Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A materia de Tecnoloxía e Dixitalización é necesaria para valorar a achega fundamental da tecnoloxía na sociedade actual e comprender a importancia de utilizala dun xeito crítico, responsable e sostible. Nun mundo cada vez máis dixitalizado, a materia contribúe a mellorar a competencia dixital do alumnado tratando que utilice o gran potencial das ferramentas dixitais, pero sen deixar de lado a seguridade, a ética e o benestar.

 

O principal eixe do proceso de ensino e aprendizaxe será o desenvolvemento de proxectos que resolvan problemas concretos, aplicando os contidos da materia. Así mesmo incorporaranse as tecnoloxías dixitais e potenciarase o pensamento computacional, coma bases destacables neste proceso. Trátase de que o alumnado traballe coñecementos científicos e técnicos, desenvolvendo ideas e solucións cunha actitude creativa, emprendedora e de cooperación así coma crítica e comprometida coa sostibilidade.

 


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Buscar e seleccionar a información adecuada proveniente de diversas fontes, de maneira crítica e segura, aplicando procesos de investigación, métodos de análise de produtos e experimentando con ferramentas de simulación, para definir problemas tecnolóxicos e iniciar procesos de creación de solucións a partir da información obtida.
OBX2 Abordar problemas tecnolóxicos con autonomía e actitude creativa, aplicando coñecementos interdisciplinarios e traballando de forma cooperativa e colaborativa, para deseñar e planificar solucións a un problema ou necesidade de forma eficaz, innovadora e sostible.
OBX3 Aplicar de forma apropiada e segura distintas técnicas e coñecementos interdisciplinarios utilizando operadores, sistemas tecnolóxicos e ferramentas, tendo en conta a planificación e o deseño previo para construír ou fabricar solucións tecnolóxicas e sostibles que dean resposta a necesidades en diferentes contextos.
OBX4 Describir, representar e intercambiar ideas ou solucións a problemas tecnolóxicos ou dixitais, utilizando medios de representación, simboloxía e vocabulario axeitados, así como os instrumentos e os recursos dispoñibles, e valorando a utilidade das ferramentas dixitais para comunicar e difundir información e propostas.
OBX5 Desenvolver algoritmos e aplicacións informáticas en distintas contornas, aplicando os principios do pensamento computacional e incorporando as tecnoloxías emerxentes, para crear solucións a problemas concretos, automatizar procesos e aplicalos en sistemas de control ou en robótica.
OBX6 Comprender os fundamentos do funcionamento dos dispositivos e aplicacións habituais da súa contorna dixital de aprendizaxe, analizando os seus compoñentes e funcións e axustándoos ás súas necesidades para facer un uso máis eficiente e seguro destes e para detectar e resolver problemas técnicos sinxelos.
OBX7 Facer un uso responsable e ético da tecnoloxía, mostrando interese por un desenvolvemento sostible, identificando as súas repercusións e valorando a contribución das tecnoloxías emerxentes para identificar as achegas e o impacto do desenvolvemento tecnolóxico na sociedade e na contorna.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 A tecnoloxía. Introdución á tecnoloxía. 5 3
2 Deseño e fabricación. Conceptos básicos de debuxo técnico para o deseño de produtos. Uso básico de aplicacións CAD en 2D para a representación gráfica no deseño de produtos. Iniciación ao deseño 3D. Introdución á fabricación dixital. 15 15
3 Documentación de proxectos. Primeiro proxecto. Documentar e presentar os proxectos técnicos creados utilizando ferramentas dixitais. 15 12
4 Utilización das TIC no proceso tecnolóxico. Utilización de hardware e software no proceso tecnolóxico, respectando a propiedade intelectual, a etiqueta dixital. Uso da rede con seguridade para os datos, os equipos e as persoas. 7 6
5 Proxecto de estruturas. Deseño e fabricación dunha estrutura que resolva un problema proposto. 10 9
6 Máquinas e proxectos. Deseño e fabricación dun sistema mecánico que resolva un problema proposto. 18 18
7 Electricidade. Deseño e montaxe dun sistema mediante circuítos eléctricos que resolva un problema proposto. 10 12
8 Programación. Resolución de problemas mediante algoritmos. Desenvolvemento de aplicacións sinxelas para ordenador ou outros dispositivos. 10 18
9 Sistemas de control e robots. Deseño, montaxe e programación dun sistema de control ou robot sinxelos. 10 12

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. O proxecto tecnolóxico
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA1.1 - Definir problemas ou necesidades expostas, buscando e contrastando información procedente de diferentes fontes de maneira crítica e segura e avaliando a súa fiabilidade e pertinencia.
CA1.2 - Comprender e examinar obxectos tecnolóxicos sinxelos de uso habitual a través da análise de obxectos e sistemas, empregando o método científico e utilizando ferramentas de simulación na construción de coñecemento.
CA1.3 - Recoñecer a influencia da actividade tecnolóxica na sociedade e na sostibilidade ambiental identificando as súas achegas e repercusións e valorando a súa importancia para o desenvolvemento sostible.
CA1.4 - Identificar as achegas das tecnoloxías emerxentes ao benestar, á igualdade social e á diminución do impacto ambiental, facendo un uso responsable e ético destas.
Contidos
C1.1 - Estratexias, técnicas e marcos de resolución de problemas en diferentes contextos e as súas fases.
C1.2 - Estratexias de procura crítica de información durante a investigación e a definición dos problemas expostos.
C1.3 - Análise de produtos e de sistemas tecnolóxicos sinxelos para a construción de coñecemento desde distintos enfoques e ámbitos.
C1.4 - Emprendemento, resiliencia, perseveranza e creatividade para abordar problemas desde unha perspectiva interdisciplinaria.
C1.5 - Desenvolvemento tecnolóxico: creatividade, innovación, investigación, obsolescencia e impacto social e ambiental.
C1.6 - Ética e aplicacións das tecnoloxías emerxentes.
C1.7 - Tecnoloxía sostible. Valoración crítica da contribución da tecnoloxía á consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS).
Bloque B2. Deseño e fabricación
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA2.1 - Idear e deseñar solucións eficaces, innovadoras e sostibles a problemas definidos, aplicando conceptos, técnicas e procedementos interdisciplinarios, así como criterios de sostibilidade, con actitude emprendedora, perseverante e creativa.
CA2.2 - Seleccionar, planificar e organizar os materiais e as ferramentas, así como as tarefas necesarias para a construción dunha solución a un problema exposto, traballando individualmente ou en grupo de maneira cooperativa e colaborativa.
CA2.3 - Fabricar obxectos ou modelos sinxelos empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde.
CA2.4 - Deseñar e construír mediante ferramentas de fabricación dixital obxectos e modelos sinxelos, respectando as normas de seguridade e saúde.
Contidos
C2.1 - Técnicas de representación gráfica para deseño de pezas utilizadas nos proxectos. Acoutamento e escalas.
C2.2 - Aplicacións CAD en 2D para a representación de esquemas, circuítos e planos sinxelos.
C2.3 - Iniciación ao deseño 3D.
C2.4 - Uso de materiais tecnolóxicos para a fabricación de obxectos ou modelos nun proxecto tecnolóxico e o seu impacto ambiental.
C2.5 - Uso e manipulación de ferramentas básicas. Técnicas de mecanización de materiais na construción de obxectos e prototipos.
C2.6 - Respecto das normas de seguridade e hixiene.
C2.7 - Introdución á fabricación dixital. Deseño e construción de pezas sinxelas con impresión 3D e/ou corte.
Bloque B3. Elementos de máquinas, sistemas e robots
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA3.1 - Deseñar e fabricar máquinas e sistemas empregando estruturas, mecanismos e circuítos eléctricos sinxelos que cumpran unha función determinada dentro do sistema resolvendo os problemas propostos.
CA3.2 - Montar sistemas de control e/ou robots sinxelos mediante a incorporación dos elementos necesarios para a resolución dos problemas propostos.
Contidos
C3.1 - Estruturas para a construción de modelos.
C3.2 - Identificación de sistemas mecánicos básicos de transmisión e transformación do movemento: montaxes físicas e/ou uso de simuladores.
C3.3 - Electricidade básica para a montaxe de circuítos físicos ou simulados. Montaxe e/ou simulación de circuítos sinxelos con operadores eléctricos: xeradores, elementos de manobra ou control e receptores. Compoñentes básicos e simboloxía.
C3.4 - Deseño de sistemas que incorporen estruturas, mecanismos e circuítos eléctricos sinxelos para a resolución de problemas técnicos. Interpretación, deseño e aplicación en proxecto.
C3.5 - Compoñentes básicos e funcionamento dun sistema de control ou robot sinxelo: sensores, actuadores e controladores.
C3.6 - Montaxe de sistemas de control ou robots sinxelos para a resolución de problemas técnicos.
Bloque B4. Programación, control e robótica
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA4.1 - Describir, interpretar e deseñar solucións a problemas informáticos a través de algoritmos e diagramas de fluxo, aplicando os elementos e as técnicas de programación de maneira creativa.
CA4.2 - Programar aplicacións sinxelas empregando os elementos de programación de maneira apropiada e aplicando ferramentas de edición.
CA4.3 - Automatizar procesos, máquinas e obxectos sinxelos, mediante a análise e a programación de robots e sistemas de control.
Contidos
C4.1 - Algorítmica e diagramas de fluxo.
C4.2 - Aplicacións informáticas sinxelas para ordenador.
C4.3 - Sistemas de control programado: uso de simuladores e programación sinxela de dispositivos.
C4.4 - Fundamentos da robótica: control programado de robots sinxelos de maneira física ou por medio de simuladores.
C4.5 - Autoconfianza e iniciativa: o erro, a reavaliación e a depuración de erros como parte do proceso de aprendizaxe.
Bloque B5. Documentación e comunicación dixital
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA5.1 - Representar e comunicar o proceso de creación dun produto desde o seu deseño ata a súa difusión, elaborando documentación técnica e gráfica coa axuda de ferramentas dixitais, empregando os formatos e o vocabulario técnico axeitados, de maneira colaborativa, tanto presencialmente como en remoto.
CA5.2 - Facer un uso eficiente e seguro dos dispositivos dixitais de uso cotián na resolución de problemas sinxelos coñecendo os riscos e adoptando medidas de seguridade para a protección de datos e equipos.
CA5.3 - Crear contidos, elaborar materiais configurando correctamente as ferramentas dixitais habituais da contorna de aprendizaxe, axustándoas ás súas necesidades e respectando os dereitos de autor e a etiqueta dixital.
CA5.4 - Organizar a información de maneira estruturada aplicando técnicas de almacenamento seguro.
CA5.5 - Adoptar medidas preventivas para a protección dos dispositivos, dos datos e da saúde persoal, identificando problemas e riscos relacionados co uso da tecnoloxía e facendo unha análise ética e crítica.
Contidos
C5.1 - Vocabulario técnico apropiado.
C5.2 - Habilidades básicas de comunicación interpersoal. Pautas de conduta propias da contorna virtual, etiqueta dixital.
C5.3 - Ferramentas dixitais para a elaboración de documentación técnica relativa a proxectos.
C5.4 - Dispositivos dixitais. Elementos do hardware e do software. Identificación e resolución de problemas técnicos sinxelos.
C5.5 - Ferramentas e plataformas de aprendizaxe: configuración, mantemento e uso crítico.
C5.6 - Ferramentas de edición e creación de contidos: instalación, configuración e uso responsable.
C5.7 - Propiedade intelectual e etiqueta dixital.
C5.8 - Técnicas de tratamento, organización e almacenamento seguro da información. Copias de seguridade.
C5.9 - Seguridade na Rede: riscos, ameazas e ataques.
C5.10 - Medidas de protección de datos e información. Benestar dixital: prácticas seguras e riscos (ciberacoso, sextorsión, vulneración da propia imaxe e da intimidade, acceso a contidos inadecuados, adiccións...).

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 A tecnoloxía.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Comprender e examinar obxectos tecnolóxicos sinxelos de uso habitual a través da análise de obxectos e sistemas, empregando o método científico e utilizando ferramentas de simulación na construción de coñecemento.
Táboa de indicadores
Comprender obxectos tecnolóxicos sinxelos. 50
CA1.3 Recoñecer a influencia da actividade tecnolóxica na sociedade e na sostibilidade ambiental identificando as súas achegas e repercusións e valorando a súa importancia para o desenvolvemento sostible.
Proba escrita
Recoñecer a influencia da tecnoloxía na sociedade. Comprender a importancia dun desenvolvemento sostible. 45
CA1.4 Identificar as achegas das tecnoloxías emerxentes ao benestar, á igualdade social e á diminución do impacto ambiental, facendo un uso responsable e ético destas.
Táboa de indicadores
Identificar as tecnoloxías emerxentes e a súa influencia na sociedade. 5

2 Deseño e fabricación.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.4 Deseñar e construír mediante ferramentas de fabricación dixital obxectos e modelos sinxelos, respectando as normas de seguridade e saúde.
CA2.4.1. Comprender e utilizar conceptos básicos de debuxo técnico para construír mediante ferramentas de fabricación dixital obxectos e modelos sinxelos.
Proba escrita
Comprender e utilizar conceptos de debuxo técnico. 40
CA2.4.2. Deseñar e construír mediante ferramentas de fabricación dixital obxectos e modelos sinxelos, respectando as normas de seguridade e saúde.
Táboa de indicadores
Deseñar un obxecto sinxelo que se poida construír mediante ferramentas de fabricación dixital, respectando as normas de seguridade e saúde. 60

3 Documentación de proxectos. Primeiro proxecto.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.3 Fabricar obxectos ou modelos sinxelos empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde.
Táboa de indicadores
Construír un obxecto simple que se corresponda co deseñado nos documentos do seu primeiro proxecto. 50
CA5.1 Representar e comunicar o proceso de creación dun produto desde o seu deseño ata a súa difusión, elaborando documentación técnica e gráfica coa axuda de ferramentas dixitais, empregando os formatos e o vocabulario técnico axeitados, de maneira colaborativa, tanto presencialmente como en remoto.
Táboa de indicadores
Elaborar documentos técnicos con ferramentas dixitais, para representar o proceso de creación dun produto. Proporcionar formato axeitado á documentación creada. Empregar vocabulario técnico axeitado. 45
CA5.3 Crear contidos, elaborar materiais configurando correctamente as ferramentas dixitais habituais da contorna de aprendizaxe, axustándoas ás súas necesidades e respectando os dereitos de autor e a etiqueta dixital.
Táboa de indicadores
Crear contidos configurando correctamente as ferramentas dixitais utilizadas. Respectar os dereitos de autor e a etiqueta dixital. 5

4 Utilización das TIC no proceso tecnolóxico.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA5.2 Facer un uso eficiente e seguro dos dispositivos dixitais de uso cotián na resolución de problemas sinxelos coñecendo os riscos e adoptando medidas de seguridade para a protección de datos e equipos.
Táboa de indicadores
Utilizar de xeito xeito eficiente e seguro distintos dispositivos dixitais para resolver problemas. 40
CA5.4 Organizar a información de maneira estruturada aplicando técnicas de almacenamento seguro.
Táboa de indicadores
Organizar a información de maneira estruturada e segura. 20
CA5.5 Adoptar medidas preventivas para a protección dos dispositivos, dos datos e da saúde persoal, identificando problemas e riscos relacionados co uso da tecnoloxía e facendo unha análise ética e crítica.
Proba escrita
Protexer os dispositivos e datos utilizados no desenvolvemento do taballo. Evitar os riscos para a súa saúde derivados do mal uso da tecnoloxía. 40

5 Proxecto de estruturas.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Definir problemas ou necesidades expostas, buscando e contrastando información procedente de diferentes fontes de maneira crítica e segura e avaliando a súa fiabilidade e pertinencia.
Táboa de indicadores
Buscar e contrastar información que axude a resolver un problema proposto. 2
CA2.1 Idear e deseñar solucións eficaces, innovadoras e sostibles a problemas definidos, aplicando conceptos, técnicas e procedementos interdisciplinarios, así como criterios de sostibilidade, con actitude emprendedora, perseverante e creativa.
Táboa de indicadores
Idear e deseñar solucións que resolvan un problema proposto. 2
CA2.2 Seleccionar, planificar e organizar os materiais e as ferramentas, así como as tarefas necesarias para a construción dunha solución a un problema exposto, traballando individualmente ou en grupo de maneira cooperativa e colaborativa.
Táboa de indicadores
Seleccionar e organizar os materiais axeitados para construir unha solución a un problema proposto. 3
CA2.3 Fabricar obxectos ou modelos sinxelos empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde.
Táboa de indicadores
Fabricar un obxecto sinxelo empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde. 3
CA3.1 Deseñar e fabricar máquinas e sistemas empregando estruturas, mecanismos e circuítos eléctricos sinxelos que cumpran unha función determinada dentro do sistema resolvendo os problemas propostos.
CA3.1.1. Coñecer os conceptos básicos sobre estruturas, para deseñar e fabricar sistemas empregando estruturas, que cumpran unha función determinada resolvendo os problemas propostos.
Proba escrita
Coñecer os conceptos básicos sobre estruturas. 50
CA3.1.2. Deseñar e fabricar sistemas empregando estruturas, que cumpran unha función determinada resolvendo os problemas propostos.
Táboa de indicadores
Deseñar e fabricar unha estrutura que resolva un problema proposto. 40

6 Máquinas e proxectos.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Definir problemas ou necesidades expostas, buscando e contrastando información procedente de diferentes fontes de maneira crítica e segura e avaliando a súa fiabilidade e pertinencia.
Táboa de indicadores
Buscar e contrastar información que axude a resolver un problema proposto. 2
CA2.1 Idear e deseñar solucións eficaces, innovadoras e sostibles a problemas definidos, aplicando conceptos, técnicas e procedementos interdisciplinarios, así como criterios de sostibilidade, con actitude emprendedora, perseverante e creativa.
Táboa de indicadores
Idear e deseñar solucións que resolvan un problema proposto. 2
CA2.2 Seleccionar, planificar e organizar os materiais e as ferramentas, así como as tarefas necesarias para a construción dunha solución a un problema exposto, traballando individualmente ou en grupo de maneira cooperativa e colaborativa.
Táboa de indicadores
Seleccionar e organizar os materiais axeitados para construir unha solución a un problema proposto. 3
CA2.3 Fabricar obxectos ou modelos sinxelos empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde.
Táboa de indicadores
Fabricar un obxecto sinxelo empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde. 3
CA3.1 Deseñar e fabricar máquinas e sistemas empregando estruturas, mecanismos e circuítos eléctricos sinxelos que cumpran unha función determinada dentro do sistema resolvendo os problemas propostos.
CA3.1.3. Coñecer os operadores mecánicos básicos, para deseñar e fabricar máquinas e sistemas empregando mecanismos, que cumpran unha función determinada resolvendo os problemas propostos.
Proba escrita
Coñecer os conceptos básicos sobre mecanismos. 50
CA3.1.4. Deseñar e fabricar máquinas e sistemas empregando mecanismos, que cumpran unha función determinada resolvendo os problemas propostos.
Táboa de indicadores
Deseñar e fabricar un sistema empregando mecanismos que resolva un problema proposto. 40

7 Electricidade.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Definir problemas ou necesidades expostas, buscando e contrastando información procedente de diferentes fontes de maneira crítica e segura e avaliando a súa fiabilidade e pertinencia.
Táboa de indicadores
Buscar e contrastar información que axude a resolver un problema proposto. 2
CA2.1 Idear e deseñar solucións eficaces, innovadoras e sostibles a problemas definidos, aplicando conceptos, técnicas e procedementos interdisciplinarios, así como criterios de sostibilidade, con actitude emprendedora, perseverante e creativa.
Táboa de indicadores
Idear e deseñar solucións que resolvan un problema proposto. 2
CA2.2 Seleccionar, planificar e organizar os materiais e as ferramentas, así como as tarefas necesarias para a construción dunha solución a un problema exposto, traballando individualmente ou en grupo de maneira cooperativa e colaborativa.
Táboa de indicadores
Seleccionar e organizar os materiais axeitados para construir unha solución a un problema proposto. 3
CA2.3 Fabricar obxectos ou modelos sinxelos empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde.
Táboa de indicadores
Fabricar un obxecto sinxelo empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde. 3
CA3.1 Deseñar e fabricar máquinas e sistemas empregando estruturas, mecanismos e circuítos eléctricos sinxelos que cumpran unha función determinada dentro do sistema resolvendo os problemas propostos.
CA3.1.5. Coñecer os operadores eléctricos básicos, para deseñar e fabricar máquinas e sistemas empregando circuítos eléctricos, que cumpran unha función determinada resolvendo os problemas propostos.
Proba escrita
Coñecer os operadores eléctricos básicos. 50
CA3.1.6. Deseñar e fabricar máquinas e sistemas empregando circuítos eléctricos, que cumpran unha función determinada resolvendo os problemas propostos.
Táboa de indicadores
Deseñar e fabricar un sistema empregando circuítos eléctricos que resolva un problema proposto. 40

8 Programación.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Describir, interpretar e deseñar solucións a problemas informáticos a través de algoritmos e diagramas de fluxo, aplicando os elementos e as técnicas de programación de maneira creativa.
Táboa de indicadores
Interpretar algoritmos sinxelos. Dar solución a problemas sinxelos a través de algoritmos. 30
CA4.2 Programar aplicacións sinxelas empregando os elementos de programación de maneira apropiada e aplicando ferramentas de edición.
Táboa de indicadores
Programar aplicacións sinxelas. 70

9 Sistemas de control e robots.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.2 Montar sistemas de control e/ou robots sinxelos mediante a incorporación dos elementos necesarios para a resolución dos problemas propostos.
CA3.2.1. Coñecer os elementos básicos dun sistema de control ou robot, para montar sistemas de control e/ou robots sinxelos para a resolución dos problemas propostos.
Proba escrita
Coñecer os elementos básicos dun sistema de control ou robot. 20
CA3.2.2. Montar sistemas de control e/ou robots sinxelos mediante a incorporación dos elementos necesarios para a resolución dos problemas propostos.
Táboa de indicadores
Montar un sistema de control ou robot sinxelo que resolva un problema proposto. 30
CA4.3 Automatizar procesos, máquinas e obxectos sinxelos, mediante a análise e a programación de robots e sistemas de control.
Táboa de indicadores
Automatizar un proceso ou máquina sinxelos, programando un sistema de contro ou robot. 50

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


A materia debe afrontarse cunha metodoloxía eminentemente práctica e cun enfoque competencial do currículo que potencie a aprendizaxe significativa do alumnado.

O eixe vertebrador será a realización de proxectos tecnolóxicos con metodoloxías que fomenten a resolución de problemas mediante o deseño e construción de sistemas técnicos e prototipos eléctricos, mecánicos, robóticos, etc. Durante a realización dos proxectos, o alumnado terá a oportunidade de levar a cabo determinadas tarefas mentres explora, descobre, experimenta, aplica e reflexiona sobre o que fai, o que favorecerá a súa implicación no proceso de aprendizaxe e fará que este sexa máis significativo e duradeiro.

Promoverase a participación do alumnado, resaltando o traballo colectivo como forma de afrontar os desafíos e os retos tecnolóxicos que propón a nosa sociedade para reducir as fendas dixital e de xénero, prestando especial atención á desaparición de estereotipos que dificultan a adquisición de competencias en condicións de igualdade.

Utilizaranse estratexias que promovan un uso eficiente, seguro e ético de diferentes aplicacións dixitais para diversas funcións como o deseño, a simulación e a comunicación e difusión de ideas ou solucións.

Utilizaranse distintos métodos que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe e a diversidade do alumnado, que favorezan a capacidade de aprender por si mesmos e que promovan o traballo en equipo, guiando o alumnado desde proxectos sinxelos ata proxectos máis complexos que permitan o seu logro e satisfacción por parte do devandito alumnado poñendo en práctica, se fose necesario, mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten dificultades.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Aula-taller de tecnoloxía.
Ordenadores con conexión a internet. Un ordenador por alumna/o.
Software de uso xeral (sistema operativo,ofimática....) e de uso específico (editores de arquivos audiovisuais, simuladores, entornos de programación...). En todo caso e salvo que non sexa posible, utilizarase software libre.
Materiais para a fabricación, tratando de potenciar a reutilización.
Ferramentas manuais e eléctricas propias do taller de tecnoloxía.
Operadores e compoñentes eléctricos e electrónicos.
Dispositivos de fabricación dixital: impresoras 3D e cortadora láser.
Dispositivos de robótica.
Compoñentes para sistemas de control programados: sensores, actuadores, placas controladoras con conexión a internet (IOT). En todo caso e salvo que non sexa posible, utilizarase hardware libre.
Materiais e recursos de creación propia e recursos educativos abertos.
Aula virtual do centro ou do plan Edixgal.
Non se rexistrou texto

5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Nas primeiras semanas do curso, realizarase unha tarefa acerca das competencias adquiridas en primaria relacionadas coa tecnoloxía e dixitalización.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 5.0 15.0 15.0 7.0 10.0 18.0 10.0 10.0 10.0 100.0
Proba escrita 45.0 40.0 0.0 40.0 50.0 50.0 50.0 0.0 20.0 32.05
Táboa de indicadores 55.0 60.0 100.0 60.0 50.0 50.0 50.0 100.0 80.0 67.95

CONCRECIÓN DOS PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN POR UNIDADES DIDÁCTICAS

UD 1. A TECNOLOXÍA.

Procedemento de Avaliación: tarefas de clase.

Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores.

Peso no total da UD: 50%

Criterios de Avaliación Avaliados: CA1.2.

Procedemento de Avaliación: proba obxectiva escrita ou por Plataforma EDIXGAL.

Instrumento de Avaliación: proba escrita ou por Plataforma EDIXGAL.

Peso no total da UD: 45%

Criterios de Avaliación Avaliados: CA1.3.

Procedemento de Avaliación: tarefas de clase.

Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores.

Peso no total da UD: 5%

Criterios de Avaliación Avaliados: CA1.4.

 

UD 2. DESEÑO E FABRICACIÓN.

Procedemento de Avaliación: tarefas de clase.

Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores.

Peso no total da UD: 10%

Criterios de Avaliación Avaliados: CA2.4.1

Procedemento de Avaliación: proba obxectiva escrita ou por Plataforma EDIXGAL.

Instrumento de Avaliación: proba escrita ou por Plataforma EDIXGAL.

Peso no total da UD: 30%

Criterios de Avaliación Avaliados: CA2.4.1

Procedemento de Avaliación: tarefas de clase.

Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores.

Peso no total da UD: 60%

Criterios de Avaliación Avaliados: CA2.4.2.

 

UD 3. DOCUMENTACIÓN DE PROXECTOS. PRIMEIRO PROXECTO.

Procedemento de Avaliación: tarefas de clase.

Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores.

Peso no total da UD: 5%

Criterios de Avaliación Avaliados: CA5.3.

Procedemento de Avaliación: proxecto técnico.

Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores.

Peso no total da UD: 95%

Criterios de Avaliación Avaliados: CA2.3, CA5.1.

 

UD 4. UTILIZACIÓN DAS TIC NO PROCESO TECNOLÓXICO.

Procedemento de Avaliación: tarefas de clase.

Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores.

Peso no total da UD: 60%

Criterios de Avaliación Avaliados: CA5.2, CA5.4.

Procedemento de Avaliación: proba obxectiva escrita ou por Plataforma EDIXGAL.

Instrumento de Avaliación: proba escrita ou por Plataforma EDIXGAL..

Peso no total da UD: 40%

Criterios de Avaliación Avaliados: CA5.5

 

UD 5. PROXECTO ESTRUTURAS

Procedemento de Avaliación: tarefas de clase escritas.

Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores.

Peso no total da UD: 10%

Criterios de Avaliación Avaliados: CA1.1 , CA2.1, CA2.2, CA2.3.

Procedemento de Avaliación: proba obxectiva escrita ou por Plataforma EDIXGAL.

Instrumento de Avaliación: proba escrita ou por Plataforma EDIXGAL.

Peso no total da UD: 50%

Criterios de Avaliación Avaliados: CA3.1.1

Procedemento de Avaliación: proxecto técnico.

Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores.

Peso no total da UD: 40% Criterios de Avaliación Avaliados: CA3.1.2.

 

UD 6. MÁQUINAS. PROXECTOS.

Procedemento de Avaliación: tarefas de clase escritas.

Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores.

Peso no total da UD: 10% Criterios de Avaliación Avaliados: CA1.1 , CA2.1, CA2.2, CA2.3.

Procedemento de Avaliación: proba obxectiva escrita ou por Plataforma EDIXGAL.

Instrumento de Avaliación: proba escrita ou por Plataforma EDIXGAL.

Peso no total da UD: 50%

Criterios de Avaliación Avaliados: CA3.1.3.

Procedemento de Avaliación: proxecto técnico.

Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores.

Peso no total da UD: 40%

Criterios de Avaliación Avaliados: CA3.1.4.

 

UD 7. ELECTRICIDADE.

Procedemento de Avaliación: tarefas de clase escritas.

Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores.

Peso no total da UD: 10% Criterios de Avaliación Avaliados: CA1.1 , CA2.1, CA2.2, CA2.3.

Procedemento de Avaliación: proba obxectiva escrita ou por plataforma EDIXGAL.

Instrumento de Avaliación: proba escrita ou por plataforma EDIXGAL.

Peso no total da UD: 50%

Criterios de Avaliación Avaliados: CA3.1.5.

Procedemento de Avaliación: proxecto técnico.

Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores.

Peso no total da UD: 40%

Criterios de Avaliación Avaliados: CA3.1.6.

 

UD 8. PROGRAMACIÓN.

Procedemento de Avaliación: tarefas de clase.

Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores.

Peso no total da UD: 100%

Criterios de Avaliación Avaliados: CA4.1, CA4.2.

 

UD 9. SISTEMAS DE CONTROL E ROBOTS.

Procedemento de Avaliación: proba obxectiva escrita ou por plataforma EDIXGAL.

Instrumento de Avaliación: proba escrita ou por plataforma EDIXGAL.

Peso no total da UD: 20%

Criterios de Avaliación Avaliados: CA3.2.1

Procedemento de Avaliación: tarefas de clase.

Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores.

Peso no total da UD: 80%

Criterios de Avaliación Avaliados: CA3.2.2, CA4.3

 

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN.

Os traballos, tarefas ou actividades non presentados na data correspondente serán cualificados cunha nota de 0.

Os traballos, tarefas ou actividades copiados serán cualificados cunha nota de 0.

A cualificación de cada unha das 3 avaliacións do curso, virá dada pola media ponderada das cualificacións das unidades didácticas desenvolvidas na avaliación. A ponderación establecerase en base aos pesos outorgados a cada unidade didáctica no apartado 3.1 desta programación.

A cualificación final do curso virá dada pola media ponderada das cualificacións de cada unha das 3 avaliacións do curso. A ponderación establecerase en base aos pesos outorgados a cada unidade didáctica no apartado 3.1 desta programación.

Cálculo da nota final do curso:

NOTA FINAL = 35% 1ªaval + 35% 2ªaval + 30% 3ªaval

O alumnado que na nota final do curso, unha vez aplicadas as correspondentes ponderacións, teña acadado unha cualificación de 5 ou máis de 5, terá superada a materia.

Ao comezo de cada unha das avaliacións, (segunda e terceira) o profesorado concretará aqueles traballos ou tarefas que o alumnado poderá entregar de novo, dentro dun prazo establecido, para recuperalos ou subir nota. De cada proba obxectiva escrita, ou realizada na plataforma EDIXGAL, realizarase unha segunda de recuperación. A entrega de traballos ou tarefas non superados e a realización das probas de recuperación serán obrigatorias para o alumnado que non superara a avaliación anterior, o resto do alumnado poderá realizala de xeito voluntario nos termos establecidos polo profesorado. A cualificación final de cada proba corresponderá á maior das obtidas en cada unha das oportunidades.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


O alumnado que teña a materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º ESO pendente de superar, ao non tela superado en anos anteriores, deberá realizar as seguintes actividades :

- Distribuirase a materia do curso en tres partes, unha para cada avaliación, de xeito que o alumnado terá que realizar e entregar periodicamente (unha vez por avaliación), actividades relativas ás unidades didácticas do curso. Se a alumna ou alumno entrega correctamente esas actividades non terá que facer a proba parcial correspondente a esa avaliación. No caso de non entregar, ou entregar as actividades e non estar estas correctas, a alumna ou alumno terá que realizar unha proba obxectiva parcial.

- Faranse tres probas parciais (escritas ou na plataforma EDIXGAL), unha por avaliación, en datas por definir que serán publicadas coa suficiente antelación. A nota calcularase coa media aritmética das tres probas, e considérase que a materia está superada cando a alumna ou alumno obteña unha nota de 5 ou superior.

- No caso de que a alumna ou alumno non supere a materia deste xeito realizará unha proba escrita final en data por definir. Esta proba abranguerá os contidos de toda a materia. En tal caso, darase por superada a materia nesta proba cando a cualificación sexa igual ou superior a 5.

- Todas as probas serán cualificadas sobre un baremo de dez puntos.

- A recuperación será coordinada pola xefatura de departamento. O profesor/a que lle imparte clase no curso onde estea matriculado, fará un seguimento do traballo do alumno/a. No caso de que non estea a cursar ningunha materia do departamento, será o xefe ou xefa de departamento quen faga o seguimento.


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Entre outras, contémplanse as seguintes medidas de atención á diversidade:

- Aplicación dos protocolos educativos específicos (TEA, TDAH, etc.) ao alumnado que o requira.

- Adecuación da organización e xestión da aula ás características do alumnado.

- Adaptación dos tempos, instrumentos ou procedementos de Avaliación

- Desdobramento de grupos.

- Reforzo educativo e apoio con profesorado do departamento.

- Programas de enriquecemento curricular (a.a.c.c.)

- Adaptacións curriculares

No caso do alumnado que permaneza un ano máis no mesmo curso, seguiranse o establecido no plan específico personalizado elaborado polo equipo docente baixo a coordinación do profesorado titor.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
1 Comprensión lectora.
2 Expresión oral e escrita.
3 Comunicación audiovisual.
4 Competencia dixital.
5 Emprendemento social e empresarial.
6 Fomento do espírito crítico e científico.
7 Educación emocional e en valores.
8 Igualdade de xénero.
9 Creatividade.
10 Educación para a saúde.
11 Formación estética.
12 Educación para a sostibilidade e o consumo responsable. Mobilidade Escolar Sostible e Segura (MESS)
13 Respecto mutuo e cooperación entre iguais.

Comprensión lectora: tarefas de clase e proxectos, nas que o alumnado terá que comprender os distintos enunciados e procurar información para investigar e resolver os problemas propostos. Expresión oral e escrita: resolución das tarefas de clase e elaboración de documentación técnica. Farase maior fincapé no uso do vocabulario e a linguaxe técnica. Comunicación audiovisual: presentación de resultados de prácticas e proxectos mediante creacións audiovisuais. Competencia dixital: intrínseca aos contidos da materia. Emprendemento social e empresarial: desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos. Espírito crítico e científico: procura de información e a investigación nas tarefas e proxectos tecnolóxicos. Educación emocional e en valores: contidos sobre seguridade na rede e benestar dixital. O desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos fomentará o traballo en equipo. A igualdade de xénero no ámbito científico e tecnolóxico é unha necesidade na sociedade actual, tratará de cubrirse mediante un axeitado reparto de roles no traballo colaborativo en grupos á hora de desenvolver proxectos. Creatividade: No desenvolvemento de todas as tarefas e proxectos. Educación para a saúde: respecto polas normas de seguridade e hixiene no taller. Contidos relacionados co benestar dixital para conservar a saúde emocional na actualidade. Formación estética: no deseño e acabado dos proxectos tecnolóxicos. Educación para a sostibilidade e o consumo responsable: contidos sobre tecnoloxía sostible e aplicación de criterios de sostibilidade na elaboración dos proxectos tecnolóxicos, respecto pola propiedade intelectual na elaboración de contidos. MESS: formar o alumnado en todos os aspectos relacionados coa mobilidade fundamentándoa nos principios de benestar, convivencia, seguridade, eficiencia, igualdade e corresponsabilidade. Respecto mutuo: O respecto e a cooperación entre iguais serán fundamentais no traballo en equipo no desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos. Etiqueta dixital.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Saídas didácticas relacionadas coa materia. Todas actividades propostas desde o Equipo de Educación Vial do Concello de Narón.
Marcha ciclista do Concello de Narón. Saída en bicicleta polas rúas do concello, con outros centros de primaria e secundaria, contando coa colaboración do Equipo de Educación Vial do Concello de Narón.
Club de lectura de Tecnoloxía e Robótica. Participación en todas as actividades e saídas relacionadas co Club de Lectura de Tecnoloxía e Robótica da Biblioteca.
Polos Creativos e Club de Ciencia. Participación en todas as actividades e saídas relacionadas cos Polos Creativos e Club de Ciencia.

Calquera actividade complementaria proposta deberá axudar a reforzar os contidos das distintas unidades didácticas do curso.

Asemade, cada actividade contará coa aprobación e apoio do Equipo Directivo do centro.

Para cada actividade complementaria indicaranse as seguintes características:

- Obxectivos

- Profesorado responsable.

- Alumnado participante.

- Datas e lugar de celebración.

- Repercusións económicas.

Toda esta información relativa a cada unha das actividades extraescolares atopase no Plan de Actividades Complementarias e Extraescolares do Centro enviado para aprobar a Claustro e Consello Escolar.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Realizouse unha avaliación inicial para coñecer o punto de partida do alumnado.
A selección e temporalización de contidos foi axeitada.
Facilitáronse ao alumnado estratexias de aprendizaxe: lectura comprensiva, búsqueda de información crítica, redacción de documentación técnica....
O ambiente da clase foi axeitado e produtivo.
Os recursos e materiais utilizados foron axeitados.
As actividades propostas foron variadas e axeitadas para favorecer o desenvolvemento dos contidos.
As medidas de atención á diversidade foron axeitadas para atender ás necesidades de todo o alumnado.
As actividades complementarias cumpliron os obxectivos cos que foron propostas.
Os criterios de avaliación e calificación foron claros e rigurosos e permitiron un seguemento do progreso do alumnado.
Facilitouse ao alumnado e as familias o coñecemento dos criterios de avaliación e calificación de cada unidade didáctica, ao comezo da mesma.
Proporcionouse ao alumnado información sobre o seu progreso e calificacións.
Proporcionáronse actividades e procedementos para que o alumnado fose recuperando as partes non superadas da materia.
Existiu coordinación entre os distintos profesores/as.

Farase un seguimento da relación de elementos de avaliación do proceso de ensino e a práctica docente que se indican.

Nas reunións de departamento, utilizaranse táboas de cotexo baseadas nos indicadores de logro para obter a información.

A retroalimentación co alumnado farase a través de cuestionarios na aula virtual do centro ou na do plan Edixgal.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


O seguimento da programación realizarase periodicamente nas distintas reunións de departamento, e a través do apartado de "Seguimento" da aplicación Proens.

Para cada UD comprobaranse as datas de inicio e final, a correspondencia entre sesións previstas e realizadas e o grado de cumprimento do programado para a unidade.

No caso de detectar problemas realizaranse as propostas de mellora e correccións necesarias.

Ao remate do curso realizarase unha avaliación da programación mediante unha táboa de cotexo, baseada nos indicadores de logro do apartado 8.1 desta programación.

Na última semana do curso realizarase entre o alumnado unha avaliación da actividade docente, baseada nos indicadores de logro do apartado 8.1 desta programación.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver