O blog de AL xa está aquí!!

Estes días estamos presentándovos moitas novidades para dar resposta as vos@s necesidades e as d@s vos@s fill@s.

A mestra Mari, especialista de Audición e Linguaxe, é consciente da importancia de seguir traballando a linguaxe e a comunicación durante estes días de confinamento, por iso ofrécenos a posibilidade de facelo a través do seu blog.

Animádevos e descubriredes unha morea de actividades divertidas e moi útiles!

Álbum: 2019/2020 -> Blog AL

3 anos estrea blog

Que alegría!!

A mestra Tania preparou para a súa clase un recuncho no que atopar lecturas, vídeos, actividades para realizar en familia...

Convidámosvos a visitalo no noso apartado de "Blogs de centro".

Álbum: 2019/2020 -> Blog 3 anos

OS RETOS DE 3º!

A clase de 3º propúxose facernos pasar un bo ratiño nestes días nos que vén moi ben estar entretid@s.

Grazas por estes divertidos chistes, o voso "truco de maxia", as adiviñas e o máis complicado ata o momento... AS MENSAXES SECRETAS!!

¡EXTRA, EXTRA!

O obradoiro de Cazanoticias tiña previsto a estrea do seu blog para a semana pasada, coincidindo coa semana da prensa.

Dadas as circunstancias gustaríanos que a visualización das reportaxes e entrevistas que realizaron durante o trimestre nos axude a pasar estes días algo máis entretid@s.

Noraboa a tod@s @s participantes e as mestras Antía e Yolanda!!!

Visitádenos!!

Álbum: 2019/2020 -> Blog Cazanoticias

A clase de 4º informa sobre o Coronavirus

@s alumn@s de 4º, as súas familias e o profe Daniel prepararon para tod@s unha explicación moi interesante sobre o Coronavirus.

Noraboa por este traballo tan impresionante e por o esforzo de todo o equipo!

Blog de Orientación

Un día máis presentámosvos algunhas novidades na nosa web.

@s profes Manu, Mari e Yolanda poñen a disposición de tod@s unha morea de recursos divertidos para seguir estes días nas vosas casas.

Desde o BLOG DE ORIENTACIÓN podedes acceder a xogos e recomendacións que as mestras de PT e AL e o ORIENTADOR recompilaron para tod@s nós.

Animámosvos a visitalo!

 

Álbum: 2019/2020 -> Blog orientación
Distribuir contido