Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


Na sociedade actual na que vivimos xorde a necesidade dunha alfabetización dixital que nos permita dominar tanto a linguaxe propia destas tecnoloxías coma o manexo seguro das mesmas. A materia de Tecnoloxías da Información e da Comunicación debe ir máis alá tratando que o alumnado desenvolva as competencias necesarias que lle permitan acceder con autonomía, capacidade de adaptación e autoaprendizaxe permanente no uso das tecnoloxías da información e da comunicación, de xeito que consiga estar preparado para atender ás demandas deste campo de tan rápida evolución. A materia procurará educar ao alumnado na interacción co entorno dixital, cada vez máis presente na nosa sociedade, dun xeito cítico, ético e respectuoso cos demais. Non se poden esquecer os riscos derivados desta interacción, polo que o alumnado desenvolverá técnicas para preservar tanto a súa seguridade, coma a dos equipos e datos cos que traballa.

A proposta da materia contribuirá a desenvolver as competencias do alumnado, facendo que se enfronte a casos e situacións prácticas o máis semellantes posibles á vida cotiá. Deste xeito, potenciaranse as competencias relacionadas coa comprensión e a expresión utilizando ferramentas dixitais para procurar e analizar información, así como para elaborar documentación e presentar os logros conqueridos. A resolución de problemas concretos utilizando a programación permitirá fortalecer as competencias matemática e en ciencia, tecnoloxía e enxeñería. O alumnado profundizará nas técnicas de comunicación audiovisual, imprescindible na sociedade actual, e mellorando a competencia en conciencia e expresión culturais.

As tecnoloxías da información e da comunicación están directamente vencelladas ás destrezas e habilidades esenciais relacionadas coa competencia emprendedora. A metodoloxía activa proposta, vai permitir transformar as ideas en produtos finais, de modo que, a través da aplicación das aprendizaxes traballadas e de estratexias persoais e grupais se consiga a resolución, con éxito, dos problemas e situacións propostas. A materia dota ao alumnado, ademais, de habilidades que están moi recoñecidas e valoradas no mundo laboral actual, nun campo, o das tecnoloxías da información e da comunicación, que supón unha das liñas profesionais con máis perspectivas de futuro.


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Entender o papel principal das tecnoloxías da información e da comunicación na sociedade actual e o seu impacto nos ámbitos social, económico e cultural para deseñar e planificar solucións a un problema ou necesidade de forma eficaz e innovadora.
OBX2 Seleccionar, usar e combinar múltiples aplicacións informáticas para crear producións dixitais que cumpran uns obxectivos complexos, incluíndo a recollida, a análise, a avaliación e a presentación de datos e información, así como o cumprimento duns requisitos de usuario.
OBX3 Desenvolver e depurar aplicacións informáticas, analizando e aplicando os principios da programación para crear solucións a problemas concretos de maneira creativa.
OBX4 Crear proxectos audiovisuais de maneira creativa utilizando os recursos técnicos necesarios e aplicando os principios da linguaxe audiovisual.
OBX5 Usar os sistemas informáticos e de comunicacións de forma segura, responsable e respectuosa, protexendo a identidade online e a privacidade, recoñecendo contido, contactos ou condutas incorrectas e sabendo como informar ao respecto.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Automatización de tratamento de datos. Autoamtización de datos en follas de cálculo e/ou bases de datos. 5 8
2 Linguaxe HTML e CSS e Ferramentas de interacción virtual. Estructuras básicas da linguaxe HTML e CSS. Adaltación dunha web ou blog. 10 12
3 Programación. Introdución á prgramación orientada a obxectos. Desenvolvemento de aplicacións. Introdución a Git. 15 18
4 Correción de imaxes fixas. Axustes en imaxes dixitais fixas 5 8
5 Efectos visuais (VFX). Realización de efectos visuais (VFX) na edición de vídeo. 5 8
6 Creación e edición de pezas audiovisuais. Elaboración de recursos audiovisuais. 15 16
7 Seguridade, benestar e cidadanía dixital. Xestión de riscos e seguridade na rede. Sinatura dixital. Propiedade intelectual dos recursos dixitais. 5 8
8 Proxecto dixital. O alumnado elixirá profundizar nos contidos dos bloques de Programación ou de Audiovisuais á vez que desenvolve o proxecto dixital. 40 38

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Desenvolvemento de proxectos dixitais
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA1.1 - Definir problemas ou necesidades expostas para o desenvolvemento dun proxecto dixital, buscando e contrastando información de maneira crítica e segura e avaliando a súa fiabilidade.
CA1.2 - Deseñar e desenvolver proxectos dixitais que resolvan un problema ou que cubran unha necesidade real.
CA1.3 - Documentar un proxecto dixital empregando as ferramentas axeitadas.
CA1.4 - Comunicar de maneira eficaz e organizada un proxecto dixital, empregando o soporte, a terminoloxía e o rigor apropiados.
CA1.5 - Abordar a xestión do proxecto de forma creativa, fomentando o traballo en equipo e aplicando estratexias e técnicas colaborativas axeitadas, así como métodos de investigación para a súa ideación máis eficaz, accesible e innovadora posible.
Contidos
C1.1 - Deseño creativo de proxectos.
C1.2 - Estratexias de procura crítica de información.
C1.3 - Estratexias, técnicas e marcos de desenvolvemento dun proxecto en diferentes contextos e as súas fases.
C1.4 - Documentación de proxectos.
C1.5 - Comunicación de información e de contidos dixitais en diferentes plataformas.
Bloque B2. Creación, tratamento e presentación da información e os datos
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA2.1 - Analizar e comprender a estrutura dunha contorna web respectando a autoría.
CA2.2 - Automatizar operacións de tratamento de datos con folla de cálculo e/ou bases de datos mediante creación de macros e/ou aplicacións.
CA2.3 - Crear contidos de interacción virtual en espazos de comunicación e plataformas de aprendizaxe colaborativa, compartindo e publicando información e datos, adaptándose a diferentes audiencias cunha actitude participativa e respectuosa.
Contidos
C2.1 - Análise de estruturas básicas da linguaxe HTML e CSS. Configuración e adaptación dunha web ou blog.
C2.2 - Automatización do tratamento de datos con folla de cálculo e/ou bases de datos: creación de macros e/ou aplicacións para resolver problemas reais.
C2.3 - Ferramentas de interacción virtual para a aprendizaxe na rede.
Bloque B3. Programación
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA3.1 - Desenvolver e programar aplicacións para ordenadores, dispositivos móbiles ou web dando solución a problemas definidos cunha actitude emprendedora, perseverante e creativa.
CA3.2 - Utilizar contornas de programación para deseñar programas que resolvan problemas concretos.
CA3.3 - Utilizar plataformas de desenvolvemento colaborativo de software.
Contidos
C3.1 - Introdución á programación orientada a obxectos: clases, obxectos, atributos e métodos.
C3.2 - Desenvolvemento de aplicacións para ordenadores, dispositivos móbiles e/ou webs.
C3.3 - Uso básico dunha contorna de desenvolvemento: edición de programas e xeración de executables.
C3.4 - Proceso de detección de erros e depuración con axuda de contornas integradas de desenvolvemento. Probas, optimización e validación.
C3.5 - Plataformas de desenvolvemento colaborativo. Introdución a Git.
Bloque B4. Creación e edición de contidos audiovisuais
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA4.1 - Captar e corrixir imaxes fixas empregando técnicas de xeración, procesamento e retoque.
CA4.2 - Analizar e utilizar os recursos expresivos utilizados nas producións audiovisuais, aplicando as técnicas de linguaxe audiovisual que garanten o mantemento da continuidade narrativa.
CA4.3 - Gravar pezas audiovisuais aplicando técnicas de captación de imaxes fotográficas, de vídeo e son, mediante os recursos e medios técnicos da linguaxe audiovisual.
CA4.4 - Editar e exportar pezas audiovisuais na liña de tempo dun programa de edición, realizando transicións, elaborando títulos e subtítulos, e sincronizando a imaxe co son.
CA4.5 - Crear e integrar unha composición de efectos visuais (VFX) a través de técnicas dixitais no proceso de posprodución dun proxecto audiovisual de maneira creativa.
Contidos
C4.1 - Axustes da imaxe fixa: balance de brancos, contraste, brillo e saturación. Corrección de cor. Correccións perspectivas.
C4.2 - Conceptos espaciais da imaxe: posta en escena, campo e fóra de campo.
C4.3 - Elementos específicos da posprodución: transicións, efectos dixitais e sonorización.
C4.4 - Recursos específicos de linguaxe sonora. Procura e elaboración de recursos sonoros para produtos audiovisuais.
C4.5 - Elaboración de títulos e subtítulos.
C4.6 - Realización de efectos visuais (VFX) na edición de vídeo.
Bloque B5. Seguridade, benestar e cidadanía dixital
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA5.1 - Identificar e saber reaccionar ante situacións que representan unha ameaza na Rede escollendo a mellor solución entre diversas opcións.
CA5.2 - Protexer os datos persoais e a pegada dixital xerada en Internet configurando as condicións de privacidade das redes sociais e dos espazos virtuais de traballo.
CA5.3 - Utilizar recursos dixitais de acordo coas leis de propiedade intelectual recoñecendo e respectando as licenzas e dereitos de autoría
CA5.4 - Coñecer diferentes métodos de identificación persoal e certificación na rede.
Contidos
C5.1 - Xestión de riscos e seguridade da información.
C5.2 - Ciberseguridade: clases de ataques e mecanismos de protección e defensa.
C5.3 - Conectividade de redes locais de forma segura a internet.
C5.4 - Protocolos seguros de interconexión.
C5.5 - Uso e creación de recursos dixitais respectando a propiedade intelectual.
C5.6 - Certificados dixitais e autoridades de certificación. Sinatura dixital.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Automatización de tratamento de datos.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.2 Automatizar operacións de tratamento de datos con folla de cálculo e/ou bases de datos mediante creación de macros e/ou aplicacións.
Táboa de indicadores
Automatizar operacións de tratamento de datos 100

2 Linguaxe HTML e CSS e Ferramentas de interacción virtual.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Analizar e comprender a estrutura dunha contorna web respectando a autoría.
Proba escrita
Comprender a estrutura dunha contorna web. 50
CA2.3 Crear contidos de interacción virtual en espazos de comunicación e plataformas de aprendizaxe colaborativa, compartindo e publicando información e datos, adaptándose a diferentes audiencias cunha actitude participativa e respectuosa.
Táboa de indicadores
Crear contidos de interacción virtual en espazos de comunicación. 50

3 Programación.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Desenvolver e programar aplicacións para ordenadores, dispositivos móbiles ou web dando solución a problemas definidos cunha actitude emprendedora, perseverante e creativa.
Táboa de indicadores
Programar aplicacións para ordenadores, dispositivos móbiles ou web dando solución a problemas definidos 45
CA3.2 Utilizar contornas de programación para deseñar programas que resolvan problemas concretos.
Proba escrita
Utilizar contornas de programación para deseñar programas 50
CA3.3 Utilizar plataformas de desenvolvemento colaborativo de software.
Táboa de indicadores
Utilizar plataformas de desenvolvemento colaborativo de software. 5

4 Correción de imaxes fixas.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Captar e corrixir imaxes fixas empregando técnicas de xeración, procesamento e retoque.
Táboa de indicadores
Corrixir imaxes fixas 100

5 Efectos visuais (VFX).
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.5 Crear e integrar unha composición de efectos visuais (VFX) a través de técnicas dixitais no proceso de posprodución dun proxecto audiovisual de maneira creativa.
Táboa de indicadores
Crear unha composición de efectos visuais (VFX). 100

6 Creación e edición de pezas audiovisuais.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.2 Analizar e utilizar os recursos expresivos utilizados nas producións audiovisuais, aplicando as técnicas de linguaxe audiovisual que garanten o mantemento da continuidade narrativa.
Proba escrita
Analizar os recursos expresivos utilizados nas producións audiovisuais. 30
CA4.3 Gravar pezas audiovisuais aplicando técnicas de captación de imaxes fotográficas, de vídeo e son, mediante os recursos e medios técnicos da linguaxe audiovisual.
Táboa de indicadores
Gravar pezas audiovisuais mediante os recursos e medios técnicos da linguaxe audiovisual. 30
CA4.4 Editar e exportar pezas audiovisuais na liña de tempo dun programa de edición, realizando transicións, elaborando títulos e subtítulos, e sincronizando a imaxe co son.
Táboa de indicadores
Editar e exportar pezas audiovisuais na liña de tempo dun programa de edición. 40

7 Seguridade, benestar e cidadanía dixital.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA5.1 Identificar e saber reaccionar ante situacións que representan unha ameaza na Rede escollendo a mellor solución entre diversas opcións.
Proba escrita
Identificar situacións que representan unha ameaza na rede 30
CA5.2 Protexer os datos persoais e a pegada dixital xerada en Internet configurando as condicións de privacidade das redes sociais e dos espazos virtuais de traballo.
Táboa de indicadores
Protexer os datos persoais e a pegada dixital xerada en Internet 20
CA5.3 Utilizar recursos dixitais de acordo coas leis de propiedade intelectual recoñecendo e respectando as licenzas e dereitos de autoría
Táboa de indicadores
Respetar as licenzas e dereitos de autoría 20
CA5.4 Coñecer diferentes métodos de identificación persoal e certificación na rede.
Proba escrita
Coñecer diferentes métodos de identificación persoal e certificación na rede 30

8 Proxecto dixital.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Definir problemas ou necesidades expostas para o desenvolvemento dun proxecto dixital, buscando e contrastando información de maneira crítica e segura e avaliando a súa fiabilidade.
Táboa de indicadores
Definir problemas ou necesidades expostas para o desenvolvemento dun proxecto dixital. 10
CA1.2 Deseñar e desenvolver proxectos dixitais que resolvan un problema ou que cubran unha necesidade real.
Táboa de indicadores
Desenvolver proxectos dixitais que resolvan un problema ou que cubran unha necesidade real. 40
CA1.3 Documentar un proxecto dixital empregando as ferramentas axeitadas.
Táboa de indicadores
Documentar un proxecto dixital. 20
CA1.4 Comunicar de maneira eficaz e organizada un proxecto dixital, empregando o soporte, a terminoloxía e o rigor apropiados.
Táboa de indicadores
Comunicar de maneira eficaz e organizada un proxecto dixital. 20
CA1.5 Abordar a xestión do proxecto de forma creativa, fomentando o traballo en equipo e aplicando estratexias e técnicas colaborativas axeitadas, así como métodos de investigación para a súa ideación máis eficaz, accesible e innovadora posible.
Táboa de indicadores
Abordar a xestión do proxecto de forma creativa, fomentando o traballo en equipo. 10

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


A materia debe afrontarse cunha metodoloxía a base de traballos prácticos e cun enfoque competencial do currículo que potencie a aprendizaxe significativa do alumnado.

Os traballos prácticos permitirán ao alumnado coñecer e configurar os distintos dispositivos dixitais de uso cotián. Estas actividades prácticas facilitirán mellorar as destrezas para escoller e utilizar as ferramentas máis axeitadas para producir materiais dixitais de diversos tipos, así como crear aplicacións que resolvan problemas concretos.

Os traballos prácticos estarán deseñados para favorecer a capacidade de aprender por si mesmos e promoverán o traballo en equipo. O profesor/a servirá de guía desde tarefas sinxelas ata proxectos máis complexos que permitan o seu logro e a satisfacción do alumnado.

Na realización de todos os traballos prácticos farase fincapé no respecto polas licenzas e dereitos de autor.

A difusión dos contidos dixitais creados en plataformas dixitais promoverá a liberdade de expresión e o respecto polos demais aplicando as normas da etiqueta dixital.

En todo momento do curso o alumnado implicarase no mantemento da seguridade, tanto da súa persona como da información e dos equipos cos que traballa.

Realizarase un proxecto final baseado en programación ou na creación de contidos audiovisuais. Esta actividade permite que a materia sexa flexible e adaptable aos diferentes intereses e motivacións do alumnado, de xeito que poda ter un enfoque máis técnico ou más artístico-creativo segundo o grupo de alumnado.

Os métodos de traballos utilizados, terán en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe e a diversidade do alumnado poñendo en práctica, se fose necesario, mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten dificultades. Así mesmo estes métodos favorecerán a capacidade de aprender por si mesmos e promoverán o traballo en equipo.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Ordenador persoal - dispositivos dixitais
Software de uso xeral (sistema operativo,ofimática....) e de uso específico (editores de arquivos audiovisuais, simuladores, entornos de programación...). En todo caso e salvo que non sexa posible, utilizarase software libre.
Materiais e recursos de creación propia e recursos educativos abertos.
Aula virtual do centro.

Cada alumno/a tendrá acceso en todas as clases a un ordenador, no que se atopen instalados todos os programas informáticos necesarios e terá tamén conexión de Internet. Tamén cada alumno/a terá acceso aos dispositivos dixitais necesarios para o seguimento das unidades didácticas propostas.


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Realizaráse unha pequena proba práctica no ordenador ao comenzo de curso, para avaliar os coñecementos básicos relacionados.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 5.0 10.0 15.0 5.0 5.0 15.0 5.0 40.0 100.0
Proba escrita 0.0 50.0 50.0 0.0 0.0 30.0 60.0 0.0 20.0
Táboa de indicadores 100.0 50.0 50.0 100.0 100.0 70.0 40.0 100.0 80.0

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Os traballos, tarefas ou actividades non presentados na data correspondente serán cualificados cunha nota de 0.

Os traballos, tarefas ou actividades copiados serán cualificados cunha nota de 0.

A cualificación de cada unha das tres avaliacións do curso, virá dada pola media ponderada das cualificacións das unidades didácticas desenvolvidas na avaliación. A ponderación establecerase en base aos pesos outorgados a cadaunidade didáctica no apartado 3.1 desta programación.

A cualificación final do curso virá dada pola media ponderada das cualificacións de cada unha das tres avaliacións do curso. A ponderación establecerase en base aos pesos outorgados a cada unidade didáctica no apartado 3.1 desta programación.

Cálculo da nota final do curso:

NOTA FINAL = 35% 1ªaval + 35% 2ªaval + 30% 3ªaval

O alumnado que na nota final do curso, unha vez aplicadas as correspondentes ponderacións, teña acadado unha cualificación de 5 ou máis de 5, terá superada a materia.

Cálculo da cualificación final da avaliación extraordinaria do curso: nota obtida na proba obxectiva de recuperación extraordinaria, realizada no ordenador.

Ao comezo de cada unha das avaliacións, (segunda e terceira) o profesorado concretará aqueles traballos ou tarefas que o alumnado poderá entregar de novo, dentro dun prazo establecido, para recuperalos ou subir nota. De cada proba obxectiva escrita, ou realizada na aula virtual da materia, realizarase unha segunda de recuperación. A entrega de traballos ou tarefas non superados e a realización das probas de recuperación serán obrigatorias para o alumnado que non superara a avaliación anterior, o resto do alumnado poderá realizala de xeito voluntario nos termos establecidos polo profesorado. A cualificación final de cada proba corresponderá á maior das obtidas en cada unha das oportunidades.

A nota final calcularase tendo en conta as novas cualificacións obtidas e seguindo o procedemento establecido.

O alumnado que non acade unha cualificación final de 5 ou máis de 5 na avaliación ordinaria do curso, terá que realizar unha proba obxectiva de recuperación extraordinaria no ordenador, que en todo caso tratará sobre todas as unidades didácticas do curso.

Nas sesións de clase que teñan lugar no período comprendido entre a avaliación ordinaria e a extraordinaria, o alumnado que teña que realizar a proba extraordinaria poderá realizar tarefas para preparar dita proba.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Non resulta de aplicación neste curso

5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta materia

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Entre outras, contémplanse as seguintes medidas de atención á diversidade:

- Aplicación dos protocolos educativos específicos (TEA, TDAH, etc.) ao alumnado que o requira.

- Adecuación da organización e xestión da aula ás características do alumnado.

- Adaptación dos tempos, instrumentos ou procedementos de Avaliación.

- Desdobramento de grupos.

- Reforzo educativo e apoio con profesorado do departamento.

- Programas de enriquecemento curricular (a.a.c.c.).

- Adaptacións curriculares.

 

No caso do alumnado que permaneza un ano máis no mesmo curso, seguiranse o establecido no plan específico personalizado elaborado polo equipo docente baixo a coordinación do profesorado titor.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
1 Comprensión de lectura.
2 Expresión oral e escrita.
3 Comunicación audiovisual.
4 Competencia dixital.
5 Emprendemento social e empresarial.
6 Fomento do espírito crítico e científico.
7 Educación emocional e en valores.
8 Igualdade de xénero
9 Creatividade.
10 Educación para a saúde.
11 Formación estética.
12 Educación para a sostibilidade e o consumo responsable.
13 Respecto mutuo e cooperación entre iguais.

Comprensión de lectura: tarefas de clase e proxectos, nas que o alumnado terá que comprender os distintos enunciados e procurar información para investigar e resolver os problemas propostos.

 

Expresión oral e escrita: resolución das tarefas de clase e elaboración de documentación. Farase maior fincapé no uso do vocabulario e a linguaxe técnica, tamén traballarase técnicas de comunicación de ideas.

 

Comunicación audiovisual: presentación de proxectos mediante creacións audiovisuais.

 

Competencia dixital: intrínseca aos contidos propios da materia.

 

Emprendemento social e empresarial: desenvolvemento de proxectos.

 

Espírito crítico e científico: procura de información e a investigación nas tarefas e proxectos.

 

Educación emocional e en valores: contidos sobre seguridade na rede e benestar dixital. O desenvolvemento de proxectos fomentará o traballo en equipo.

 

Igualdade de xénero: buscarase o reparto axeitado de roles no traballo colaborativo en grupos á hora de desenvolver proxectos, evitando nos proxectos os nesgos de xénero, e aplicando criterios de igualdade.

 

Creatividade: desenvolvemento de proxectos.

 

Educación para a saúde: contidos relacionados co benestar dixital, tan importante para conservar a saúde emocional na actualidade.

 

Formación estética: procesos de deseño e acabado nos proxectos.

 

Educación para a sostibilidade e o consumo responsable: contidos sobre tecnoloxía sostible, respecto pola propiedade intelectual na elaboración de contidos e aplicación de criterios de sostibilidade.

 

Respecto mutuo e cooperación entre iguais: contidos relacionados coa etiqueta dixital. Este respecto e a cooperación entre iguais serán fundamentais no traballo en equipo no desenvolvemento de proxectos.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Saídas didácticas relacionadas coa materia. Saídas didácticas relacionadas coa materia.
Charlas ou obradoiros relacionados coa materia. Charlas ou obradoiros relacionados coa materia.

Calquera actividade complementaria proposta deberá axudar a reforzar os contidos desdenvolvidos nas distintas unidades didácticas do curso.

Asemade, cada actividade contará coa aprobación e apoio do Equipo Directivo do centro.

Para cada actividade complementaria indicaranse as seguintes características:

- Obxectivos

- Profesorado responsable.

- Alumnado participante.

- Datas e lugar de celebración.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Realizouse unha avaliación inicial para coñecer o punto de partida do alumnado.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico A selección e temporalización de contidos foi axeitada.
Metodoloxía empregada Facilitáronse ao alumnado estratexias de aprendizaxe: lectura comprensiva, búsqueda de información crítica, redacción de documentación técnica....
Clima de traballo na aula O ambiente da clase foi axeitado e produtivo.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Os recursos e materiais utilizados foron axeitados.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico As actividades propostas foron variadas e axeitadas para favorecer o desenvolvemento dos contidos.
Medidas de atención á diversidade As medidas de atención á diversidade foron axeitadas para atender ás necesidades de todo o alumnado.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico As actividades complementarias cumpliron os obxectivos cos que foron propostas.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Os criterios de avaliación e calificación foron claros e rigurosos e permitiron un seguemento do progreso do alumnado.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Facilitouse ao alumnado e as familias o coñecemento dos criterios de avaliación e calificación de cada unidade didáctica, ao comezo da mesma.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Proporcionouse ao alumnado información sobre o seu progreso e calificacións.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Proporcionáronse actividades e procedementos para que o alumnado fose recuperando as partes non superadas da materia.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais Existiu coordinación entre os distintos profesores/as.

Farase un seguimento da relación de elementos de avaliación do proceso de ensino e a práctica docente que se indican.

Nas reunións de departamento, utilizaranse táboas de cotexo baseadas nos indicadores de logro para obter a información.

A retroalimentación co alumnado farase a través de probas escritas ou cuestionarios na aula virtual do centro.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


O seguimento da programación realizarase periodicamente nas distintas reunións de departamento, e/ou a través do apartado de "Seguimento" da aplicación Proens.

Para cada UD comprobaranse as datas de inicio e final, a correspondencia entre sesións previstas e realizadas e o grado de cumprimento do programado para a unidade.

No caso de detectar problemas realizaranse as propostas de mellora e correccións necesarias.

Ao remate do curso realizarase unha avaliación da programación mediante unha táboa de cotexo, baseada nos indicadores de logro do apartado 8.1 desta programación.

Na última semana do curso, cando sexa posible, realizarase entre o alumnado unha avaliación da actividade docente, baseada nos indicadores de logro do apartado 8.1 desta programación.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver