NOVAS 2012 |
CANDIDATOS/AS QUE RESULTARON ELIXIDOS NAS VOTACIÓNS PARA A ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DOS DISTINTOS SECTORES NO CONSELLO ESCOLAR DESTE CENTRO-NOVEMBRO 2012 |
|||
A Xunta Electoral encargada de dirixir o proceso electoral para a renovación do Consello Escolar deste Centro, en reunión celebrada o martes, día 20 de novembro, levou a cabo o sorteo para conformar a mesa electoral que presidirá a votación dos representantes dos pais/nais, quedando a mesma da seguinte maneira -deberá acudir a formar a mesa o pai ou a nai, insistintamente):
|
|||
A XUNTA ELECTORAL NA SÚA REUNIÓN DO PASADO MARTES, 13 DE NOVEMBRO DE 2012, ENTRE OUTROS ASUNTOS, ACORDOU O SEGUINTE: Vilalba, 13-11-2012 |
|||
A Xunta Electoral, en reunión celebrada o día 6 de novembro de 2012, acordou establecer o seguinte calendario para a renovación parcial do Consello Escolar deste Centro. Vacantes a cubrir en representación do PROFESORADO: TRES. (Votacións o día 27, ás 15:45) |
|||
MARTES, DÍA 23 DE OUTUBRO, LEVASE A CABO O SORTEO PARA CONFORMACIÓN DA XUNTA ELECTORAL. A Dirección do CEIP “A. INSUA BERMÚDEZ” de Vilalba informa a tódolos membros da comunidade educativa da apertura do proceso electoral para a renovación parcial do Consello Escolar, ao abeiro do estipulado na Resolución do 7 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións dos membros dos consellos escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos. A tal efecto, hoxe, martes, día 23 de outubro, ás 16,30 horas, terá lugar, nas dependencias do Centro, o sorteo público para a constitución da Xunta Electoral que supervisará todo o proceso. A referida Xunta Electoral estará formada polos seguintes membros: - O Director do Centro, que exercerá como Presidente.
|
|||
CONSERVATORIO.- Os nenos e nenas de Primaria divertimonos de lo lindo coa presenza, un ano máis, dunha representación dos grupos de corda e vento do Conservatorio de Vilalba que nos explicaron as caracterísiticas de cada instrumento, agasallándonos ademais coa interpretación de varias pezas musicais. TEATRO.- Uns día despois volvimos a pasalo pipa presenciando uns pasaxes da obra que o grupo Teatro Merlín ía poñer en escea o domingo seguinte no Audotorio Municipal de Vilalba. Foron dous momentos moi interesantes do mes de setembro, dos que tedes unha pequena mostra na composión fotográfica da cabeceira.
|
|||
COMEZO DO CURSO: DÍA 12 DE SETEMBRO HORA DE ENTRADA: 9:30 ORGANIZACIÓN DA ENTRADA:
* ALUMNADO DE INFANTIL 4 e INFANTIL 5 ANOS: Cando toque o timbre, irán directamente ao patio de Infantil, sen pasar polo interior.* ALUMNADO DE INFANTIL 3 ANOS: Os Pais/Nais están convocados a unha reunión previa que terá lugar o luns, día 10, ás 11:30.* ALUMNADO DE 2º, 4º E 6º DE PRIMARIA: Cando toque o timbre, irán directamente ás aulas que tiñan o curso pasado.* ALUMNADO DE 1º, 3º, 5º E O DE NOVA MATRÍCULA: Cando toque o timbre, irán directamente ao Comedor, desde onde se lles indicará as súas aulas o os respectivos titores/as.
NOTA: Unha vez nas aulas, os primeiros minutos poderán ser utilizados por parte dos titores/as para informar aos pais/nais do alumnado dos principais aspectos a ter en conta neste comezo de curso.
1º PERÍODO: 9:30 – 10:25
- HORARIO COMEDOR: 14,30 - 15,30
PROFESORADO CURSO ESCOLAR 2012-2013 (prema para abrir a relación do profesorado 2012-2013)
|
|||
|
|||