Actividades

Actividades

A arte de aprender

Benvidos a arte de aprender. O museo "A Fraga do Trasno" abre as portas para presentarvos o proxecto anual de Biblioteca.

Podedes acceder a toda a información premendo nas imaxes.

 

DÍA DO LIBRO DENDE A AULA DE AUDICIÓN E LINGUAXE

Etiquetas :

Boa tarde!

Adxunto un pequeno resumo das actividades feitas dende a aula de Audición e Linguaxe para celebrar o Día do Libro. 

Agardo que vos guste. 

Podedes velo premendo no enlace.

 

 

Día do libro 2023

Etiquetas :

Durante estas semanas fixemos unha actividade para que os nenos e nenas nos contaran cal é o seu libro favorito e, de paso, poñer en práctica, os profes, todo o aprendido no noso PFPP.

Feliz día do libro a toda a nosa Comunidade educativa!

Día de Rosalía

Etiquetas :

O pasado venres 24 de febreiro celebramos no cole o día de Rosalía. Durante esa semana os nenos e nenas do colexio traballaron diferentes actividades e poemas da escritora galega.

Premede nas imaxes para ver o vídeo resumo ou para escoitar por aulas o poema escollido.

 

     

    

      

Se o entroido con Picasso queres celebrar, nos mandatos do trasno terás que participar

 

Preme na seguinte imaxe para ver o vídeo dos mandatos.

Magosto 2022

Durante a xornada do pasado venres tivemos o magosto no centro. O noso alumnado degustou o froito típico desta época e tivemos o pracer de desfrutar duns xogos populares organizados polo mestre Ramiro, profe de Educación Física.

Pasámolo xenial. Podedes ver un resumo da nosa xornada no seguinte link.

https://www.canva.com/design/DAFR6oYERxc/OuE0yBm5ipc945Z_VmM4FA/watch?ut...

 

Samaín 2022

Onte foi un gran día, de diversión, "medos" e moitas risas. 

Tivemos a elección das mellores cabazas por parte do alumnado, entregáronse os certificados de participación no concurso de redacción de historias de medo, xogamos todos e todas coa nosa nova pizarra interactiva da Fraga do Trasno, houbo fotos no Photocall, tivemos scape e rematamos o día cos nosos mestres e mestras para ter as nosas recompensas do xogo cooperativo.

Podedes ver un resumo no seguinte enlace:

https://www.canva.com/design/DAFQWH6jukw/P74RKAJ_5w1qJHDyjXStnA/watch?ut...

Scape vida Picasso

O pasado venres, aproveitando que era o último de mes, o noso Trasno Aquilino mandounos un xogo que podedes volver a realizar se picades na páxina da Fraga, no menú da dereita.

Aquí vos deixamos un vídeo resumo da actividade.

https://www.canva.com/design/DAFN7cNNIm8/DqLWb7WbIjijOVC-k-7EoA/watch?ut...

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design