try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

CURSO 2020/21

ESCAPE ROOM

Coordinada desde o Clube de Ciencia do CEE de Panxón, este ano ideamos un Escape Room con diferentes probas de contido e base cienctífica.

Aquí tendes o video de presentación que fixemos:

 

ESCAPE ROOM

Coordinado desde o Clube de Ciencia do CEE de Panxón, ideamos un Escape room con diferentes probas de caracter cientifico para poder pasar un rato do máis entretido posible.

Aquí tendes o video de introducción que fixemos:

NADAL PANDEMICO NO CEE DE PANXON

Un ano máis aquí está o noso video para felicitar as Festas a todos. Este ano é un ano especial, diferente, polas circunstancias que estamos a vivir, pero negámonos a deixar de facer unha actividade que xa se converteu nunha tradición, e quixemos aproveitar para amosarvos máis de cerca como somos os que formamos parte desta comunidade cun vídeo máis íntimo, pero que transmite igualemnte o desexo de pasar estas festas do xeito máis alegre posible.Disfrutádeo e...

BO NADAL E FELIZ ANO 2021!!

II CONCURSO DE AUDIOCONTOS

Este ano coa chegada do SAMAIN dende a Biblioteca Escolar convocamos o II CONCURSO DE AUDIOCONTOS DO CEE DE PANXÓN. Os nosos alumnos en pequenos equipos entraban a nosa biblioteca e escollían un sobre cun microrrelato de terror, xunto cunhas normas e indicacións tiñan que convertir ese microrrelato nun podcast terrorífico, velaquí os dous gañadores:

"O BAÑO"

 

"ESPERTAR DUN SOÑO E VIVIR UN PESADELO":

MAQUILLAXE SAMAÍN

Obradoiro no que fixemos maquillaxes que imitaban feridas, cortes, cicatrices, tan reais que máis dalgún levou un susto!!

Comprobadeo visitando a nosa galeria de fotos!!

Álbum: CURSO 20/21 -> OBRADOIRO MAQUILLAXE SAMAIN 2020
Distribuir contido