Skip to main content

ORIENTACIÓN

Ola! Nestes catro documentos atoparedes unha serie de actividades para realizar en familia que axudan a xestionar o tempo de maneira produtiva. Como vedes, están divididos en: Educación Infantil, 1º, 2º e 3º ciclos de Educación Primaria.

20200507CadernoEI: https://drive.google.com/open?id=1XXYCwNpZClTxAuY4OQWCHMw-VKdwxYSA

20200507Caderno1ºciclo: https://drive.google.com/open?id=1uAnLKb2UqJEHjBwHi7dLlTJoHho9fJp-

20200507Caderno2ºciclo: https://drive.google.com/open?id=1DWXDtCVpcmvOPYfMkYi_sX9XqTl4XVFW

20200507Caderno3ºciclo: https://drive.google.com/open?id=1ukpi7JKP33l1qAuKwFFvzKS48EwCcMTp

 

__________________________________________________________________________________________

 

Estes documentos son diferentes contos divertidos. Atopades algúns relacionados coa saída á rúa dos pequenos/as e co coronavirus, un conto para colorear e contos populares contados de diferentes maneiras. Disfrutádeos!

 

20200427Conto: https://drive.google.com/open?id=1Gb6xcR5aNaP0kMWZghjk9kFEDuQhKZK_

20200427Contocolorear: https://drive.google.com/open?id=16WQeCfwb75-a6sqhDxHX5H0fZmsc09sz

20200427Contorúa: https://drive.google.com/open?id=1j7HMOv6yYLANaBKiDd1Q8BCPL0KAFxQK

20200427Contosuperheroe: https://drive.google.com/open?id=1gvYy39q1fXcfGJwuo_OWTJ4kBBQU4zw_

20200427Contospopulares: https://drive.google.com/open?id=1uIqnO710hbcTINyF9YI8eyqpwkrqn0H2

 

Igualmente, tedes aquí un diploma que podedes cubrir cos datos dos nenos e nenas, outorgado por portarse tan ben neste confinamento!

20200427Diploma: https://drive.google.com/open?id=14i53nASvo22GOjmyCnKtF8Q2Kd9KZYcF

 

Este documento vai dirixido aos maiores. Trátase dunha guía para o acompañamento emocional na infancia durante o período de confinamento. Lédeo e tédeo en conta, pode ser moi útil nestes días.

20200427Acompañamentoemocional: https://drive.google.com/open?id=1RbV9OpfHtbu-U8QkkR9XNreKqaRh1mCz

 

__________________________________________________________________________________________

 

O MEU FILLO NON ME FAI CASO!!!! QUE PODO FACER?

Estes días recibimos das familias mensaxes de axuda de cara á conducta dos seus fillos á hora de acatar normas, de afrontar as tarefas escolares,...

Ademais do apoio particular que os titores amosaron a cada unha destas familias, deixamos aquí uns documentos que poden servir de axuda.

20200423 Carta da orientadora: https://drive.google.com/open?id=1bImsp2tp1LVFC4UE-8FYOzt99Sf9K7_q

20200423 Establecer hábito de estudo: https://drive.google.com/open?id=14OmzRodIOJJfR6-OTOjiS0cpzKESG4Jz

20200423 Programa escolar de desarrollo emocional:https://drive.google.com/open?id=14OZLYRkhDggw18fAizMiZrWaCWP4st9i

20200423 Emocións:https://drive.google.com/open?id=14KespU-aRLSjVgiTuZW_qdn80Yfl1sLe

20200423 Xogo emocións: https://drive.google.com/open?id=14MXG_Aka_I8HHAx1iYUfftu4N1CenE_a

 

______________________________________________________________________________

Queridas Familias,

Nesta situación límite para todas as persoas, hoxe máis ca nunca, gústanos sentir que somos un equipo e que imos cara o mesmo obxectivo: superar esta crise coas menores secuelas posibles!!!

Aínda que para as nenas e nenos os primeiros días a idea de estar fóra da escola durante unhas semanas lles soara incrible, probablemente imaxinaron algo tan divertido coma unhas vacacións, hoxe a realidade é outra, están atrapadas/os na casa e non ven ás amigas e amigos!!!

Pode que xa teñades un horario máis ou menos estrito para as vosas fillas e fillos. Pode que teñades altas expectativas de aprendizaxe, incluíndo actividades en liña, repasar materias, rematar traballos... Sempre poñendo límites ao uso da tecnoloxía e das pantallas en xeral...

Nunca antes experimentaramos algo así!!! As nosas nenas e nenos senten tanto medo coma nós agora mesmo e poden escoitar todo o que está a suceder ao seu redor, senten a nosa tensión e ansiedade, polo que podemos ver un aumento dos problemas de comportamento na casa... Xa sexa ansiedade, ira ou protesta porque non poden facer as cousas habituais con normalidade, isto sucederá... Tamén veredes máis desgustos e levarán máis a contraria do habitual... Isto é o esperado nestas circunstancias.

Para mellorar as relacións familiares lembrade algunhas orientacións para unha disciplina positiva na casa:

  • É importante facer unha asamblea: reunión diaria da familia (sempre á mesma hora: á mañá e á noite) para falar do que sinten e axudarlles a falar e expresar as súas emocións, dúbidas, medos, inquedanzas... Tamén serve para decidir que actividades se van realizar. Algunhas das actividades realizaranas todos os días e non están suxeitas a modificación nin a negociación (horario de comidas, tarefas escolares e responsabilidades familiares).
  • A actitude que vexan en vós é a que van adoptar eles e elas, procurade manter a calma nas conversas e nos actos.
  • Transmitídelles que a responsabilidade neste momento é de todas/os, empezando pola propia casa, onde cada un/unha terá as súas.
  • Procurade xestionar racionalmente o tempo da dedicación ás redes sociais e ás pantallas en xeral.
  • É aconsellable que escriban un diario no que plasmen as súas emocións, dúbidas, medos e inquedanzas.
  • Pensade en positivo para sacar das fillas e fillos o mellor que teñen.
  • Informade á familia apartires de fontes fiables (Consellería de Sanidade, de Educación e dos correspondentes Ministerios).
  • Non escollas pelexar coas fillas/os porque non queiran facer tantos exercicios! Non lles berres por non cumprir todo o horario nin lles obrigues horas de traballo se se resisten!
  • Na medida das posibilidades, xogade con elas/eles e facede paseos de conversa arredor do maior perímetro co que contedes. Facede galletas, pintade cadros... Xogade a xogos de mesa, vede películas xunt@s, buscade viaxes virtuais... Comezade un libro e lédeo xunt@s en familia... Sumídevos baixo mantas no sofá e non fagades nada... É importante aprender a “aburrirse”, a estar sen facer nada...

As nenas e nenos precisan agora máis ca nunca sentirse aceptadas/os, apoiadas/os e queridas/os. Sentirse seguras/os e protexidas/os diante desta situación, sentir e saber que todo vai estar ben. Pode axudarnos que non nos sintamos presionadas/os por programacións horarias perfectas e que deixemos máis espazo a algo tan importante como é amosar todo o amor e respecto que sentimos polas persoas coas que convivimos, nenas e/ou maiores!!!

Non vos preocupedes por se quedan atrás na escola. Lembremos que toda a comunidade está pasando por unha situación de estrés transitoria e non todo son cuestións académicas, non esquezamos o eido emocional do alumnado.

Gustaríame compartir esta opinión con toda a comunidade eductiva: ao remate de todo isto, a saúde mental das nenas/os será máis importante que o seu rendemento académico e o que sintan e vivan durante este tempo quedará sempre na súa memoria, mentres que dos “deberes” que fagan esqueceranse. O prioritario é a xestión das nosas emocións, teñamos isto presente todos e cada un dos días que dure esta situación!

Quedade NA CASA a salvo, mental e físicamente, todo o posible! Un abrazo a TODAS e TODOS.

 

 

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

Déixovos agora uns enlaces que poden ser do voso interese.

 

  • Este é un conto para explicar o coronavirus aos máis pequenos: 
 
  • Estes dous enlaces seguintes tratan de medidas a ter en conta para coidar a "hixiene mental" contra o coronavirus: 

20200321Recomendacións: https://drive.google.com/open?id=1l_P0-BMChO3YDQ7cXOY0E91k2KnUH2Rs

20200321Hixienepsicolóxica: https://drive.google.com/open?id=1HgLI5zX1t17sOUxQm0j_69cMrTyCY3tz

 

  • Este enlace é unha instrucción dada polo Ministerio de Sanidade en relación ás persoas con autismo (20200321):

http://www.autismo.org.es/actualidad/articulo/el-ministerio-de-sanidad-dicta-una-instruccion-que-permite-las-personas-con

 
  • Aquí déixovos unha guía de actividades que se poden facer na casa para non aburrirse (atoparedes enlaces a películas e series, a libros, receitas, visitas a museos, etc.):
 
  • Queda aquí o sitio web creado polo Ministerio de Educación e Formación profesional onde atoparedes recursos para familias e docentes, a partir dos que podedes traballar cos pequenos/as (20200324):
 
  • Neste enlace podedes atopar material didáctico gratuito adicado a mellorar a autoestima co traballo das emocións e os valores. (20200327)

https://www.palabrasaladas.com/material_didactico_gratuito.html

 

  • Aquí atopades un documento chamado "Retrincos de cores" que vos axudará a comprender e xestionar as vosas emocións nestes tempos que estamos a vivir:

20200330Retrincosdecores: https://drive.google.com/open?id=1kH17TPcPTnQr1_wegWm8xDlCeXwP8GWw

 

  • Neste documento vedes diferentes enlaces que vos levan a experimentos para facer cos máis pequenos/as... Moi divertidos!

20200330Experimentos: https://drive.google.com/open?id=1HnHR-dxt0wT35a_QP7lXNNPanADyo-Yf

 

  • Agora déixovos un enlace a un conto que axudará aos cativos/as a aprender a lavar as mans correctamente, moi útil para manter unha hixiene axeitada! (20200330):

https://aprendicesvisuales.com/p/lasmanosdejose/

 

  • Aquí tedes un conto para contarlles aos máis pequenos/as onde explica o que é o coronavirus dun xeito que eles o poidan entender.

20200402Bichiño: https://drive.google.com/open?id=1Fl8ONjR9EGOtOYe1iZa_Bq9A617JD0-c