LISTAXE DEFINITIVAS DE ADMISIÓN E DATAS DE MATRICULACIÓN ALUMNADO NOVO-CURSO 2020-2021

 

 

Prezadas familias:

Comunicaros que as listaxes provisionais publicadas dias anteriores pasan a ser DEFINITIVAS. Están publicadas nun taboleiro ao carón da secretaría do centro.

A partir da vindeira semana empezaremos a formalización da matrícula para o curso 2020-2021.

Para facilitarvos e axudarvos neste proceso debedes vir no dia e hora que se vos indicou por teléfono.

(Se algunha familia non ten cita concertada que chame ao 886120253)

Lembrar:

  • Dentro do recinto educativo debemos levar a máscara e gardar a distancia de seguridade correspondente.
  • Aconsellamos que nada máis veña un adulto, sen os nenos/as, a realizar este trámite.
  • Este venres 26 de xuño entregaremos unhas carpetas con documentación da matrícula e do período de adaptación.(Aconsellamos recollelas antes do día de presentar os papeis da matrícula)

Saúdos

A directora