Skip to main content

FONDO LIBROS, AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Posted in

Estimados pais e nais:

En relación ás axudas para libros de texto e material escolar para o vindeiro curso escolar 2020/2021 infórmolles que a orde do 12 de maio (DOG do 19 de maio de 2020) recolle o procedemento polo que se levarán a cabo ambas solicitudes e o procedemento de devolución dos libros, tanto os recibidos do fondo solidario como os adquiridos das axudas do 2019/2020.

Devolución de libros de texto

Debido as circunstancias motivadas polo COVID- 19, a devolución e recollida dos libros do curso 2019- 2020 poderá realizarse ata o 7 de xullo.

 Participación:

Hai diferentes modalidades :

Os alumnos de 1ºe  2º recibiran axudas para adquisicións de libros e os de 3º,4º,5º e 6º participarán no fondo solidario de libros.

Os alumnos/as que cursarán 3º,4º, 5º e 6º EP e 1º, 2º 3º e 4º da ESO  no próximo cursousarían os libros  dos alumnos/as dos cursos anteriores e nos cursos que non chegaran habería que completar exemplares mediante adquisición complementaria.

 Os libros de 3º, 4º, 5º e 6º teñen que mantelos en bo estado porque a final de curso serán devoltos ao Centro para ser reutilizados por outros alumnos/as.

A continuación poño no voso coñecemento os seguintes datos con respecto á solicitude das axudas para os libros de texto:

Forma de presentación:

Na convocatoria actual, igual que no curso anterior, poderán realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, https://www.edu.xunta.es/fondolibros/e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

• Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentarana no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación

• Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia

 Prazo para a presentación de solicitudes ata o 19 de xuño.

 Documentación:

Solicitude: será única para ambas axudas(libros e material) e para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente e será proporcionada polo centro ou poderase descargar en formato pdf e electrónico na dirección electrónica https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía eléctronica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Copia do libro de familia que figuren tódolos membros da unidade familiar
  • No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar deberá presentarse o documento emitido polo organismo competente que acredite esta circunstancia a 31 de decembro de 2018
  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor..

ASIGNACIÓN DE LIBROS E CONTÍA DE AXUDAS

Alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros: 210 euros (1º e 2ª de Educación Primaria) e 6 libros de texto (3º,4º,5º, e 6º de Educación Primaria)

Alumnado con renda per cápita superior a 6000 euros e igual ou inferior a 10.000 euros: 140 euros (1º e 2ª de Educación Primaria) e 4 libros de texto (3º,4º,5º, e 6º de Educación Primaria)

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado o alumnado matriculado en primaria con renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros será de 50 euros.

 RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR

Renda per cápita da unidade familiar: renda da unidade  familiar do exercicio fiscal 2018 dividida entre o número de membros computables.

Para os efectos do cálculo da renda per cápita, computarán por dous os membros da unidade familiar que figurando na solicitude que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, que acrediten unha pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou que teñan recoñecida a condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.Na declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2018, sumarase base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro ( recadro 460);cando non a presentase, teranse en conta os ingresos  de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Para ter máis información sobre as ditas axudas poden dirixirse telefónicamente ao Centro ou consultalo no portal educativo www.edu.xunta.es, ou no DOG do día 19 maio de 2020.

ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS.

Posted in

Modificación das programacións terceiro trimestre:

 

Por mor do estado de alerta provocado pola pandemia do COVID-19 adaptáronse as programacións didácticas por requirimento da inspección educativa. Una vez revisadas e aprobadas queda aquí o enlace a cada unha delas.

Estarán dispoñibles sempre no apartado de secretaria.

Educación Infantil:

4º de Educación Infantil (3 anos).

5º de Educación Infantil (4 anos).

6º de Educación Infantil (5 anos).

Inglés Infantil.

Educación primaria:

1º de Educación Primaria.

2º de Educación Primaria.

3º de Educación Primaria.

4º de Educación Primaria.

5º de Educación Primaria.

6º de Educación Primaria.

Educación Musical.

Educación Física.

Inglés.

Relixión.

Audición e Linguaxe.

Pedagoxía Terapéutica.

 

PRAZO DE ADMISIÓN 2020 -21

Posted in

 

 

PRAZO DE ADMISIÓN 2020 -21

 

Segundo a resolución do 5 de maio de 2020 publicada no DOG o mércores 6 de maio no seu Acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.

Establece:

1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

2. Novos prazos do procedemento.

a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento

administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de

admisión reduciranse á metade.

b) Novos prazos do proceso:

● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

3. Adxudicación subsidiaria de postos escolares. Con carácter excepcional, non se constituirán as comisións de escolarización. Todas as funcións para a adxudicación subsidiaria de postos escolares que se atribúen ao dito órgano do proceso de admisión serán asumidas e desenvolvidas polos servizos territoriais de Inspección educativa de cada unha das xefaturas territoriais da Consellería.

 

POLO TANTO O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES INICIARASE O DÍA 11 DE MAIO E REMATARÁ O 18 DE MAIO.

O HORARIO NO QUE O CENTRO PERMANECERÁ ABERTO PARA REALIZAR ESTES TRAMITES SERÁ DE 9:30 A 13:30. (RÓGASE CHAMAR ANTES PARA EVITAR AGLOMERACIÓNS)

TELEFONO: 986783094

MÓBIL 639122410

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: RICARDO CARBALHO CALERO

Posted in

Como corren os días familias!! Acabamos de caer na conta de que estamos a menos dun mes para o día grande das nosas letras e como o traballo para o coñecemento do autor homenaxeado adoita comezar antes queremos deixarvos unha moi recomendable iniciativa da Real Academia Galega. Trátase da Primavera das Letras creada para divulgar a figura e a obra do autor homenaxeado cada ano. Aquí atoparedes propostas moi interesantes: fichas para colorear, actividades interactivas, imprimibles para facer marcapáxinas e ata un concurso no que podedes participar.  Recordade que, a pesares de que se aprazou debido á crise sanitaria o pleno extraordinario que se celebraba cada 17 de maio ao próximo 31 de outubro, a RAG fai un chamamento para que o 17 de maio nos unamos todos nunha gran celebración colectiva botando man dos recurso dixitais. Imos aló?

(preme na imaxe para acceder aos recursos dixitais)

 

QUE MEDRE CORONAENREDOS!

Noticiónnnnn xente miúda!!! Estamos encantadas con todas as vosas aportacións para CORONAENREDOS pero queremos máis!! Queremos máis mensaxes de ánimo e solidariedade, queremos máis lambetadas e receitas culinarias, queremos máis deses fantásticos debuxos que inundan as vosas fiestras e casas, queremos que nos recomendedes os libros que estades a ler e que vos gustan, queremos que compartades con nós as vosas propostas de ocio, ... En fin, queremos que CORONAENREDOS medre e medre porque todo o que facedes non nos pode impotar e gustar máis!!! Así que artistazas, a compartir máis bonituras!  Quedades emprazados! Aperta grande mociños e mociñas!!

CAMPAÑA VIRTUAL: CALCETÍNS DESPARELLOS

Hoxe, a fundación Down Compostela, convida e anima a conmemorar o día mundial da Síndrome de Down vestindo calcetíns de diferentes cores e compartindo ese testemuño nas redes sociais cos cancelos "TanDiferentesComoIguais" e "CalcetínsDesparellos". Dende este curruncho dixital, as mestras e mestres do cole queremos apoiar a diversidade sumándonos con estas fotos a esa bonita iniciativa. E vós, a que estades agardando? Bulide!! Animádevos familias e coleccionade, grazas a chamamentos como este, fermosos e divertidos momentos durante este confinamento!!!!

CORONAENREDOS E ARTISTADAS EN FAMILIA

Ola alumnado e familias! Hoxe queremos adozar un pouco estes días de confinamento e illamento obrigado con imaxes que moitos de vós estades a enviar e que imos incorporar de forma ordenadiña nunha nova sección que leva por nome "CORONAENREDOS". Son imaxes que amosan verdadeiras obras de arte e supermolonas actividades plásticas (manualidades, debuxos, pinturas, construccións,...) que estades a realizar na casa coa axuda das vosas familias. E para mostra un botón.....  Nace pois unha nova sección, unha nova aventura..... atrevédesvos a participar? 

Distribuir contido