try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

VIDEO CAMPAÑA DOAZÓN SANGUE 2024

#Apolas70doazóns  é o lema que escolleron os nosos alumnos e alumnas neste video que gravaron e editaron no proxecto Producións Panxón onde vos animan a todos e todas a vir mañá 16 de abril a doar sangue. 

O obxectivo é conseguir así chegar ás 70 doazóns, dato histórico para o concello de mañá! Esperámosvos

 

PRESENTACIÓN CAMPAÑA DOAZÓN DE SANGUE 2024

  • Mañá moi intensa no CEE de Panxón: Presentación da campaña mais solidariado centro a través dunha rolda de prensa a que asistiron representantes dos centros educativos que a organizan, Juan González alcalde de @concellodenigran e Sabela Lareo de @doadoressangue
  • Mañá 16 de abril o noso centro educativo acollerá o autobús de doazón de 9:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00.
  • Este ano o noso obxectivo é chegar ás 70 doazóns, superando o número do ano pasado e colocando ao concello de Nigrán nos mellores datos de doazón da historia!

Animádevos a a vir!

#apolos70 #campañadoazonsangue #planproxectasalvavidas #ceepanxon
#cpiarquitectopalacios #centrossolidarios #nigran

Álbum: CURSO 2023/24 -> DOAZON SANGUE 2024

OS CERTIFICADOS DE CALIDADE CHEGAN AO CEE DE PANXÓN

Este xoves 14 de marzo, a partir das 17:00h, e dentro da campaña COME LOCAL na que participa o noso comedor escolar, terá lugar un evento no que se dará a coñecer dita campaña e os produtos que se promoven na mesma, seguida dunha degustación de produtos con indicativo de calidade galegos que serán elaborados polos equipos de cociña dos catro centros participantes:

  • CEE de Panxón
  • CEIP Ría de Vigo
  • CEIP A Carrasqueira
  • CEIP A Paz - Tintureira


TOLEAMOS NO CAMIÑO (proba)

O pasado 29 de febreiro fixemos a proba para botar a andar unha nova edición de Toleamos Sen+, este ano adicada ao Camiño de Santiago.
Estamos moi contentos e contentas do resultado, inda que sabemos que temos que mellorar moitas cousas.
Coma sempre son xornadas moi intensas de traballo cunha gran satisfacción persoal.
Moito traballo, nervios e emocións.
Gracias ós que onte nos axudastes a mellorar.
Pasiño a pasiño seguiremos facendo camiño!
 
 
Álbum: CURSO 2023/24 -> TOLEAMOS NO CAMIÑO (proba)

MESTRES GANDEIROS - ANCARES

Fai uns días fomos de excursión á comarca dos Ancares. Estivemos en Navia de Suarna, Cervantes e O Piornedo. En Navia de Suarna comemos os seus caldos que estaban exquisitos e eran da cooperativa da Carqueixa. Tamén estivemos en Cervantes, onde había un señor moi simpático ("Palillo") que nos amosou o seu traballo co gando e co seu tractor ensinounos cousas moi interesantes das súas terras.
Ceamos en “4 Ventos”, un sitio delicioso. Ao día seguinte estivemos con Lola no Piornedo, que nos ensinou as súas antigas e bonitas pallozas, e nos fixo unhas deliciosas hamburguesas, con carne dos Ancares, e que xa podemos comer tamén no noso comedor escolar!
No albergue habitaba unha especie chamada `michi’ (gato)
#Ancares #CeedePanxón #Toleamos sen Mais #Cervantes #Navia de Suarna #Piornedo #Campo #Animales #ACarqueixa
Álbum: CURSO 2023/24 -> MESTRES GANDEIROS-ANCARES
Distribuir contido