try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

PREMIO Concurso Cambados Mar de Letras

Hoxe estamos de noraboa e super contentos!!

O noso alumno Terri Agho recibiu o galardón do premio especial do xurado por relato curto O marco da casa no VI Concurso Cambados Mar de Letras 2023 organizado polo IES Francisco Asorey de Cambados.

Asistiu á entrega de premios acompañado dun compañeiro e dunha mestra.

Noraboa Terri por este inicio!

Esperamos que sigas escribindo e nos cautives cos teus relatos!

Álbum: CURSO 2023/24 -> PREMIO TERRY

SAMAÍN 2023

Mañá moi intensa no CEE de Panxón!
Nesta ocasión fixemos diferentes talleres, nos que o noso alumnado desenvolveu a súa creatividade e inxenio e tamén, porque non  dicilo, pasou un pouquiño de medo..


#ceepanxonmolamogollon #samain #samain23 #scaperoom #cociña #epitafeossamain #nigran #ceepanxon

COMPOSTEIROS

Onte unha pequena delegación do CEE de Panxón tivo unha reunión co Alcalde Juan A. González Pérez no Concello de Nigrán para solicitar dous composteiros necesarios para desenvolver un proxecto educativo ao longo deste curso. Pronto vos contaremos máis detalles.

Foi un pracer coma sempre contar coa colaboración do Concello de Nigrán para as nosas tolerías, e queremos agradecer o trato que o Alcalde tivo co noso alumnado, e que foi coma sempre excepcional!! 

 

#proyectoseducativos #comunidadeeducativa #proyectoseducativos #nigran #concellodenigran #ceepanxon

LIMPEZA E RECICLAXE

Onte tivemos xornada de limpeza e reciclaxe no CEE de Panxón

Organizamonos por equipos e recollemos diferentes espazos do centro, despois de clasificar o lixo fixemos diferentes construccións.Coas construccións feitas fixemos un pequeno concurso a través das nosas RRSS para ver que creación foi a gañadora. Podes averigualo a través do noso Instagram

#ceepanxon #artelixo #aprendemoscreando #nigran #reciclaje #reciclaxe

Álbum: CURSO 2023/24 -> LIMPEZA E RECICLAXE

ARRANCAMOS!!

Despois da xornada de presentación e reencontros de onte, hoxe fixemos a nosa tradicional subida a Monte Ferro, disfrutando da camiñada, as vistas e e sobretodo a compañía. Ao rematar algún que outro xogo onde os mestres saímos escaldados, esperábanos unha grata sorpresa.

Grazas @ivanferreiro e @amaroferreiro pola vosa amabilidade e xentileza! Foi un pracer coincidir con vós neste noso paraíso galego!

#primeirosdiasdecurso #monteferro #paraisogalego #nigran #ceepanxonmolamogollon #sorpresasxenais

Distribuir contido