Skip to Content

O CEIP Alexadre Rodriguez Cadarso entra no RAOGAL

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade puxo en marcha no curso 2021/22 o Plan Recupera para reducir o impacto que a covid-19 tivo sobre o alumnado e as súas repercusións futuras, e proporcionar a atención educativa necesaria para a compensación de desigualdades xurdidas por esta situación. Este plan constitúese como o marco para a mellora dos resultados escolares do alumnado, especialmente o máis vulnerable, e reflicte a estratexia de fomento da calidade, a equidade, a inclusión e o éxito na educación e formación.

Para alcanzar esta meta, unha das medidas foi a Creación da Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar de Galicia (RAOGAL). En cada centro da rede constituirase a Unidade de Acompañamento e Orientación persoal e familiar (UACO) que actuará co alumnado e familias pertencentes a centros educativos situados dentro dun ámbito xeográfico determinado.

Este curso 2022/23 o noso centro será centro UACO dos concellos de Lousame, Noia, Outes, Porto do Son. O seu responsable é o docente Roberto González Miguéns quen fará o seguimento individualizado do alumno máis vulnerable educativamente e colaborará coas súas familias e co seu contorno dentro do seu ámbito xeográfico. 

Esta unidade actuará como canle de comunicación directa entre os centros educativos ao seu cargo, familias, administracións e outras entidades, tendo en conta a singularidade do alumnado nas zonas rurais



page | by Dr. Radut