Inicio de Sesión

Conmemoracións

Magosto 2021

O pasado xoves 11 de novembro celebramos o MAGOSTO. Nesta ocasión contamos coa colaboración da asociación do Olmo, que foron os encargados de asar as castañas, e a ANPA do centro que as mercou.

Comezamos a xornadaa coa elaboración dunha mandala que fixemos, por turnos, entre todo o alumnado do centro, posteriormente degustamos as castañas asadas e rematamos con xogos tradicionais, respectando en todo momento as medidas anticovid.

Tedes as fotos da xornada na galería ou no seguinte enlace: MAGOSTO

 

Magosto 2021 de Andrade Cole

Samaín 2021

Este ano debido a situación COVID coa que seguimos a convivir, para celebrar o SAMAÍN, o alumnado veu disfrazado da casa e podían traer merendas terroríficas. A idea era realizar unha celebración cos compañeiros de aula.

Ao longo dos días previos celebramos un concurso de debuxos e contos de Samaín. Parabéns aos gañadores.

Tedes as fotos na galería: FOTOS SAMAÍN

MAIOS 2021

Coma todos os anos, este ano tan especial pola situación de pandemia que estamos a vivir, tamén celebramos o MAIO.

Se queredes ter máis información podedes visitar o GALEBLOG.

E se vos gustou podedes facer algún comentario.

Tedes as imaxes na nosa galería de fotos: FOTOS MAIOS.

 

 

Letras Galegas 2021

Xa podedes consultar as actividades propostas para a celebración das Letras Galegas 2021, no blogue da biblioteca.

Podedes acceder dende o seguinte enlace: Letras Galegas 2021

Lecturas compartidas en familia

Lecturas compartidas en familia

Este ano para celebrar o día do libro, solicitamos a todas as familias que compartades con nós un video-conto en familia.

Para poder ver os vídeos que xa están compartidos podedes acceder ao blog da biblioteca: SOÑOS DE ANDEL

Grazas a todos/as pola vosa colaboración.

 

 

 

 

Rosalía, Muller e Poesía

No blogue da biblioteca atoparedes máis información sobre esta celebración. clicade na seguinte imaxe.

Rosalia, Muller e Poesía

Mandas da meca Osamenta

Para celebrar o Entroido, comezamos cos mandatos do meco. No blog de galego tedes as mandas para toda a semana.

Clicade na imaxe para acceder ao Galeblog.