try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

CURSO 2015/16

CIENCIA O FICCION

O pasado 6 de outubro os alumnos de Secundaria fomos á actividade CIENCIA O FICCIÓN organizada pola Fundación Barrié, durante a actividade puidemos ver fragmentos de películas que forman parte do noso imaxinario colectivo (Tiburón, Mars Attacks,...) e analizamos a súa base científica, levando a cabo experiencias nas que comprobamos se se axusta á realidade o que nos propón o cinema e tamén descubrimos as técnicas que permiten á industria cinematográfica crear universos imposibles.

Entre outras experiencias, fixemos bruxería, química en directo, utilizamos un croma en tempo real e aprendimos a crear néboas tal como facían os estudos nos anos 50, incluso escoitamos sons que os adultos non son uqen de escoitar...

Fai ti a proba da túa agudeza auditiva aquí neste enlace: 

 

PRODUCIÓNS PANXÓN

Ao longo deste curso iremos facendo as nosas propias creacións audiovisuais: reportaxes, noticias, videoclips,...para adentrarnos neste mundo e á vez ir facendo un rexistro das actividades que se van facendo ao longo do curso.

Aquí vai un pequeno video presentación desta a nosa "empresa" PRODUCIÓNS PANXÓN

 

SOAP YOURSELF! HALLOWEEN WORKSHOP

Dado o éxito do obradoiro de xabóns feito no curso pasado, decidimos repetilo neste curso. Pero esta vez aproveitamos unha data "terrorífica"...

Os alumnos de Primaria e algún de Secundaria fixeron os seus xabóns con formas terroríficas para celebrar Samaín-Halloween, seguindo ao pé da letra as instruccións facilitadas polas profesoras encargadas do obradoiro, unhas meigas moi especiais...Instruccións que por suposto foron en lingua inglesa.

Have a look at the presentation!!

 

Distribuir contido