try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

blogue demargotsantana

BENVIDAS AO PROXECTO MESTRES GANDEIROS 23-24!!

Un curso máis queremos compartir con vós as nosas andanzas  no proxecto MESTRES GANDEIROS coas  aprendizaxes e tarefas que levamos a cabo na GRANXA e no HORTO, e como non,  as aventuras que teremos na saída ós ANCARES.

Con todo isto queremos implementar BOAS PRÁCTICAS AGROGANDEIRAS para  colaborar no desenvolvemento dos ODS da Axenda 2030.

Aquí temos ó novo alumnado, nos primeiros días do curso, coñecendo ós novos amigos de dúas e catro patas!!

Atréveste a vir con nós?

 

 

OS NOSOS ALIADOS DA GRANXA

Se hai alguén que traballa man a man con nós, son os animais da nosa granxa. 

Aproveitan todos os desperdicios que facemos e ademáis se teñen que botar unha man para pelar canas para os entitorados das tomateiras, aí están dispostas a facelo! Negrita, a primeira!

Tamén son exemplo para nós de convivencia en paz, poden comer xuntos no mesmo cunco e tan felices de compartilo!

E por suposto, son o noso remanso para un ratiño de agarimos!

PRODUTO DA COOPERATIVA A CARQUEIXA

O noso profe de cociña, Álvaro ensinounos como se despeza unha pata dianteira de tenreira. 

Para esta ocasión fixo pedido da pata  á COOPERATIVA Á CARQUEIXA que tivemos ocasión de visitar, a principios de febreiro, nos ANCARES.

Poidemos aprender vocabulario utilizado en carnicería que non é moi común

Os disitintos despieces formarán parte de elaboracións para o menú do noso restaurante. 

Temos que recoñecer que a algúns de nós non nos resultou moi doado vivir a experiencia do despiece.

 

INVENTARIO DE PRODUTOS DO HORTO PARA O MENÚ DE TOLEAMOS SEN +

Esta semana comezamos a facer o inventario de produtos dispoñibles no horto para o menú do primeiro restaurante de Toleamos sen + deste curso.

Debido ao mal tempo no outono, este ano tivemos menos colleita no exterior polo que fixemos máis sementeiros e así poder utilizar os agromos para as elaboracións na cociña.

Esta técnica resultounos moi útil, práctica e sobre todo, que nos da pouco traballo e moita produción!

 

 

SEGUEN AS TAREFAS NO HORTO

Este curso debido ao mal tempo que houbo no outono e no inverno, as tarefas no horto retrasáronse un pouco. 

Tamén estamos a probar métodos para que a estancia nel sexa máis agradable para tod@s.

Empezamos marcando bancais, utilizamos cartón e palla para evitar as herbas e reter a humidade, no fondo do horto comezamos a facer un recuncho de aromáticas...en fin, pequenos cambios que requiren da nosa atención.

Á visita ao restaurante no Grove, CULLER DE PAU, deunos moitas ideas para que sexa máis profesional. Estamos a aprender para poder levalas a cabo.

Aquí vos amosamos unhas imaxes de distintos momentos ao longo do curso.

Seguiremos con máis cambios !

Distribuir contido