try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Blogues

Aprendemos sobre o sangue

Comezamos o traballo! O primeiro será aprender sobre as funcións do sangue para comprender a importancia das doazóns.

 Tamén aprendemos que significa o grupo sanguíneo, e quixemos descubrir cal era o noso. Para o cal, utilizamos un kit preparado e pedímoslle á nosa enfermeira unhas poucas lancetas.

Aproveitamos os datos obtidos para facer unha pequena estatística, e vimos que as frecuencias coincidían cos da poboación xeral; sendo os grupos A e O, os máis abundantes.

 

Continuamos aprendendo para facer que o noso proxecto sexa un éxito!

OS NOSOS ALIADOS DA GRANXA

Se hai alguén que traballa man a man con nós, son os animais da nosa granxa. 

Aproveitan todos os desperdicios que facemos e ademáis se teñen que botar unha man para pelar canas para os entitorados das tomateiras, aí están dispostas a facelo! Negrita, a primeira!

Tamén son exemplo para nós de convivencia en paz, poden comer xuntos no mesmo cunco e tan felices de compartilo!

E por suposto, son o noso remanso para un ratiño de agarimos!

BENVIDOS!

Queremos darvos a benvida ao blogue do proxecto Salvavidas do curso 23/24.

De novo este ano, queremos colaborar coa Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), acollendo no noso centro a unidade móbil de doazón de sangue.

Por aquí iremos rexistrando as actividades relacionadas co noso proxecto.

 

Comezamos!

 

  

 
 

PRODUTO DA COOPERATIVA A CARQUEIXA

O noso profe de cociña, Álvaro ensinounos como se despeza unha pata dianteira de tenreira. 

Para esta ocasión fixo pedido da pata  á COOPERATIVA Á CARQUEIXA que tivemos ocasión de visitar, a principios de febreiro, nos ANCARES.

Poidemos aprender vocabulario utilizado en carnicería que non é moi común

Os disitintos despieces formarán parte de elaboracións para o menú do noso restaurante. 

Temos que recoñecer que a algúns de nós non nos resultou moi doado vivir a experiencia do despiece.

 

INVENTARIO DE PRODUTOS DO HORTO PARA O MENÚ DE TOLEAMOS SEN +

Esta semana comezamos a facer o inventario de produtos dispoñibles no horto para o menú do primeiro restaurante de Toleamos sen + deste curso.

Debido ao mal tempo no outono, este ano tivemos menos colleita no exterior polo que fixemos máis sementeiros e así poder utilizar os agromos para as elaboracións na cociña.

Esta técnica resultounos moi útil, práctica e sobre todo, que nos da pouco traballo e moita produción!

 

 

Distribuir contido