Dinamización biblioteca

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Celébrase o 2 de abril, coincidindo co nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. O obxectivo é espertar o interese polos libros e a lectura nos nenos e facer diso un hábito de vida.

Foi proclamado pola Organización Internacional para o Libro Xuvenil (IBBY), colectivo sen ánimo de lucro composto por asociacións e persoas de todo o mundo comprometidas coa idea de propiciar o encontro entre os libros e a infancia.

Cada dous anos, IBBY outorga o premio Hans Christian Andersen a un autor e a un ilustrador. Este premio é o máis alto recoñecemento internacional outorgado a autores de libros para nenos e novos.

Este é o cartaz deste ano. Titúlase Fame de Palabras.

Todos nós esperamos que non teñades fame de palabras. E para que vos alimentedes ben iremos subindo enlaces das páxinas que desinteresadamente nos ofrecen os seus títulos para que poidamos seguir lendo ainda que sexa a través do móbil, táblet ou ordenador.

Aquí tendes títulos de Baía Edicións para ir abrindo boca. Na sección "Este tempo na casa>Para ler" iremos poñendo máis enlaces que permitan a descarga de libros.

Felices lecturas a todos e todas!!!!

 

Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

O 2 de abril é o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Celebramos este día dende o ano 2007. Foi decretado polas Nacións Unidas co obxectivo de mellorar a calidade de vida tanto da poboación infantil como os adultos.

Que é o autismo? Pode que neste vídeo atopes algunhas respostas.

 

Este ano, a campaña quere transmitir a importancia do acceso á educación e ao emprego de calidade do colectivo TEA. Así o lema é "Podo aprender, Podo traballar" e a imaxe son varias mans sostendo ferramentas que representan as diferentes habilidades de cada persoa. Podemos apoiar esta campaña compartindo foto, video ou gif facendo o xesto da campaña xunto ao hashtag #DíaMundialAutismo.

A cor que representa o autismo é o azul, sabes por que? O azul é a cor do mar, que moitas veces o vemos moi tranquiliño (coma un prato) e outras veces moi furioso e tormentoso.

#LIUB Ilumínao de azul

         

Día Mundial do Teatro

O 27 de marzo de cada ano celébrase o Día Mundial do Teatro e foi creado polo Instituto Internaconal do Teatro (ITI) no ano 1961. O seu principal obxectivo é dar a coñecer o que representa o teatro para a cultura a nivel mundial. Dende a Biblioteca convidámosvos a buscar títulos de obras de teatro e enviarllas aos vosos titores.

Un par de exemplos que temos cerca, serían:

"A bicicleta de Ana María", do grupo de teatro Airiños

"Os vellos non deben namorarse" de Castelao

Ademais, para celebrar este día podedes desfrutar dunha obra de Caramuxo Teatro titulada "Na Casa" ou doutra de perfil máis afeccionado titulada "A vasoira e a fregona" (A ver se recoñecedes á autora)

 

 

Primeiro capítulo

Segundo capítulo

Terceiro capítulo

 

 

Frederic

Ola familias!!

Dende o equipo de biblioteca queremos compartir con vós este fermoso conto que seguro moitos xa coñecedes.

A peculiaridade é que está en portugués, pero ides ver que non é nada difícil de entender.

Moito ánimo a todos e todas!!!!

Frederic

Día da poesía

O 21 de marzo foi o día da poesía. Merlín estivo elixindo uns poemas para celebralo. Que vos parece se buscades tamén algún e o compartides nos foros dos vosos cursos?

Non esquezades escribir o autor ou autora e a obra onde foi publicada.

 Dúas cunchas 

negro-azuladas

protexen a carne 

da cor da laranxa.

 

Nunha batea

poden medrar

ou moi agarrados

ás rochas do mar.

 

Aínda que semellan

unhas castañolas

están moi ricos

fervidos en olas.

 

Tamén están bos

á vinagreta

sendo sinxela

esta receita.

 

Non se despegan

do barco pirata

as cunchas ao casco

están abrazadas.

María Canosa (Acuario)

 

Miña casiña de pedra,

casa de tódolos días,

onde os fumes soben altos

como as miñas alegrías.

 

¡Tal brinquei polo tellado,

corrín polo corredor,

enredei por entre as hortas

que enverdecen o arredor!

 

Miña casiña de pedra,

portas e ventás pintadas,

caraveleiras de cores

aloumiñando as entradas.

Ana Mª Fernández

(Ondas de verde e azul)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Recomendacións da biblioteca

      Ola!

      Merlín non quere que vos aburrades nestes días de cuarentena así que estivo mirando pola rede e atopou estas páxinas onde podedes atopar lecturas interesantes e xogos para todas as idades.

 

      www.kalandraka.tv/gl/index.php

      http://bit.ly/Edelvives_Tatum

      http://bit.ly/Cerebriti_Edu

      http://bit.ly/smile_learn

      https://weeblebooks.com/es

      https://www.muchoscuentos.com/

      www.oqo.es/gl/dixital/filmes

      https://librosgeniales.com/

      

             Moito ánimo a todos e a todas!!!!