Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


Nestes tempos, a tecnoloxía entendida como un conxunto de coñecementos e técnicas que solucionan os problemas do ser humano, ten unha grande relevancia en tódolos eidos da nosa vida. Neste sentido, a materia de Tecnoloxía e Enxeñería pretende reunir os saberes científicos e técnicos para preparar ao alumnado con vocación científico-tecnolóxica cara a esta evolución vertixinosa da sociedade, sempre desde un enfoque competencial, orientando ao alumnado de Bacharelato para a consecución dos obxectivos de etapa e das competencias clave correspondentes. Os obxectivos oriéntanse a que o alumnado, mediante proxectos de deseño e investigación, fabrique, automatice e mellore produtos e sistemas de calidade que dean resposta a problemas concretos da vida cotiá, transferindo saberes doutras disciplinas cun enfoque ético e sostible coa gallo de crear un mundo máis xusto e equilibrado.


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Coordinar e desenvolver proxectos de investigación cunha actitude crítica e emprendedora, a través de estratexias e técnicas eficientes de resolución de problemas e comunicando os resultados de xeito adecuado, para crear e mellorar produtos e sistemas de modo continuo.
OBX2 Seleccionar materiais e elaborar estudos de impacto aplicando criterios técnicos e de sostibilidade para fabricar produtos de calidade que dean resposta a problemas e a tarefas propostos desde un enfoque responsable e ético.
OBX3 Utilizar as ferramentas dixitais adecuadas analizando as súas posibilidades, configurándoas segundo as súas necesidades e aplicando coñecementos interdisciplinares para resolver tarefas e para realizar a presentación dos resultados dun xeito óptimo.
OBX4 Xerar coñecementos e mellorar destrezas técnicas transferindo e aplicando saberes doutras disciplinas científicas con actitude creativa para calcular e resolver problemas ou dar resposta a necesidades dos distintos ámbitos da enxeñería
OBX5 Deseñar, crear e avaliar sistemas tecnolóxicos aplicando coñecementos de programación informática, regulación automática e control, así como as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías emerxentes, para estudar, controlar e automatizar tarefas.
OBX6 Analizar e comprender sistemas tecnolóxicos dos distintos ámbitos da enxeñería estudando as súas características, o consumo e a eficiencia enerxética para avaliar o uso responsable e sostible que se fai da tecnoloxía.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Proxectos de investigación e desenvolvemento Introdución á Tecnoloxía e a Enxeñaría. Técnicas de desenvolvemento de proxectos. Creación de produtos. 5 10
2 Tecnoloxía sostible. Xeración de enerxía eléctrica. Sistemas de xeración de enerxía eléctrica e instalacións. 15 30
3 Sistemas eléctricos e electrónicos Deseño, cálculo, montaxe e experimentación de sistemas eléctricos e electrónicos. Circuítos eléctricos de corrente continua. Máquinas eléctricas. Circuítos electrónicos básicos. 15 16
4 Sistemas pneumáticos Deseño, cálculo, montaxe e experimentación de sistemas pneumáticos. Simboloxía e esquemas. 10 14
5 Sistemas mecánicos Deseño, cálculo, montaxe e experimentación de sistemas mecánicos. 10 14
6 Materiais tecnolóxicos Selección e aplicacións características. Novos materiais. 10 14
7 Expresión gráfica. Aplicacións CAD 10 12
8 Técnicas de fabricación. Fabricación dixital. Modelaxe rápida e baixo demanda. Impresión 3D e corte. 10 10
9 Sistemas de control e robótica. Programación. Comunicación, telemetría e monitorización. IoT. Deseño, automatización e control programado de sistemas tecnolóxicos e robots. 15 20

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Proxectos de investigación e desenvolvemento
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA1.1 - Investigar e deseñar proxectos que mostren de forma gráfica a creación e a mellora dun produto seleccionando, referenciando e interpretando información relacionada.
CA1.2 - Participar no desenvolvemento, xestión e coordinación de proxectos de creación e mellora continua de produtos viables e socialmente responsables identificando melloras e creando prototipos mediante un proceso iterativo, con actitude crítica, creativa e emprendedora.
CA1.3 - Colaborar en tarefas tecnolóxicas escoitando o razoamento dos demais, achegando o equipo a través do rol asignado e fomentando o benestar grupal e as relacións saudables e inclusivas.
CA1.4 - Elaborar documentación técnica con precisión e rigor xerando diagramas funcionais e utilizando medios manuais e aplicacións dixitais.
CA1.5 - Comunicar de maneira eficaz e organizada as ideas e as solucións tecnolóxicas empregando o soporte, a terminoloxía e o rigor apropiados.
CA1.6 - Determinar o ciclo de vida dun produto planificando e aplicando medidas de control de calidade nas súas distintas etapas, desde o deseño á comercialización, tendo en consideración estratexias de mellora continua.
CA1.7 - Resolver tarefas propostas e funcións asignadas de maneira óptima mediante o uso e a configuración de diferentes ferramentas dixitais de maneira óptima e autónoma.
CA1.8 - Realizar a presentación de proxectos empregando ferramentas dixitais adecuadas.
Contidos
C1.1 - Estratexias de xestión e desenvolvemento de proxectos: diagramas de Gantt, metodoloxías Agile. Técnicas de investigación e ideación: Design Thinking. Técnicas de traballo en equipo.
C1.2 - Produtos: ciclo de vida. Estratexias de mellora continua. Planificación e desenvolvemento de deseño e comercialización. Loxística, transporte e distribución. Metroloxía e normalización. Control de calidade.
C1.3 - Emprendemento, resiliencia, perseveranza e creatividade para abordar problemas desde unha perspectiva interdisciplinaria.
C1.4 - Autoconfianza e iniciativa. Identificación e xestión de emocións. O erro e a reavaliación como parte do proceso de aprendizaxe.
Bloque B2. Materiais e fabricación
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA2.1 - Seleccionar os materiais, tradicionais ou de nova xeración, adecuados para a fabricación de produtos de calidade baseándose nas súas características técnicas e atendendo a criterios de sostibilidade de maneira responsable e ética.
CA2.2 - Deseñar modelos empregando as ferramentas de deseño máis axeitadas e aplicando os criterios técnicos necesarios.
CA2.3 - Fabricar modelos ou prototipos empregando as técnicas de fabricación máis adecuadas e aplicando os criterios técnicos e de sostibilidade necesarios.
Contidos
C2.1 - Materiais técnicos e novos materiais. Clasificación e criterios de sostibilidade. Selección e aplicacións características.
C2.2 - Expresión gráfica. Aplicacións CAD-CAE-CAM. Diagramas funcionais, esquemas e esbozos.
C2.3 - Técnicas de fabricación: modelaxe rápida e baixo demanda.
C2.4 - Fabricación dixital aplicada a proxectos: impresión 3D e corte.
C2.5 - Normas de seguridade e hixiene no traballo.
Bloque B3. Sistemas mecánicos
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA3.1 - Resolver problemas asociados a sistemas e instalacións mecánicas aplicando fundamentos de mecanismos transmisión e transformación de movementos, soporte e unión ao desenvolvemento de montaxes ou simulacións.
CA3.2 - Interpretar e solucionar esquemas de sistemas pneumáticos a través de montaxes e simulacións, o que comprende o funcionamento de cada un dos seus elementos e do sistema na súa totalidade.
CA3.3 - Deseñar sistemas mecánicos e/ou pneumáticos que resolvan un problema determinado e poñelo en funcionamento de forma física ou simulada.
Contidos
C3.1 - Mecanismos de transmisión e transformación de movementos. Soportes e unión de elementos mecánicos. Deseño, cálculo, montaxe e experimentación física ou simulada.
C3.2 - Sistemas pneumáticos: elementos, simboloxía e circuítos básicos. Montaxe e/ou simulación para a resolución de problemas.
C3.3 - Aplicación práctica en proxectos.
Bloque B4. Sistemas eléctricos e electrónicos
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA4.1 - Resolver problemas de circuítos eléctricos e electrónicos aplicando fundamentos de corrente continua ao desenvolvemento de montaxes ou simulacións.
CA4.2 - Resolver problemas asociados a máquinas eléctricas de corrente continua aplicando fundamentos de electricidade.
CA4.3 - Interpretar e representar circuítos eléctricos e electrónicos utilizando a simboloxía normalizada
CA4.4 - Montar e experimentar circuítos de forma física ou simulada analizando e describindo o seu funcionamento.
Contidos
C4.1 - Circuítos eléctricos de corrente continua.
C4.2 - Circuítos electrónicos básicos.
C4.3 - Interpretación e representación esquematizada de circuítos. Cálculo, montaxe e experimentación física ou simulada. Aplicación a proxectos.
C4.4 - Máquinas eléctricas de corrente continua: motores e xeradores, partes, funcionamento e conexións.
Bloque B5. Programación, automatización e control
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA5.1 - Coñecer e comprender conceptos básicos de programación textual mostrando o progreso paso a paso da execución dun programa a partir dun estado inicial e predicindo o seu estado final tras a execución.
CA5.2 - Controlar o funcionamento de sistemas tecnolóxicos e robóticos utilizando linguaxes de programación informática.
CA5.3 - Aplicar ao funcionamento de sistemas e robots as posibilidades que ofrecen a telemetría e a Internet das cousas.
CA5.4 - Automatizar, programar e avaliar movementos de robots, mediante a súa modelización, aplicando algoritmos sinxelos e o uso de ferramentas informáticas.
Contidos
C5.1 - Fundamentos da programación textual. Características, elementos e linguaxes.
C5.2 - Proceso de desenvolvemento: edición, compilación ou interpretación, execución, probas e depuración.
C5.3 - Sistemas de control: conceptos, elementos e modelización de sistemas sinxelos.
C5.4 - Automatización programada de procesos. Deseño, programación, construción e simulación e/ou montaxe.
C5.5 - Creación de programas aplicados á automatización de procesos utilizando linguaxes de programación textual. Modularización.
C5.6 - Robótica: modelización de movementos e accións mecánicas.
C5.7 - Protocolos de comunicación de redes de dispositivos.
C5.8 - Control de dispositivos mediante tecnoloxías de comunicación con e sen fíos.
C5.9 - Sistemas de supervisión ( SCADA). Telemetría e monitorización.
C5.10 - Aplicación da Internet das cousas (IoT) a proxectos e sistemas de control.
Bloque B6. Tecnoloxía sostible
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA6.1 - Avaliar os distintos sistemas de xeración de enerxía eléctrica e mercados enerxéticos estudando as súas características.
CA6.2 - Calcular as magnitudes relacionadas coa xeración de enerxía eléctrica valorando a eficiencia dos diferentes sistemas.
CA6.3 - Analizar as diferentes instalacións dunha vivenda desde o punto de vista da súa eficiencia enerxética buscando aquelas opcións máis comprometidas coa sostibilidade e fomentando un uso responsable destas.
Contidos
C6.1 - Sistemas de xeración de enerxía eléctrica e mercados enerxéticos. Cálculo de magnitudes. Consumo enerxético sostible, técnicas e criterios de aforro. Subministracións domésticas sostibles.
C6.2 - Instalacións en vivendas: eléctricas, de auga e climatización, de comunicación e domóticas desde o punto de vista da súa eficiencia enerxética e sostibilidade. Enerxías renovables aplicadas á vivenda.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Proxectos de investigación e desenvolvemento
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Investigar e deseñar proxectos que mostren de forma gráfica a creación e a mellora dun produto seleccionando, referenciando e interpretando información relacionada.
Táboa de indicadores
Investigar a creación e mellora dun produto. 15
CA1.2 Participar no desenvolvemento, xestión e coordinación de proxectos de creación e mellora continua de produtos viables e socialmente responsables identificando melloras e creando prototipos mediante un proceso iterativo, con actitude crítica, creativa e emprendedora.
Táboa de indicadores
Participar no desenvolvemento, xestión e coordinación de proxectos de creación e mellora continua de produtos viables e socialmente responsables. 10
CA1.3 Colaborar en tarefas tecnolóxicas escoitando o razoamento dos demais, achegando o equipo a través do rol asignado e fomentando o benestar grupal e as relacións saudables e inclusivas.
Táboa de indicadores
Colaborar en tarefas tecnolóxicas. 10
CA1.4 Elaborar documentación técnica con precisión e rigor xerando diagramas funcionais e utilizando medios manuais e aplicacións dixitais.
Táboa de indicadores
Elaborar documentación técnica. 15
CA1.5 Comunicar de maneira eficaz e organizada as ideas e as solucións tecnolóxicas empregando o soporte, a terminoloxía e o rigor apropiados.
Táboa de indicadores
Comunicar ideas e solucións tecnolóxicas. 15
CA1.6 Determinar o ciclo de vida dun produto planificando e aplicando medidas de control de calidade nas súas distintas etapas, desde o deseño á comercialización, tendo en consideración estratexias de mellora continua.
Táboa de indicadores
Coñecer o ciclo de vida dun produto 15
CA1.7 Resolver tarefas propostas e funcións asignadas de maneira óptima mediante o uso e a configuración de diferentes ferramentas dixitais de maneira óptima e autónoma.
Táboa de indicadores
Resolver tarefas propostas e funcións asignadas mediante o uso e a configuración de diferentes ferramentas dixitais. 10
CA1.8 Realizar a presentación de proxectos empregando ferramentas dixitais adecuadas.
Táboa de indicadores
Realizar e presentar proxectos empregando ferramentas dixitais axeitadas. 10

2 Tecnoloxía sostible. Xeración de enerxía eléctrica.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA6.1 Avaliar os distintos sistemas de xeración de enerxía eléctrica e mercados enerxéticos estudando as súas características.
Proba escrita
Coñecer os diferentes sistemas de xeración de enerxía eléctrica 35
CA6.2 Calcular as magnitudes relacionadas coa xeración de enerxía eléctrica valorando a eficiencia dos diferentes sistemas.
Proba escrita
Calcular as magnitudes relacionadas coa xeración de enerxía eléctrica 35
CA6.3 Analizar as diferentes instalacións dunha vivenda desde o punto de vista da súa eficiencia enerxética buscando aquelas opcións máis comprometidas coa sostibilidade e fomentando un uso responsable destas.
Táboa de indicadores
Analizar as diferentes instalacións dunha vivenda 30

3 Sistemas eléctricos e electrónicos
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Resolver problemas de circuítos eléctricos e electrónicos aplicando fundamentos de corrente continua ao desenvolvemento de montaxes ou simulacións.
Proba escrita
Resolver problemas de circuítos eléctricos e electrónicos 25
CA4.2 Resolver problemas asociados a máquinas eléctricas de corrente continua aplicando fundamentos de electricidade.
Proba escrita
Resolver problemas asociados a motores de corrente continua 25
CA4.3 Interpretar e representar circuítos eléctricos e electrónicos utilizando a simboloxía normalizada
Proba escrita
Interpretar e representar circuítos eléctricos e electrónicos utilizando a simboloxía normalizada 25
CA4.4 Montar e experimentar circuítos de forma física ou simulada analizando e describindo o seu funcionamento.
Táboa de indicadores
Montar e experimentar circuítos de forma física ou simulada 25

4 Sistemas pneumáticos
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.2 Interpretar e solucionar esquemas de sistemas pneumáticos a través de montaxes e simulacións, o que comprende o funcionamento de cada un dos seus elementos e do sistema na súa totalidade.
Proba escrita
Interpretar e solucionar esquemas de sistemas pneumáticos a través de montaxes e simulacións 70
CA3.3 Deseñar sistemas mecánicos e/ou pneumáticos que resolvan un problema determinado e poñelo en funcionamento de forma física ou simulada.
Táboa de indicadores
Deseñar sistemas pneumáticos que resolvan un problema determinado 30

5 Sistemas mecánicos
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Resolver problemas asociados a sistemas e instalacións mecánicas aplicando fundamentos de mecanismos transmisión e transformación de movementos, soporte e unión ao desenvolvemento de montaxes ou simulacións.
Proba escrita
Resolver problemas asociados a sistemas e instalacións mecánicas 70
CA3.3 Deseñar sistemas mecánicos e/ou pneumáticos que resolvan un problema determinado e poñelo en funcionamento de forma física ou simulada.
Táboa de indicadores
Deseñar sistemas mecánicos que resolvan un problema determinado 30

6 Materiais tecnolóxicos
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Seleccionar os materiais, tradicionais ou de nova xeración, adecuados para a fabricación de produtos de calidade baseándose nas súas características técnicas e atendendo a criterios de sostibilidade de maneira responsable e ética.
Proba escrita
Seleccionar os materiais adecuados para a fabricación de produtos 40
CA2.2 Deseñar modelos empregando as ferramentas de deseño máis axeitadas e aplicando os criterios técnicos necesarios.
Táboa de indicadores
Deseñar modelos empregando as ferramentas de deseño máis axeitadas 20
CA2.3 Fabricar modelos ou prototipos empregando as técnicas de fabricación máis adecuadas e aplicando os criterios técnicos e de sostibilidade necesarios.
Táboa de indicadores
Fabricar modelos ou prototipos empregando as técnicas de fabricación máis adecuadas 40

7 Expresión gráfica. Aplicacións CAD
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Investigar e deseñar proxectos que mostren de forma gráfica a creación e a mellora dun produto seleccionando, referenciando e interpretando información relacionada.
Táboa de indicadores
Coñece os fundamentos básicos da representación básica aplicada aos proxectos. 3
CA1.2 Participar no desenvolvemento, xestión e coordinación de proxectos de creación e mellora continua de produtos viables e socialmente responsables identificando melloras e creando prototipos mediante un proceso iterativo, con actitude crítica, creativa e emprendedora.
Táboa de indicadores
Participar no desenvolvemento de proxectos 2
CA1.3 Colaborar en tarefas tecnolóxicas escoitando o razoamento dos demais, achegando o equipo a través do rol asignado e fomentando o benestar grupal e as relacións saudables e inclusivas.
Táboa de indicadores
Colaborar en tarefas tecnolóxicas escoitando o razoamento dos demais, achegando o equipo a través do rol asignado e fomentando o benestar grupal e as relacións saudables e inclusivas. 2
CA1.4 Elaborar documentación técnica con precisión e rigor xerando diagramas funcionais e utilizando medios manuais e aplicacións dixitais.
Táboa de indicadores
Elaborar documentación técnica 15
CA1.5 Comunicar de maneira eficaz e organizada as ideas e as solucións tecnolóxicas empregando o soporte, a terminoloxía e o rigor apropiados.
Táboa de indicadores
Comunicar as ideas e as solucións tecnolóxicas 2
CA1.7 Resolver tarefas propostas e funcións asignadas de maneira óptima mediante o uso e a configuración de diferentes ferramentas dixitais de maneira óptima e autónoma.
Táboa de indicadores
Resolver tarefas propostas e funcións asignadas 2
CA1.8 Realizar a presentación de proxectos empregando ferramentas dixitais adecuadas.
Táboa de indicadores
Realizar a presentación de proxectos 10
CA2.1 Seleccionar os materiais, tradicionais ou de nova xeración, adecuados para a fabricación de produtos de calidade baseándose nas súas características técnicas e atendendo a criterios de sostibilidade de maneira responsable e ética.
Táboa de indicadores
Seleccionar os materiais adecuados para a fabricación de produtos 10
CA2.2 Deseñar modelos empregando as ferramentas de deseño máis axeitadas e aplicando os criterios técnicos necesarios.
Táboa de indicadores
Deseñar modelos empregando as ferramentas de deseño máis axeitadas 10
CA2.3 Fabricar modelos ou prototipos empregando as técnicas de fabricación máis adecuadas e aplicando os criterios técnicos e de sostibilidade necesarios.
Táboa de indicadores
Fabricar modelos ou prototipos empregando as técnicas de fabricación máis adecuadas 10
CA3.3 Deseñar sistemas mecánicos e/ou pneumáticos que resolvan un problema determinado e poñelo en funcionamento de forma física ou simulada.
Táboa de indicadores
Deseñar sistemas mecánicos e/ou pneumáticos que resolvan un problema determinado e poñelo en funcionamento 10
CA4.4 Montar e experimentar circuítos de forma física ou simulada analizando e describindo o seu funcionamento.
Táboa de indicadores
Montar e experimentar circuítos de forma física ou simulada 10
CA5.2 Controlar o funcionamento de sistemas tecnolóxicos e robóticos utilizando linguaxes de programación informática.
Táboa de indicadores
Controlar o funcionamento de sistemas tecnolóxicos e robóticos utilizando linguaxes de programación informática. 2
CA5.3 Aplicar ao funcionamento de sistemas e robots as posibilidades que ofrecen a telemetría e a Internet das cousas.
Táboa de indicadores
Aplicar Internet das cousas a sistemas sinxelos 2
CA5.4 Automatizar, programar e avaliar movementos de robots, mediante a súa modelización, aplicando algoritmos sinxelos e o uso de ferramentas informáticas.
Táboa de indicadores
Automatizar, programar e avaliar robots 10

8 Técnicas de fabricación. Fabricación dixital.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.3 Fabricar modelos ou prototipos empregando as técnicas de fabricación máis adecuadas e aplicando os criterios técnicos e de sostibilidade necesarios.
Táboa de indicadores
Fabricar modelos ou prototipos empregando as técnicas de fabricación máis adecuadas e aplicando os criterios técnicos e de sostibilidade necesarios. 75
CA3.3 Deseñar sistemas mecánicos e/ou pneumáticos que resolvan un problema determinado e poñelo en funcionamento de forma física ou simulada.
Táboa de indicadores
Deseñar sistemas mecánicos e/ou pneumáticos que resolvan un problema determinado e poñelo en funcionamento de forma física ou simulada. 15
CA5.3 Aplicar ao funcionamento de sistemas e robots as posibilidades que ofrecen a telemetría e a Internet das cousas.
Táboa de indicadores
Aplicar a telemetría e a Internet das cousas en dispositivos sinxelos 5
CA5.4 Automatizar, programar e avaliar movementos de robots, mediante a súa modelización, aplicando algoritmos sinxelos e o uso de ferramentas informáticas.
Táboa de indicadores
Automatizar, programar e avaliar movementos de robots. 5

9 Sistemas de control e robótica. Programación. Comunicación, telemetría e monitorización. IoT.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA5.1 Coñecer e comprender conceptos básicos de programación textual mostrando o progreso paso a paso da execución dun programa a partir dun estado inicial e predicindo o seu estado final tras a execución.
Táboa de indicadores
Coñecer e comprender conceptos básicos de programación textual mostrando o progreso paso a paso da execución dun programa a partir dun estado inicial 40
CA5.2 Controlar o funcionamento de sistemas tecnolóxicos e robóticos utilizando linguaxes de programación informática.
Táboa de indicadores
Controlar o funcionamento de sistemas tecnolóxicos e robóticos utilizando linguaxes de programación informática. 40
CA5.3 Aplicar ao funcionamento de sistemas e robots as posibilidades que ofrecen a telemetría e a Internet das cousas.
Táboa de indicadores
Aplicar ao funcionamento de sistemas e robots as posibilidades que ofrecen a telemetría e a Internet das cousas. 10
CA5.4 Automatizar, programar e avaliar movementos de robots, mediante a súa modelización, aplicando algoritmos sinxelos e o uso de ferramentas informáticas.
Táboa de indicadores
Automatizar, programar e avaliar movementos de robots 10

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


Para levar a cabo esta programación necesítase estar traballando continuamente nun taller con dispoñibilidade de maquinaria de fabricación (impresora 3D e cortadora láser) e material de electrónica, pneumática, mecánica e electricidade. Tamén terá que dispoñer dunha sa de ordenadores con acceso a Internet e equipados co software adecuado.

Para o estudio destas unidades didácticas, o alumnado realizará actividades e tarefas nos que aplicará os conceptos aprendidos e rematará cada avaliación coa realización dun proxecto de investigación e desenvolvemento, que dará solución a un problema concreto da vida cotiá.

Utilizaranse distintos métodos que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe e a diversidade do alumnado, que favorezan a capacidade de aprender por si mesmos e que promovan o traballo en equipo.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Aula-taller de tecnoloxía.
Ordenadores con conexión a internet. Un ordenador por alumna/o.
Software de uso xeral e de uso específico (simuladores, contornas de programación...). En todo caso e salvo que non sexa posible, utilizarase software libre.
Materiais para a fabricación, tratando de potenciar a reutilización.
Ferramentas manuais e eléctricas propias do taller de tecnoloxía.
Dispositivos de fabricación dixital: impresoras 3D e cortadora láser.
Compoñentes eléctricos e electrónicos e elementos mecánicos e estruturais.
Equipos para control e robótica: Placas controladoras, sensores, actuadores, fontes de alimentación, etc.
Dispositivos para comunicación, telemetría e IoT: placas controladoras con conexión a internet.
Materiais e recursos de creación propia e recursos educativos abertos.
Aula virtual do centro.

Os recursos teóricos serán proporcionados polo profesorado a través da aula virtual, e para a realización de prácticas e proxectos utilizarase o material dispoñible no taller de tecnoloxía.


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Realizarase unha pequena proba práctica no ordenador ao comezo do curso, para avaliar os coñecementos básicos relacionados coa materia, para ter constancia do traballo desenvolvido xa polo alumnado en cursos anteriores e para identificar as necesidades de reforzo en coñecementos e competencias non adquiridos polo momento.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 5.0 15.0 15.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 15.0 100.0
Proba escrita 0.0 70.0 75.0 70.0 70.0 40.0 0.0 0.0 0.0 39.75
Táboa de indicadores 100.0 30.0 25.0 30.0 30.0 60.0 100.0 100.0 100.0 60.25

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

A cualificación de cada unha das 3 avaliacións do curso, virá dada pola media ponderada das cualificacións das unidades didácticas desenvolvidas na avaliación. A ponderación establecerase en base aos pesos outorgados a cada unidade didáctica no apartado 3.1 desta programación.

A cualificación final da avaliación ordinaria do curso virá dada pola media ponderada das cualificacións de cada unha das 3 avaliacións do curso. A ponderación establecerase en base aos pesos outorgados a cada unidade didáctica no apartado 3.1 desta programación.

Cálculo da cualificación final da avaliación ordinaria do curso: 35% 1ªaval + 30% 2ªaval + 35% 3ªaval

Cálculo da cualificación final da avaliación extraordinaria do curso: nota obtida na proba escrita obxectiva de recuperación extraordinaria.

Farase unha proba de recuperación por avaliación para aquel alumnado teña a materia pendente. As datas serán previamente indicadas ao alumnado. En caso de que o resultado acadado na proba de recuperación sexa inferior ao obtido na avaliación correspondente, terase en conta a nota máis alta a efectos de cómputo da media final.

O alumnado que non acade unha cualificación final de 5 ou máis de 5 na avaliación ordinaria do curso, terá que realizar unha proba de recuperación extraordinaria, que en todo caso tratará sobre todas as unidades didácticas do curso.

Nas sesións de clase que teñan lugar no período comprendido entre a avaliación ordinaria e a extraordinaria, o alumnado que teña que realizar a proba extraordinaria realizará tarefas para preparar dita proba. Neste período, o alumnado que teña superada a materia na avaliación ordinaria, realizará tarefas de reforzo e ampliación.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


O alumnado que teña a materia de Tecnoloxía e Enxeñería I de 1º de bacharelato pendente de superar, ao non tela superado en anos anteriores, deberá realizar o seguinte:

- Faranse tres probas escritas parciais, unha por avaliación en datas por definir. As datas definitivas serán publicadas coa suficiente antelación. Ademais haberá unha proba final.

- Distribúese a materia do curso en tres partes, unha para cada proba parcial.

- Todas as probas serán cualificadas sobre un baremo de dez puntos.

- Para o cálculo da cualificación da materia pendente, farase a media aritmética das probas escritas parciais realizadas. O alumnado que acade unha nota igual a 5 ou superior a 5 terá a materia superada.

- No caso de que o alumno ou alumna non supere a materia deste xeito poderá realizar unha proba escrita final en data por definir. Esta proba abranguerá os contidos de toda a materia. En tal caso, darase por superada a materia nesta proba cando a cualificación sexa igual ou superior a 5.

- A recuperación será coordinada pola xefatura de departamento. O profesor/a que lle imparte clase no curso onde estea matriculado fará un seguimento do traballo do alumno/a. No caso de que non estea a cursar ningunha materia do departamento, será o xefe ou xefa de departamento quen faga o seguimento.


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


O alumnado que teña a materia de Tecnoloxía e Enxeñería I de 1º de bacharelato pendente de superar, ao non tela superado en anos anteriores, deberá realizar o seguinte:

- Faranse tres probas escritas parciais, unha por avaliación en datas por definir. As datas definitivas serán publicadas coa suficiente antelación. Ademais haberá unha proba final.

- Distribúese a materia do curso en tres partes, unha para cada proba parcial.

- Todas as probas serán cualificadas sobre un baremo de dez puntos.

- Para o cálculo da cualificación da materia pendente, farase a media aritmética das probas escritas parciais realizadas. O alumnado que acade unha nota igual a 5 ou superior a 5 terá a materia superada.

- No caso de que o alumno ou alumna non supere a materia deste xeito poderá realizar unha proba escrita final en data por definir. Esta proba abranguerá os contidos de toda a materia. En tal caso, darase por superada a materia nesta proba cando a cualificación sexa igual ou superior a 5.

- A recuperación será coordinada pola xefatura de departamento. O profesor/a que lle imparte clase no curso onde estea matriculado fará un seguimento do traballo do alumno/a. No caso de que non estea a cursar ningunha materia do departamento, será o xefe ou xefa de departamento quen faga o seguimento.


6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Entre outras, contémplanse as seguintes medidas de atención á diversidade:

- Aplicación dos protocolos educativos específicos (TEA, TDAH, etc.) ao alumnado que o requira.

- Adecuación da organización e xestión da aula ás características do alumnado

- Adaptación dos tempos, instrumentos ou procedementos de Avaliación

- Reforzo educativo e apoio con profesorado do departamento

- Programas de enriquecimento curricular (a.a.c.c.)


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
1 Comprensión de lectura
2 Expresión oral e escrita
3 Comunicación audiovisual
4 Competencia dixital
5 Emprendemento social e empresarial
6 Fomento do espírito crítico e científico
7 Educación emocional e en valores
8 Igualdade de xénero
9 Creatividade
10 Educación para a saúde
11 Formación estética
12 Sostibilidade e o consumo responsable
13 Respecto e cooperación entre iguais

Comprensión de lectura: tarefas de clase e proxectos, nas que o alumnado terá que comprender os distintos enunciados e procurar información para investigar e resolver os problemas propostos. Expresión oral e escrita: resolución das tarefas de clase e coa elaboración de documentación técnica. Farase maior fincapé no uso do vocabulario e a linguaxe técnica. Comunicación audiovisual: presentación de resultados de prácticas e proxectos mediante creacións audiovisuais. Competencia dixital: intrínseca aos contidos propios da materia. Emprendemento social e empresarial: desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos. Espírito crítico e científico: procura de información e a investigación nas tarefas e proxectos tecnolóxicos. Educación emocional e en valores: contidos sobre seguridade na rede e benestar dixital. O desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos fomentará o traballo en equipo. A igualdade de xénero no ámbito científico e tecnolóxico é unha necesidade na sociedade actual, que tratará de cubrirse mediante un axeitado reparto de roles no traballo colaborativo en grupos á hora de desenvolver proxectos. Creatividade: Desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos. Educación para a saúde: importancia do respecto polas normas de seguridade e hixiene no taller. Contidos relacionados co benestar dixital, tan importante para conservar a saúde emocional na actualidade. Formación estética: procesos de deseño e acabado nos proxectos tecnolóxicos. Educación para a sostibilidade e o consumo responsable: contidos sobre tecnoloxía sostible, respecto pola propiedade intelectual na elaboración de contidos e aplicación de criterios de sostibilidade nos proxectos tecnolóxicos, sobre todo na elección de materiais e fontes de enerxía. Respecto mutuo: contidos relacionados coa etiqueta dixital. Este respecto e a cooperación entre iguais serán fundamentais no traballo en equipo no desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Saídas didácticas relacionadas coa materia. Saídas didácticas relacionadas coa materia.

Calquera actividade complementaria proposta deberá axudar a reforzar os contidos desdenvolvidos nas distintas unidades didácticas do curso.

Asemade, cada actividade contará coa aprobación e apoio do Equipo Directivo do centro.

 

Para cada actividade complementaria indicaranse as seguintes características:

- Obxectivos

- Profesorado responsable.

- Alumnado participante.

- Datas e lugar de celebración.

- Repercusións económicas.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Realizouse unha avaliación inicial para coñecer o punto de partida do alumnado.
A selección e temporalización de contidos foi axeitada.
O ambiente da clase foi axeitado e produtivo.
Os recursos e materiais utilizados foron axeitados.
As actividades propostas foron variadas e axeitadas para favorecer o desenvolvemento dos contidos.
As medidas de atención á diversidade foron axeitadas para atender ás necesidades de todo o alumnado.
As actividades complementarias cumpliron os obxectivos cos que foron propostas.
Os criterios de avaliación e cualificación foron claros e rigorosos e permitiron un seguimento do progreso do alumnado
Facilitouse ao alumnado e as familias o coñecemento dos criterios de avaliación e calificación de cada unidade didáctica, ao comezo da mesma
Proporcionouse ao alumnado información sobre o seu progreso e cualificacións.
Proporcionáronse actividades e procedementos para que o alumnado fose recuperando as partes non superadas da materia.
Existiu coordinación entre os distintos profesores/as.

Farase un seguimento da relación de elementos de avaliación do proceso de ensino e a práctica docente que se indican.

Nas reunións de departamento, utilizaranse táboas de cotexo baseadas nos indicadores de logro para obter a información.

A retroalimentación co alumnado farase a través de cuestionarios na aula virtual docentro ou na do plan Edixgal.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


O seguimento da programación realizarase periodicamente nas distintas reunións de departamento, e a través do apartado de "Seguimento" da aplicación Proens.

Para cada UD comprobaranse as datas de inicio e final, a correspondencia entre sesións previstas e realizadas e o grado de cumprimento do programado para a unidade.

No caso de detectar problemas realizaranse as propostas de mellora e correccións necesarias.

Ao remate do curso realizarase unha avaliación da programación mediante unha táboa de cotexo, baseada nos indicadores de logro do apartado 8.1 desta programación.

Na última semana do curso realizarase entre o alumnado unha avaliación da actividade docente, baseada nos indicadores de logro do apartado 8.1 desta programación


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver