O pasado xoves 30 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ 2014.
En primeiro lugar explicamos por que celebramos este día e o seu significado. Despois unha presentación sobre a vida de "Nelson Mandela", seguida dun cuestionario de preguntas.
Continuamos coa canción africana adicada a Mandela: "Jambo".
Para rematar, cada curso explicounos o seu traballo en torno a unha das frases célebres de Mandela:
3 anos: Despois de escalar unha montaña moi alta descubrimos que hai máis montañas por escalar.
4anos: A gloria non está en non caer nunca, senón en levantarse sempre.
5 anos: A Educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo.
1º : Son o dono do meu destino, son o capitán da miña alma.
2º: Se queredes facer as paces co voso enemigo, tedes que traballar co voso enemigo, entonces convírtese no voso compañeiro.
3º: Os valentes que desexen conseguir a PAZ, non terán medo a perdoar.
4º: Todo parece imposible hasta que se fai.
5º: Non hai revelación máis intensa da alma dunha sociedade, que o xeito no que trata aos seus nenos.
6º: Se non hai comida cando se ten fame, se non hai medicamentos cando se está enfermo, se hai ignorancia e non se respetan os dereitos básicos das persoas. A democarcia é unha cáscara baleira, aínda que todos os cidadáns voten e teñan Parlamento.
Tedes as fotos na GALERÍA. Os vídeos podédelos atopar no seguinte enlace: VÍDEOS.