try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

blogue desvvilar

PROPOSTA ARTÍSTICA PARA BAI SEN PULGAS

Un ano mais o noso centro continua colaborando activamente coa protectora Bai sen pulgas situada no Concello de Gondomar.

Os últimos catro anos colaboramos con eles en labores de voluntariado  como parte da nosa proposta dentro do plan proxecta "protexe os animais"  e que consiste en darlles paseos semanais aos cans acollidos en dita protectora co fin de desenvoltar o respecto e a protección dos animais domésticos, asentar valores fundamentais na tenza responsable de mascotas e a análise crítica dos actos e das condutas non desexadas, como o abandono e o maltrato.

Este ano propuxémonos ademais colaborar na mellora das instalacións con propostas como a construcción de casetas de madeira para os animais e  a decoración dunha das paredes coa a creación dun mural diseñado por parte dos nosos alumnos. Xa vos iremos mostrando como evoluciona toda esta aventura.#baisenpulgas #planproxecta#protexe os animais

 

Distribuir contido