A visita dos Reis Magos e Pesdelán

Achégase vídeo da visita dos Reis Magos o pasado 22 de decembro e da actuación de Pesdelán, que estivo con nós grazas á aportación da ANPA Fonte da Revolta.

Bo Nadal

Mouchiños e Mouchiñass!!! Merlín deséxavos unhas moi Felices Festas de Nadal, e convídavos a que visitedes a biblioteca do concello e as librerías onde atoparedes un montón de novidades literarias que segurísimo vos van encantar para pedirllas aos reis ou ao apalpador.

Aquí vos deixamos o tríptico coas recomendacións de Merlín, pero hai moitos máis 

 Este Nadal non te libres dos libros!!!

Felices Festas a todos e a todas e vémonos no 2021!!!!

3 de decembro

 

 

 

No ano 1992, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, declarou o día 3 de decembro como Día Internacional das persoas con discapacidade. O obxectivo deste día é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade.

Durante esta xornada adoitan realizarse actos para visibilizar as persoas con algún tipo de discapacidade.

No 2018, a Asociación AMICOS, organizou un festival en Boiro, o Festiritititi, unha xornada de inclusión a través do xogo que se repetiu no 2019 e que este ano 2020 non poderá celebrarse debido ás restricións pola Covid19. Así, compartiron con nós unha caixa chea de xogos e material que poderemos utilizar nas aulas ou cada grupo no tempo de recreo.

DECÁLOGO LECTOR

DEREITOS IMPRESCRIPTIBLES DOS LECTORES

 

Dende a nosa Biblioteca queremos compartir con todos vós este "Decálogo Lector" que nos pareceu ben apropiado, do escritor francés Daniel Pennac, autor de libros como "Coma unha novela", "Mal de escola", "A fada Carabina", "A felicidade dos ogros"... Así como a seguinte frase, moi acaída nestes tempos tan tecnolóxicos onde o móbil é o rei:

O deber de educar consiste, ao ensinar aos nenos e nenas a ler, ao inicialos na literatura, en darlles os medios de xulgar libremente se sinten ou non a "necesidade dos libros"."Como unha novela" (1992)

CIENTÍFICAS GALEGAS

 

Con motivo do Mes da Ciencia, dende a biblioteca escolar queremos poñer en valor o traballo destas mulleres no eido científico e que en moitas ocasións queda esquecido.

Preme na imaxe para coñecer o traballo de (na imaxe), Olimpia Valencia, Ángeles Alvariño, Antonia Ferrín, María Wonenburger, Tarsy Carballas, Inmaculada Paz Andrade  e outras 15 mulleres que marcaron e marcan o camiño na excelencia investigadora. 

Non están todas as que son, pero sí son todas as que están. 

Revista GCIENCIA.

 

PROTOCOLO COVID 19

NORMAS DE USO DA BIBLIOTECA ESCOLAR

 

Durante este curso e debido a alerta sanitaria que estamos a vivir, dende o equipo da biblioteca e coa axuda de todo o claustro de mestres e mestras, elaborouse un protocolo de utilización da biblioteca. 

Sobre todo durante o primeiro trimestre e ata que non se modifiquen as diferentes normas de uso que rixen tamén para todo o centro serán de obrigado cumprimento.

Preme no seguinte enlace para velo

PROTOCOLO COVID19

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

Igual que en cursos anteriores, dende a biblioteca do cole queremos animarvos a investigar, a ler, a crear, a experimentar.

Este ano non poderemos facer as exposicións nos corredores coma o ano pasado, nin levar os nosos experimentos as outras aulas para que os vexan os compañeiros e compañeiras e así explicarlles como fixemos. Pero o que si podemos facer é unha serie de fotos ou un video e mostralo aquí mesmo, na páxina web do centro, ou na aula virtual, ou crear un album na galería de fotos para compartilas con toda a comunidade... Incluso podemos utilizar os proxectores das aulas e visualizar alí o traballo de todos

Animádevos a disfrutar con estas actividades e a aprender con todos os libros que podedes atopar nas bibliotecas ou nas librerías.

Aquí vos deixamos uns links onde poderedes observar as distintas densidades dalgúns líquidos, os resultados de mezclar diferentes substancias... Preme nos seguintes:

Xogos científicos

Ciencia divertida

Ciencia en galego

 

Documentación COVID-19

Na lapela "COVID-19" atópanse os documentos oficiais relacionados co protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19

Libros de texto curso 2021-2022

Achégase a lista de libros vixente para o vindeiro curso 2021-2022.

Centro Erasmus+

Para o vindeiro curso 2020-2021 o noso centro formará parte da rede de centros Erasmus+, o que permitirá que seis profesores/as do centro se despracen (se a situación sanitaria o pemite) a Reino Unido, Italia e Suecia para participar en actividades de formación e "job-shadowing" (período de aprendizaxe por observación) en centros considerados de referencia en boas prácticas educativas.