Skip to Content

NOVAS

Noticais relacnadas co centro e a comunidade escolar

Protexe aos animais- Plan proxecta

O noso cole ven de ser seleccionado para participar no programa Protexe aos Animais que forma parte do Plan Proxecta+.

     O Plan proxecta + é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial pero que ademais estean comprometidos coa consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.

      Protexe os animais é un programa que consiste en desenvolver un proxecto que desenvolva a concienciación na sociedade actual do respecto e na protección dos animais domésticos, asentar valores fundamentais na tenza responsable de mascotas e análise crítica dos actos e das condutas non desexadas, como o abandono e o maltrato.que relacionado coa tenencia responsable dos animais domésticos e o seu benestar.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

  • ODS 15. Vida de ecosistemas terrestres
  • ODS 5. Educación de calidade
  • ODS 11. Cidades e comunidades sustentables

O CEIP Alexadre Rodriguez Cadarso entra no RAOGAL

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade puxo en marcha no curso 2021/22 o Plan Recupera para reducir o impacto que a covid-19 tivo sobre o alumnado e as súas repercusións futuras, e proporcionar a atención educativa necesaria para a compensación de desigualdades xurdidas por esta situación. Este plan constitúese como o marco para a mellora dos resultados escolares do alumnado, especialmente o máis vulnerable, e reflicte a estratexia de fomento da calidade, a equidade, a inclusión e o éxito na educación e formación.

Para alcanzar esta meta, unha das medidas foi a Creación da Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar de Galicia (RAOGAL). En cada centro da rede constituirase a Unidade de Acompañamento e Orientación persoal e familiar (UACO) que actuará co alumnado e familias pertencentes a centros educativos situados dentro dun ámbito xeográfico determinado.

Este curso 2022/23 o noso centro será centro UACO dos concellos de Lousame, Noia, Outes, Porto do Son. O seu responsable é o docente Roberto González Miguéns quen fará o seguimento individualizado do alumno máis vulnerable educativamente e colaborará coas súas familias e co seu contorno dentro do seu ámbito xeográfico. 

Esta unidade actuará como canle de comunicación directa entre os centros educativos ao seu cargo, familias, administracións e outras entidades, tendo en conta a singularidade do alumnado nas zonas rurais

Consello Escolar da Infancia

Para ver o contido completo depraza a barra de esquerda a dereita que atoparás debaixo da imaxe

Hecho con Padlet

O Consello Escolar da Infancia

 

Hecho con Padlet
Despraza a barra de esquerda a dereita para ver o contido completo 

Combater a pediculose

De vez en cando prodúcese unha infesta de PIOLLOS nos centros educativos polo que é aconsellable revisar as cabezas do alumnado por parte das súas familias. 

Nesta entrada achegamos un FOLLETO INFORMATIVO que podedes descargar e que vós axudará a adoptar as medidas necesarias no caso de que se dea algún caso no seo familiar. 

Ademais, tamén podedes visitar a seguinte páxina da Consellería de Sanidade onde tamén atoparedes información interesante.

https://www.sergas.es/Saude-publica/Como-combater-piollos?idioma=es

Para axudarvos cos máis pequenos e que entendan a problemática dos piolliños deixámosvos o seguinte vídeo 

ANPA "A BARQUIÑA" - INFORMACIÓN INICIO DE CURSO

A ANPA do noso centro, pon á disposición de tódolos pais/nais e titores legais do noso alumnado a seguinte información de interese relativa ás súas actividades para o curso 2021 / 2022.

Anpa2

Preme na imaxe para ver a información ao completo.

NOTA INFORMATIVA

NOTA INFORMATIVA

Informamos ás familias que ou ben nesta páxina ou na conserxería poderán recoller

o impreso para xustificar a falta do seu fillo /a.


[Descargar impreso]

ANPA

ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS/AS

A ANPA deste centro está constituída polos seguintes membros:

Presidente: Juan M. Somoza Teléfono 658151008

Vicepresidenta: Pilar Busto

Secretaria: Laura Lombardi

Tesoureiro: Plácido Palacios

Vogais: Noelia Pedrosa

             Yoli del Yelmo

             Nacho Suárez

             María Barreiro

Distribuir contido


by Dr. Radut