultado fose negativo, o alumnado de Educación Primaria poderá incorporarse  á actividade lectiva no 8º día desde o inicio da corentena. Non poderán facer uso do servizo de comedor e madrugadores ata o 11º día, xa que nos días 8º, 9º e 10º deberán manter as medidas de vixilancia (máscara e distancia mínima, entre outras), non garantizadas no servizo de comedor.

No caso de que non lle sexa realizada unha PCR entre os días 5º e 7º da corentena, o alumnado incorporarase ao 11º día, tanto á actividade lectiva como ao servizo de comedor e madrugadores (Consultar páxina 3 da Guía de Preguntas Frecuentes, publicada na web do centro o pasado venres 28 de xaneiro).

  

 

DÍA DA PAZ: "CADEA DE FAVORES"

PARA CONMEMORAR O DÍA DA PAZ GRAVAMOS ESTE VÍDEO

(PREMEDE NA IMAXE)

GRAZAS AO ALUMNADO E AO PROFESORADO POLA SÚA COLABORACIÓN

 

PREGUNTAS FRECUENTES SOBRE A XESTIÓN EPIDEMIOLÓXICA EN CENTROS EDUCATIVOS- XANEIRO 2022

Para a resolución de dúbidas referentes á conterena, medidas de  illamento, período de vixilancia e outras cuestións relacionadas coas medidas de prevención da COVID-19 nos centros educativos, a consellería realizou unha guía de preguntas frecuentes para a súa resolución. Para acceder á guía PREMER AQUÍ.

Recorden que ante un resultado positivo en COVID-19 deben notificalo inmediatamente ao teléfono habilitado ao respecto: 881 54 00 45 ou se prefiren facelo de xeito máis áxil poden facelo a través dun formulario de declaración responsable de autotest positivo on line moi sinxelo. Para acceder ao formulario: PREMER AQUÍ

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE USUARIOS DE COMEDOR ESCOLAR:

O alumnado que realice unha corentena domiciliaria de 7 días,  deberá extremar as medidas preventivas outros 3 días. Así, durante os días 8º, 9º e 10º, deberá seguir medidas de vixilancia e polo tanto é importante que: "Non realice actividades que impliquen quitar a máscara se non pode asegurar a distancia de seguridade". Así, durante estes días dito alumnado non poderá facer uso do servizo de comedor, xa que non se pode garantir a distancia mínima de 2 m sen uso de máscara. 

Así mesmo, o alumnado que obtivese un resultado positivo na Covid nos últimos 6 meses, estará exento de corentena e deberá seguir medidas de vixilancia ata pasados 10 días do último contacto co caso positivo. Polo tanto, este alumnado poderá asistir ao centro pero non deberá facer uso do servizo de comedor durante ese tempo, xa que non se pode garantir a distancia mínima de 2 m sen uso de máscara.

Para ampliar a información sobre medidas de illamento dun caso sospeitoso ou confirmado, medidas de corentena domiciliaria e medidas de vixilancia, recomendámoslles consultar a páxina 3, punto 1 da guía. Tamén poderán consultar dúbidas relacionadas ao respecto no teléfono 981 21 90 15.

 

 

 

PROTOCOLO PARA A DETECCIÓN DE INFECCIÓN POLO SARS-CoV-2 CON TEST RÁPIDO DE ANTÍXENO EN SALIVA EN CENTROS DE EDUCACIÓN PRIMARIA

PREMAN AQUÍ

Segundo este protocolo, o centro fará entrega dun test rápido de antíxenos en saliva, de carácter voluntario, para o alumnado de Educación Primaria que sexa determinado contacto estreito dun caso positivo.

Os contactos estreitos serán notificados ás familias a través do/a titor/a.

A recollida dos test terá lugar na administración do centro, de 8:45 h a 14:45h, nas 24 horas seguintes á comunicación por parte do/a titor/a.

No caso de obter un resultado positivo, deberán comunicalo á persoa titora á maior brevidade.

Co fin de realizar o seguimento e estudo do caso confirmado, a persoa responsable do/a neno/a deberá notificar o positivo a Saúde Pública a través do formulario de declaración responsable de autotest positivo dispoñible na páxina web do coronavirus ou chamar ao 881 540 045.

Distribuir contido


by Dr. Radut